01

Alcaldes de Compostela SXXI

  • XOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ BUGALLO

    XOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ BUGALLO
    Xosé Antonio Sánchez Bugallo nado o 31 de xaneiro de 1954 en Teixeiro (Curtis), é un político galego.
    Concelleiro polo PSdeG-PSOE no concello de Santiago de Compostela entre 1987 e 1999. Nas eleccións do 13 de xuño de 1999 resulta elixido alcalde da cidade, froito dun pacto co BNG en substitución de Xerardo Estévez. Reelixido nas eleccións municipais de 2003 e nas de 2007.
    Trasladouse a vivir a Santiago cando tiña nove anos, está divorciado e ten unha filla.
  • GERARDO JESÚS CONDE ROA

    GERARDO JESÚS CONDE ROA
    Nado o 28 de setembro de 1959 en Padrón, é un avogado, empresario e político conservador galego do PPdeG.
  • ÁNGEL BENITO CURRÁS FERNÁNDEZ

    ÁNGEL BENITO CURRÁS FERNÁNDEZ
    Ángel Benito Currás Fernández nado en Trabada o 2 de decembro do 1954, é un profesor e político galego do PPdeG, que foi alcalde de Santiago de Compostela.
  • AGUSTÍN HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ-DE ROJAS

    AGUSTÍN HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ-DE ROJAS
    Agustín Hernández Fernández de Rojas nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.
  • MARTIÑO NORIEGA SÁNCHEZ

    MARTIÑO NORIEGA SÁNCHEZ
    Martiño Sánchez Noriega Nado na Coruña o 22 de febreiro de 1975, é un médico e político galego.