Contexto 1975- Actualidade

  • Morte de Franco

    Morte de Franco
    O falecemento do ditador Franco marcou o fin do réxime franquista.
  • Coronación Xoán Carlos I

    Coronación Xoán Carlos I
    Tras a morte do ditador, Xoán Carlos de Borbón proclámase rei de España.
  • Afundimento do Urquiola

    Afundimento do Urquiola
    Consistiu nun derrame de petróleo na costa de Galicia polo barco Urquiola, considerada unha das peores desastres ecolóxicas acontecidas en España.
  • Primero goberno despois da morte de Franco

    Primero goberno despois da morte de Franco
    Adolfo Suárez é o primeiro presidente trala morte de Franco, designado polo rei, pertence ao partido Centro Democrático e Social.
  • Constitución 1978

    Constitución 1978
    Despois da morte de Franco, configurase unha Constitución votada polos españois, que é a que perdura no día de hoxe -
  • Golpe de Estado do 23-F

    Golpe de Estado do 23-F
    O Guardia Civil Antonio Tejero dá un golpe de Estado, que segundo persoas da miña familia que o viviron chegaron a temer unha volta ao anterior réxime.
  • Mundial 1982

    Mundial 1982
    Unha España en cambio acolle o Mundial de fútbol que supón a primeira apertura do país en moitos anos. Unha das sedes era A Coruña, o que como conta meu pai supuxo unha alegría nunha cidade que tanto vive o fútbol coma esta.
  • Ingreso de España na OTAN

    Ingreso de España na OTAN
    España convertese no décimo sexto país en ser membro da OTAN
  • Entrada á CEE de España de Portugal

    Entrada á CEE de España de Portugal
    España comeza unha integración nas institucións europeas que supón unha importante chegada de fondos por parte dos membros desta comunidade que máis tarde sería a Unión Europea.
  • Folga Xeral

    Folga Xeral
    Foi unha folga xeral convocada por UGT e CCOO que paralizou o país cunha participación de entorno a oito millóns de traballadores chegando a un apagón na emisión da TVE. A folga foi incentivada polas políticas neoliberais aplicadas polo PSOE.
  • Caída do muro de Berlín

    Caída do muro de Berlín
    Tras case tres décadas nas que a cidade de Berlín estaba dividida por un muro, derríbase o muro.
  • Operación Nécora

    Operación Nécora
    Foi unha operación policial que iniciou un proceso xudicial contra o narcotráfico en Galicia. O narcotráfico levaba anos campando as súas anchas en Galicia, o que provocou a morte de moitos mozos.
  • Desintegración da Unión Soviética

    Desintegración da Unión Soviética
    Despois de case 70 anos consolidandose coma unha potencia industrial, desíntegrase a URSS o que tivo efecto noutros países de carácter socialista fora da Unión Soviética.
  • Xogos olímpicos en Barcelona

    Xogos olímpicos en Barcelona
    Os Xogos Olímpicos do '92 causaron un impacto considerable na sociedade española, nos que ademais a selección española de fútbol gaña o torneo
  • 11-S

    11-S
    Foi un dos atentados terroristas máis impactantes, cometido polo grupo terrorista islámico Al Qaeda, que consistiu nun ataque aéreo con dous avións que estrelaron contra as Torres Xemelgas causando un total de case 3000 mortos e 24 desaparecidos.
    Meu pai recorda este atentado chegando do traballo e pensando que era unha película o que estaba a ver no telediario.
  • Prestige

    Prestige
    O accidente foi posiblemente causado polo choque dun obxecto á deriva que provocou unha greta no barco, isto foi a causa da vertedura de petróleo que tinguiu as augas galegas de negro.
    Tivo unha gran contestación social con multitudinarias manifestacións incluso fóra de Galicia, ademais da solidariedade da xente que acudiu a limpar as praias entre eles algúns familiares que viviron con tristeza a situación. O barco portaba 77000 toneladas de fuel pesado fronte a Costa da Morte.
  • Atentados do 11-M

    Atentados do 11-M
    Posiblemente o atentado terrorista máis duro perpetuado en España, tivo lugar na capital, Madrid, en catro trenes da rede de Cercanías, causando 109 mortes e 2057 feridos.
    Como anécdota, un primo da miña nai residente en Madrid collera un tren na cidade, ese mesmo día antes do atentado.
  • Crise 2008

    Crise 2008
    En setembro de 2008 quebra o banco Lehman Brothers o que desencadena unha crise a nivel mundial e que provoca unha precarización do traballo e aumento de paro xunto cunha política de recortes que aínda son palpablesna actualidade.
  • Atentados de París

    Atentados de París
    Foron varios tiroteos cometidos por islamistas radicais na noite do venres 13 de novembro no suburbio de Saint- Denis, en París, foron asasinadas 130 persoas e 415 resultaron feridas.
  • Referéndum do 1-O

    Referéndum do 1-O
    Referéndum considerado ilegal polo Tribunal Constitucional sobre a Independencia de Cataluña que foi duramente reprimido polas autoridades, negándolle o sufraxio aos cataláns.
    Recordo cómo figuras importantes no mundo do fútbol posicionáronse a favor do referéndum como Gerard Piqué, ou Pep Guardiola , ademáis dalgúns clubs cataláns
  • Confinamento polo Covid-19.

    Confinamento polo Covid-19.
    Confinamento imposto polo goberno español debido á Pandemia da Covid-19 que fixo que se tivera que suspender toda a actividade prescindible. O día 13 de marzo recordo estar en clase de inglés e festexar que non iamos ter que ir ao colexio por dúas semanas, a pesares de que máis tarde prolongárase ata cae dous meses, sendo totalmente inconscientes da gravidade da situación
  • Invasión de Rusia a Ucrania

    Invasión de Rusia a Ucrania
    Tras unha guerra desde 2014 entre ámbolos países, Putín, o máximo gobernante de Rusia, decide invadir Ucrania o que terá consecuencias económicas moi duras e provocará as mortes de polo menos de momento 15000 persoas. O prezo da gasolina e da luz están cada vez a niveis máis altos .