A Revolución

  • 1500

    Capitalismo

    O capitalismo é un sistema que se basa en que os recursos productivos teñen que ser de carácter privado, é dicir, deben pertencer as personas.
  • Period: to

    Liberalismo

    O liberalismo é unha filosofía ou doutrina que impulsa as libertades civiles, así como opoñerse ao despotismo ilustrado, ao absolutismo e onde unha persoa non teña unha liberdade plena.
  • Period: to

    Industrialización

    A industrialización é un fenómeno económico baseado na producción de bens a gran escala. Ao mesmo tempo supuxo históricamente un impulso económico e social para os sectores e países que levaron a cabo este desarrollo.
  • Period: to

    Adam Smith

    Ao finalizar os seus estudos das mans dun filósofo pasou a traballar como profesor de literatura e retórica baixo protección. En 1759 publica "Teoría dos Sentimentos Morais" onde expón a natureza dos sentimentos. Para establecer a súa teoría económica inspirouse no pensamento de dous fisiócratas franceses, aínda que os seus aspectos son moi diferentes aos deles. Plantea a súa teoría en "A riqueza das nacións", é a base da economía libre do mercado moderno. 1778 é o director de aduanas.
  • Period: to

    George Washington

    Naceu nunha familia adiñeirada para a súa época, aos 14 anos quixo ser soldado pero a súa nai opúxose. Con 20 o seu irmán morreu e converteuse no cabeza de familia, logo será recoñecido como comandante da rexión. Combatiu na Guerra dos Sete anos e foi líder supremo do exército, aos 23 deixa o cargo. 1789 foi electo presidente dos Estados Unidos, neste tempo aporta as bases da Constitución. 1797 retírase a Mount Vernon para adicarse a agricultura e aos campos. Morre por un choque hipovolémico.
  • Period: to

    Maximilien Robespierre

    Tras licenciarse en dereito deuse a coñecer nos círculos ilustrados. Foi diputado dos Estados Xerais (1789), despois serviu na Asamblea Nacional Constituinte, alí destacou pola súa oratoria. Presidiu o club Xacobino e adquiriu fama como o enemigo da monarquía e defensor das reformas democráticas. 1793 ingresó no Comité de Salvación Pública e fíxose co control do Goberno. Eliminou a todos aqueles enemigos da revolución e uns soldados toman o Concello de París e o arrestan. Morre na guillotina.
  • Period: to

    Revolución Industrial

    Significou unha transformación económica, social, cultural e tecnolóxica, que supuxo a ruptura coas estructuras socioeconómicas que existian por aquel momento.
  • Period: to

    Revolución Industrial e o proceso de Industrialización II

    Empleáronse novas fontes de enerxía: o petróleo e a electricidade deixando o vapor. O ferrocarril seguiu estimulando a sideurxia, e o sector téxtil foi desbancado por outros, como a industria química ou alimentaria. Cambiou a organización do traballo derivando na producción en cadea, ademais globarizáronse as relacións económicas.
  • Period: to

    Revolución Industrial: Clases sociais, Proletariado e Burguesía

    Esta revolución foi a causante da sociedade de clases convertendo a burguesía na clase social dominante, estes eran os propietarios dos medios de produción e poseedores da riqueza. Os obreiros recibían míseros salarios e estes co tempo organizáronse en partidos e sindicatos para loitar contra os abusos dos que eran víctimas, isto denomínase proletariado que é a nova clase social que xorde nesta época. Ademais o campesiñado seguiu coas formas de vida do pasado.
  • Period: to

    Revolución Industrial e o proceso de Industrialización

    Interviñeron as transformacións agrarias (incrementaron os excedentes alimentarios e disminuiron a mortalidade), demográficas (emigración ás cidades e aumento da poboación), industriais (pasou de artesanal a producirse nas fábricas con máquinas e novas técnicas, maior a produtividade), no comercio (intercambios internacionais e desarrollouse o mercado nacional grazas aos transportes e as comunicacións). Novas técnicas a máquina de vapor, e o téxtil e siderúrxico foron os sectores pioneiros.
  • Period: to

    Napoleón Bonaparte

    Fillo de pais nobres, aos 16 anos empezou a súa carreira de militar tras graduarse un ano despois e ser teniente segundo de artillería. 1793 marcha coa súa familia debido a un conflicto. Convertido en comandante consideraríase un héroe no enfrontamento contra os realistas. Tendrá éxito en Italia sacando aos austríacos, derrotando a xerais de Austria e por ser un gran estratega.Se proclama emperador en 1804. Exiliarase en 1815. Causa da morte non é exacta para se cre que pudo ser envenenado.
  • Period: to

    Klemens Von Metternich

    Dunha familia aristocrática, escápase a Viena coa súa familia polos exércitos revolucionarios franceses. Foi delegado de Austria e embaixador de Sajonia, Prusia e París. 1809 foi ministro de exteriores e canciller. Tempo despois realizou xestións para formar unha coalición europea que derrotaría dous anos depois ao emperador francés. Creou a Confederación Xermánica presidida por Austria, e foi o político máis importante de Europa ata 1848 que quedou apartado do poder tras a revolución.
  • Independenza dos EEUU

    Independenza dos EEUU
    As trece colonias americanas estaban a favor dos cambios de goberno para mirar pola libertade dos cidadáns, isto incluía ao despotismo ilustrado. Os colonos afirman e culpan ao monarca británico pola saqueación e usurpación das súas terras. Aquí é cando os EEUU decláranse unha nación libre, incluso da lealtad Británica.
    Houbo enfrontamentos que deribaron nunha guerra entre británicos e americanos.
    O 4 de xullo de 1776, os representantes das trece colonias firman a "Declaración da Independencia".
  • Revolución Francesa

    Revolución Francesa
    Foi un movemento que sistituiu o antigo réxime. Esta revolución foi provocada polas ideas dos filósofos ilustrados. A burguesía tiña un poder económico máis grande e fundamental na economía da época. A influencia do éxito doutras revolucións. A desigualdade social, o odio do pobo contra o poder absoluto, e houbo un gran crecemento da poboación esixindo cambios profundos.
    Ademais esta revolució proporcionou códigos legais, o nacionalismo, e a ideoloxía moderna sobre civilizacións antigas.
  • Anarquismo

    Anarquismo
    É un sistema filosófico e unha teoría política que fai referencia á ausencia do goberno.
    O anarquismo propón o fin da propiedade privda e a división das clases sociais, do Estado e das institucións en xeral, supón a ausencia de autoritarismo, opresión e dominación. Ademais do pensamento de libertade.
  • Period: to

    Imperio Napoleónico

    Este Imperio aprobou unha constitución, elaborou un código civil, reformou o sistema educativo, provocou un crecemento económico e expandiuse por toda Europa. Tamén actualizou as estratexias bélicas, difundiu ideas da Revolución e incentivou as investigacións científicas.
  • Period: to

    Sindicalismo

    É un movemento que permite a representación dun conxunto de obreros, que van loitar polos seus dereitos.
  • Nacionalismo

    Nacionalismo
    O nacionalismo é unha ideolaxía que impulsa a idea de que a nación é o elemento maís importante nun Estado.
  • Congreso de Viena

    Congreso de Viena
    Aquí reúnense as potencias vencedoras tras a derrota de Napoleón, para decidir e definir o futuro dos estados europeos.
  • Period: to

    Otto Von Bismarck

    Estudou dereito e agricultura, traballou desde 1836 para o Estado. 1847 foi delegado da Dieta Prusiana e partiu hacia Berlín tras a Revolución de 1848, para pedir ao rei que acabara coa sublevación. 1851 representante da Confederación Xermánica e foi nombrado primer ministro de asuntos exteriores. 1864 apoio popular, e en 1871 conseguiu que o Imperio Alemán se uniera a Conderación do Norte. En 1890 é destituido xa que o emperador non estaba de acordo coa súa política. Morreu 8 anos despois.
  • Period: to

    Unificación Xermánica

    O territorio estaba formado por 39 estados. Como pasaba en Italia os burgueses, o pobo e os intelectuais querían a unificación. No 1834 os estados do norte conseguiron unirse quedando 32 estados independentes. Ao ano seguinte abriuse a línea de ferrocarrís e isto deixaba comunicado a gran parte do territorio. Austria sempre se opuxo a unificación e foi o maior enemigo. Prusia conseguiu a unificación, en especial o canciller Otto Von Bismarck que foi o mellor político no S.XIX en Europa.
  • Period: to

    Restauración

    Consiste no intento das monarquías europeas de volver ao Antigo Réxime, como se a revolución francesa non tivera lugar. Baseábase en resturar o Antigo Réxime, a idea de lexetimismo que afirmaba o poder divino dos reis, a solidaridade entre os estados a través dunha política común e a búsqueda dun equilibrio entre as grandes cinco potencias europeas do momento.
  • Period: to

    Socialismo

    É un sistema que se centra na defensa da propiedade colectiva xa que defende unha sociedade xusta, libre de clases sociais e quere que o reparto da riqueza sexa proporcional.
  • Revolución de 1820

    Revolución de 1820
    Esta revolución está dividida por dous causas: liberalismo,(España intentaba restablecer a constitución de 1812 e vencer o absolutismo de Fernando VII), e o nacionalismo (independeza de Grecia, xa que o pobo estaba descontento por motivos relixiosos e económicos, ademais de que estaban baixo o mando do Imperio Turco).
  • Period: to

    Victor Manuel II

    Desarrollou un goberno parlamentario, axudou ao comercio a industria e regulou as finanzas. Apoiou a unificación de Italia e foi aceptado como rei en 1861 sendo o dono da península, e no 1866 conseguiu Venecia tras combatir con Prusia na Guerra Austro-prusiana. Roma no 1870 converteuse na capital.
  • Revolución de 1830

    Revolución de 1830
    Esta revolución levouse a cabo en Francia, Bélxica, Polonia, Alemania e Italia. Ademais nesta época uns dos desencadenantes foron as malas cosechas e a fame entre a xente máis pobre.
    O pobo foi quen loitou violentamente nas rúas contra o Antigo Réxime. Cando a burguesía gañou fixo reformas que só lles beneficiaban a eles, e o pobo quedou sen dereitos e desprotexido.
  • Revolución de 1848

    Revolución de 1848
    En prácticamente toda Europa prodúxose un xiro conservador e nesta revolución foron partícipes Francia, Austria, Alemania e Italia. A diferenza da revolución de 1830 é que esta é moito máis radical, o pobo dase conta de que o enemigo máis perxudicial é a burguesía e non o Antigo Réxime. Ademais os obreros empezaron a organizarse por sindicatos e facendo folgas e manifestacións. Tamén hai malas colleitas, fame e crisis.
  • Period: to

    Unificación Italiana

    O país estaba dividido en varios estados independentes. Os burgueses, o pobo e os intelectuais querían a unificación do país, pero o problema era quen iba a unificar Italia. Os austriacos non iban a abandonar o norte, nin o papa iba ceder Roma, e os Brobóns non se opoñían pero querían seguir conservando o Absolutismo e o Antigo Réxime. Ao final apoiaron aos reis do Piamonte que eran parlamentarios máis modernos, e foron ao final os autores da unificación do territorio.