-
Naceu na cidade de Ferrol, na provincia da Coruña, en España.
-
Rematou os seus estudos tras cursar o bacharelato.
-
Neste ano, Carvalho Calero trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Dereiti, Filosifía e letras.
-
Nestes anos de mocidade escribe as súas primeiras obras literarias: os poemarios Trinitarias (1928) e La soledad confusa, en castelán, e Vieiros (1931) e O silenzo axionllado (1934), en galego.
-
No 1931 participou na creación do Partido Galeguista,e cara ao 1936 contribuiría ao estatuto de autonomía de Galicia. Tamén colaborou con moitas das revistas literarias do momento (A nosa terra, Nós, Guión, etc.). Anos despois casaríase.
-
Rematada a carreira de Dereito, instálase en Ferrol como administrativo municipal e casa cunha compañeira de estudos, Ignacia Ramos. Pero, dando preferencia á súa auténtica vocación, decide rematar os estudos de Filosofía e Letras e unha vez acadado o título , prepara oposicións para ingresar na carreira docente.
-
Aséntase e establécese como profesor en Compostela, e retoma a súa publicación de obras poéticas, e en 1950 gaña o premio de novela galega convocado por Bibliófilos Gallegos coa obra "A xente da Barreira", primeira novela en galego publicada na posguerra. No 1954 múdase a Madrid, onde remata a súa obra de estudo de sete poetas galegos.
-
Durante estes anos, adica especial atención aos problemas da lingua e desenvolvemento da súa proposta reintegracionista.
-
Falece en Santiago de Compostela, e actualmente a súa sepultura atópase no cemiterio de Boisaca.