María victoria

María Victoria Moreno Vázquez

  • Nacemento

    Nacemento
    Naceu o 1 de maio de 1939 en Valencia de Alcántara (Cáceres).
  • Infancia

    Infancia
    A familia trasládase a Segovia, alí pasará gran parte da súa infancia.
  • Adolescencia

    Adolescencia
    Trasládase a Barcelona para cursar o Bacharelato. Comeza pois a descubrir a Literatura.
  • Mocidade

    Mocidade
    Comezou os seus estudos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e rematounos en 1963.
  • Chega a Pontevedra

    Chega a Pontevedra
    Despois de coñecer e casar con José Luís Llácer, trasladáronse a Pontevedra no ano 1963 por motivos laborais. Traballa como docente interina no Instituto Feminino de Pontevedra (actual IES Valle Inclán).
  • Lugo

    Lugo
    En 1965 aprobou as oposicións de lingua e literatura en Galicia. É destinada ao Intituto Masculino de Lugo onde comezará a súa amizade con Xesús Alonso Montero, mergullándose de cheo na lingua e literatura galega.
  • Pontevedra

    Pontevedra
    Imparte docencia no Instituto Feminino de Pontevedra (actual IES Valle Inclán) ata1986.
  • "Mar adiante"

    "Mar adiante"
    Edicións Castro publica o seu primeiro libro "Mar adiante", reeditado en 2009 por Edicións Xerais. Con esta publicación, convértese nunha das autoras pioneiras da literatura infantil galega. "Crarisa e o luceiro" -capítulo VII deste libro- gañou o segundo premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1972.
  • "O cataventos"

    "O cataventos"
    Libro de literatura infantil escrito por María Victoria Moreno e ilustrado por Carme Peris. No ano 1989 publicouno Sotelo Blanco Edicións, como parte da colección "Libros do sol e da lúa". A obra fora distinguida co primeiro premio en contos para nenos do VIII Concurso nacional de contos infantís O Facho.
  • "A festa no faiado"

    "A festa no faiado"
    Conto infantil escrito por María Victoria Moreno no que se nos conta a historia dunha boneca, Uxía, que foi abandonada no faiado.
  • "Leonardo e os fontaneiros"

    "Leonardo e os fontaneiros"
    "Leonardo e os fontaneiros" é unha novela infantil-xuvenil de María Vitoria Moreno. Logo de recibir en 1985 o 3º Premio O Barco de Vapor, en 1986 foi publicada por Editorial Galaxia e Edicións S.M. Tivo varias reedicións e foi traducida ao castelán en 1988 co título de "Leonardo y los fontaneros" na colección O Barco de Vapor de SM - traducido pola súa filla Begoña Llácer.
  • "Anagnórise"

    "Anagnórise"
    Libro recoñecido en 1990 na Lista de honra do LBBY (Consello Internacional de libros para a Mocidade).
  • "E haberá tirón de orellas?"

    "E haberá tirón de orellas?"
    A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal.
  • "Guedellas de seda e liño"

    "Guedellas de seda e liño"
    Novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada en 1999 pola Editorial Galaxia. Esta novela recibiu unha mención nos Premios da Crítica Galicia 2000 e foi recoñecida na White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Munich en 2002.
  • Feira do Libro de Pontevedra

    Feira do Libro de Pontevedra
    Foi homenaxeada no verán de 2001 por libreiros e libreiras na feira do libro de Pontevedra, recoñecendo a súa labor como escritora e defensora do idioma galego e da súa literatura.
  • Falecemento

    Falecemento
    Finou en Pontevedra o 22 de novembro de 2005.
  • "Eu conto, ti cantas..."

    "Eu conto, ti cantas..."
    Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?”
  • "Nota de aula"

    "Nota de aula"
    "Educar un neno é axudarlle a ser feliz e demostra-las potencialidades que favorecen a súa realización humana".
    Notas de María Victoria Moreno para aula
    Fonte: Arquivo da familia de María Victoria para culturagalega.org
    "María Victoria Moreno:A reivindicación da literatura infantil e xuvenil"