Tren de vapor

Inventos da Revolución Industrial

  • A SPINNIG JENNY

    A SPINNIG JENNY
    A spinnig Jenny foi unha máquina fiadora, inventada en 1764 por James Hargreaves en Stanhill, preto de Blackburn en Lancashire, Inglaterra. Este dispositivo reduciu enormemente o traballo requirido para a produción de fío, dando a un só traballador a capacidade de manexar oito ou máis carretes á vez.
  • A MÁQUINA DE VAPOR

    A MÁQUINA DE VAPOR
    A máquina de vapor é un motor de combustión externa que transforma a enerxía térmica dunha cantidade de auga en enerxía mecánica. Este ciclo de traballo realízase en dúas etapas: Xérase vapor de auga polo quecemento nunha caldeira pechada hermeticamente, O vapor a presión contrólase mediante unha serie de válvulas de entrada e saída que regulan a renovación da carga; é dicir, os fluxos do vapor cara a e desde o cilindro.
  • A MULE

    A MULE
    A mula de hilar foi unha máquina utilizada para fiar algodón e outras fibras. Foron utilizadas cumpridamente desde finais do século XVIII ata principios do século XX nas fábricas de Lancashire e doutros lugares.
    As 'mulas' foron traballadas en pares por un mentor, coa axuda de dous nenos: o pequeno « piecer» e o « piecer» grande ou lateral. O carro transportaba ata 1,320 fusos e podía medir 46 m de lonxitude e avanzar e retroceder unha distancia de 1,5 m catro veces por minuto.
  • A WATER FRAME

    A WATER FRAME
    Unha WATER FRAME é un tipo de máquina hiladora impulsada por unha roda hidráulica. Desenvolvida en Gran Bretaña durante as primeiras etapas da Revolución Industrial por Richard Arkwright, consistía nun bastidor que permitía accionar simultaneamente ata 128 mecanismos de fiado, incrementando substancialmente a produción e a calidade do fío fabricado industrialmente.
  • O BARCO DE VAPOR

    O BARCO DE VAPOR
    Un barco de vapor, é un buque propulsado por máquinas de vapor, actualmente en desuso, ou por turbinas de vapor. Consta dunha caldeira de vapor, dunha turbina de vapor ou máquina de vapor e dun condensador refrixerado por auga. A transmisión conséguese cun cegoñal nas máquinas de vapor ou cunha caixa redutora no caso de usar turbinas. A súa aparición supuxo toda unha revolución na navegación marítima mundial pois non dependían tanto de ventos e correntes. Inventouno Robert Fulton.
  • O FERROCARRIL

    O FERROCARRIL
    O ferrocarril, nacido no século XVIII, é un dos grandes protagonistas da Revolución Industrial. Nos seus comezos empregábase a forza animal como medio de locomoción, os raíles eran de madeira e o seu emprego limitábase ás minas para o transporte de carbón. George Stephenson utilizou a máquina de vapor como medio de locomoción. O seu invento foi un éxito e comezou a usarse de inmediato nas minas, podendo transportar oito vagóns de 30 toneladas a unha velocidade de 7 Km/ H
  • O TELÉFONO

    O TELÉFONO
    O telettrofono ou teléfono foi inventado polo inventor italiano Alexander Graham Bell. Construíuno para conectar a súa oficina co seu dormitorio e así poder falar coa súa esposa, que estaba inmobilizada en cama por unha enfermidade. O dispositivo podía transmitir sinais acústicos a distancia por medio de sinais eléctricos. Era o precursor do teléfono actual, pero Meucci non tiña diñeiro para patentar o invento, de forma que o seu descubrimento nunca foi recoñecido.
  • A DINAMITA

    A DINAMITA
    A dinamita é un explosivo moi potente composto por nitroglicerina, unha substancia explosiva líquida a temperatura ambiente e moi inestable que ao ser absorbida nun medio sólido convértese nun explosivo máis estable.A dinamita foi inventada por Alfred Nobel O seu emprego na explotación dos campos petroleiros de Bakú fíxolle gañar unha gran fortuna ao seu creador, a cal se emprega na concesión do Premio Nobel.
  • A BOMBILLA

    A BOMBILLA
    Unha lámpada eléctrica ou lámpada é un dispositivo eléctrico que produce luz a partir de enerxía eléctrica. Esta conversión pode realizarse mediante distintos métodos como o quecemento por efecto Joule dun filamento metálico, por fluorescencia de certos metais #ante unha descarga eléctrica ou por outros sistemas. Na actualidade cóntase con tecnoloxía para producir luz con eficiencias do 10 ao 70 %. A creación da primeira lámpada eléctrica incandescente creouna Thomas A. Edison.
  • O MOTOR DIESEL

    O MOTOR DIESEL
    Máquina de combustión interna de alta compresión que funciona con aceites pesados ou con gasóleo, que transforma unha enerxía en movemento. Foi inventado en 1894 polo enxeñeiro alemán Rudolf Diesel que por aqueles anos xa estaba na produción de motores e vehículos de carga de rango pesado.
  • O AEROPLANO

    O AEROPLANO
    O manexo do aeroplano foi o obxecto da primeira patente dos irmáns Wright. O 17 de decembro daquel mesmo ano lograron a súa xesta máis coñecida, elevarse no seu primeiro aparello propulsado por hélices, o Wright Flyer I. Pero para entón, Wilbur e Orville Wright xa asinaran a súa achega esencial, aquela por a que poden considerarse os inventores lexítimos do avión: o control do movemento nos tres eixos do espazo, un concepto que continúa vixente máis dun século despois.
  • O automovil

    O automovil
    En 1908 Henry Ford puxo en práctica, mediante a cadea de montaxe, a división do traballo de Frederick W. Taylor para chegar a cotas de fabricación ata entón nunca alcanzadas.A evolución dos automóbiles desde a patente de Benz foi impresionante. Aínda que a súa función (o transporte de persoas e mercadorías) non variou, si que o fixeron os seus compoñentes e accesorios, facendo do coche un medio de transporte máis rápido e seguro.