Eixe Cronolóxico, Lucía Xiao 4ºESO A

  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    Motor de combustión externa que transforma a enerxía térmica dunha cantidade de auga en enerxía mecánica.
  • Edison inventa a lámpada eléctrica

    Edison inventa a lámpada eléctrica
    Thomas Alva Edison patentou a lámpada incandescente (similar á bombilla eléctrica que usamos hoxe en día), no ano 1808.
    A lámpada incandescente é un dispositivo que produce luz ao calentar un filamento metálico mediante o paso da corrente eléctrica, ata poñelo en vermello blanco.
  • Inicio do movemento ludista

    Inicio do movemento ludista
    O movemento ludista foi encabezado por artesáns ingleses no século XIX. Estos protestaron entre 1811 e 1816, contra as novas máquinas que destruian o empleo.
  • 1ª liña de ferrocarril

    1ª liña de ferrocarril
    O 27 de septembro de 1825 inaugurouse a liña Stockton-Darlington, en Inglaterra. Foi o primeiro momento no que o ferro se presentou nas traviesas do recorrido, e no que comenzaron a utilizarse as locomociones a vapor, por "Locomotion" de Stephenson.
  • Reinado de Isabel II

    Reinado de Isabel II
    Período da historia contemporánea de España comprendido entre a morte de Fernando VII (1833) e o triunfo da Revolución (1868), que obligou á reina a marchar ao exilio.
    Está dividido en dúas grandes etapas: a minoría de idade, durante a cal rexiron, primeiro, a súa nai María Cristina e, despois, o xeneral Espartero; e o reinado efectivo, que comeza coa declaración da súa maioría de idade adiantada aos trece anos.
    Prodúxose neste período a configuración do Estado Liberal en España.
  • Guerras do Opio

    Guerras do Opio
    Dous conflitos bélicos (1839-1842 e 1856-1860) entre o Imperio Chino e o Imperio Británico, provocados polo comercio contrabandista británico do opio e os esforzos do goberno chino por impoñer intereses na explotación das súas riquezas.
  • 1ª liña de ferrocarril en España

    1ª liña de ferrocarril en España
    O 28 de outubro de 1848, inagúrase a primeira liña de ferrocarril de España, con 28 km de recorrido de Barcelona a Mataró.

    Abriuse ao público o 1 de novembro de 1848.
  • I AIT

    I AIT
    A Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional dos traballadores, organización que agrupou inicialmente aos sindicalistas ingleses, anarquistas e socialistas franceses e italianos republicanos, foi fundada en Londres de 1864. Os seus obxectivos eran a organización política do proletariado en Europa e no resto do mundo, como tamén un foro para discutir problemas e propor liñas de acción.
  • Nobel descubre a dinamita

    Nobel descubre a dinamita
    Nobel conseguiu fabricar a dinamita, mezclando nitroglicerina cun material absorbente (a tierra de diatomeas), obtendo un polvo que se podía percutir e queimar ao aire libre sen que explotara, exceptuando o momento no que se utilizaban detonadores eléctricos ou químicos, en 1867.
  • Sexenio Democrático

    Sexenio Democrático
    Período da historia contemporánea de España transcurrido dende o triunfo da Revolución de 1868 ata o pronunciamento de decembro de 1874, que supuxo a Restauración borbónica.
    Está dividido en tres etapas: o Goberno provisional español (1868-1869); o Reinado de Amadeo I (1870-1873); e a Primeira República Española (1873-1874), proclamada tras a renuncia ao trono do rei, e dividida entre o período da República Federal e a República Unitaria.
  • Manifesto Comunista

    Manifesto Comunista
    Documento base do pensamento comunista, conformado polos pensamentos de Marx e Engels políticos, económicos e sociolóxicos. Presenta os pilares do socialismo orixinario e do marxismo.
  • I República española

    I República española
    Réxime político vixente en España dende a súa proclamación polas Cortes (1873) ata o pronunciamento do xeneral Martínez Campos (decembro de 1874) que deu lugar á Restauración borbónica.
    Está caracterizado pola súa brevidade e inestabilidade política. Nos seus primeiros once meses, sucedéronse catro presidentes do Poder Executivo, todos do Partido Republicano Federal, ata o golpe de Estado do xeneral Pavía en xaneiro de 1874, que deu paso á República Unitaria baixo a dictadura do xeneral Serrano.
  • Restauración Borbónica

    Restauración Borbónica
    Etapa política da historia de España, desenvolta baixo o sistema monárquico, entre o pronunciamento (decembro de 1874) e a Segunda República (14 de abril de 1931).
    O sistema da Restauración borbónica caracterizouse pola súa estabilidade institucional e construción dun modelo liberal do Estado e baseouse nos catro piares ideados polo político liberal conservador Cánovas: Rei, Cortes, Constitución e «turno», que facilitou o bipartidismo entre o Partido Conservador e o Partido Liberal.
  • Bell inventa o teléfono

    Bell inventa o teléfono
    Alexander Graham Bell inventa o teléfono e o patenta o 14 de xaneiro de 1876, en Nova York (Estados Unidos de América).
  • Conflito Anglo-Böer

    Conflito Anglo-Böer
    Tamén coñecido como as "Guerras dos bóeres", que duraron un total de 3 anos (1880-1881 e 1899-1902), foi un enfrontamento armado dos británicos cos colonos holandeses (bóeres) instalados na zona sudafricana, para o apropiamento dos seus territorios, que remataron anexionados ao Imperio Británico.
  • Conferencia de Berlín

    Conferencia de Berlín
    Conferencia convocada por Francia e Alemaña e organizada polo Canciller de Alemania (Otto von Bismarck) na que se decidiron as normas de repartición do territorio africano e as zonas que ocuparía cada unha das potencias europeas.
  • Daimler inventa o motor de explosión

    Daimler inventa o motor de explosión
    Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach desarrollaron o primeiro motor de explosión bicilíndrico cun motor en "v", en 1889.
  • Revolta Bóxer

    Revolta Bóxer
    Movemento iniciado polos Milicia Unida en Xustiza (Yìhéquán), coñecido en inglés como os "bóxers" porque moitos dos seus membros practicaban artes marciais chinas ou «boxeo chino», contra a influencia foránea no seu comercio, política, relixión e tecnoloxía.
    Remata o 7 de setembro de 1901
  • Conflito de Fachoda

    Conflito de Fachoda
    Choque entre Francia e Gran Bretaña, que case remata en guerra, pola construcción de liñas de comunicación destinadas a conectar as súas respectivas colonias africanas de manera ininterrumpida.
  • Wright inventa o avión

    Wright inventa o avión
    Atribúlleselle aos hermanos Wright o primeiro voo a motor, prolongado e verificado, realizado o 17 de decembro de 1903. Sin embargo, de aí en adiante, a evolución das aeronaves foi extremadamente lenta.
  • Revolución de 1905

    Revolución de 1905
    Revolta que esixía a fin da autocracia en Rusia. Levouse acabo en 1905, onde tivo lugar unha manifestación pacífica e o tsar respondeu cunha contundente represión. Mais as manifestacións e folgas continuaron, organizadas polos soviets (consello de obreiros, campesiños e soldados creado polos traballadores). Isto causou que o tsar se comprometera a convocar eleccións por sufraxio universal ao Parlamento, que foi clausurada anos despois cando o tsar gobernou de novo autocraticamente.
  • Guerras dos Balcáns

    Guerras dos Balcáns
    Dúas guerras (1912 e 1913) situadas nos Balcáns, orixinadas polas tensións entre os países que querían conquistar a zona (Austria-Hungría anexionada con Bosnia-Hercegovina, Serbia e Rusia) e o Imperio Turco, potencia que tiña o poder de dito territorio.
  • I Guerra Mundial

    I Guerra Mundial
    Tamén coñecida como a Gran Guerra, foi o novo tipo de conflito que implicou ás grandes potencias de Europa e Estados Unidos, mobilizou non só exércitos senón tamén a poboación civil, e deixou un terrible saldo de mortos e destrución.
    Deu o seu comezo o 28 de xullo de 1914 e rematou o 11 de novembro de 1918.
  • Revolución Rusa (febreiro)

    Revolución Rusa (febreiro)
    Revolución no Imperio Ruso en 1917 que causou a abdicación do tsar e a proclamación dunha república dirixida por un goberno provisional que tiña como fin converter a Rusia nunha democracia parlametaria, debido á gran manifestación en Petrogrado que foi seguida dunha folga xeral e de motíns nos cuarteis.
  • Revolución Rusa (outubro)

    Revolución Rusa (outubro)
    Segunda fase da Revolución rusa de 1917. Levouse a cabo en outubro de 1917 e nela os bolxeviques obtiveron o poder do goberno, tras varias insurreccións ao goberno provisional, proclamando así a ditadura do proletariado.
  • 14 Puntos Wilson

    14 Puntos Wilson
    Serie de propostas realizadas o 8 de xaneiro de 1918 polo presidente estadounidense Woodrow Wilson nas que achegaba a súa visión dunha paz fundada na concordia e na ausencia de desquite.
  • Tratado de Versalles

    Tratado de Versalles
    Tratado de paz firmado en Versalles (Francia) o 28 de xuño de 1919. Foi o máis importante entre todos os asinados e o que lle impuxo as condicións de paz a Alemaña, quen cargou con todas as reponsabilidades, tanto materiales como morales, da guerra.
  • Creación da URSS

    Creación da URSS
    O 30 de decembro de 1922, naceu a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, ou Unión Soviética, tras a Revolución de Outubro de 1917. Estaba conformada por catro repúblicas socialistas: Rusia, Transcaucasia, Ucrania e Bielorrusia. A súa creación provocou unha época de prosperidade económica xunto cun novo modelo social.
  • Anchluss

    Anchluss
    Fusión de Austria e Alemaña nazi nunha única nación. Austria (Österreich) pasou a ser Ostmark, provincia do imperio III Reich.
  • II Guerra Mundial

    II Guerra Mundial
    A Segunda Guerra Mundial foi o maior conflito bélico da Historia. Esta guerra total deu comezo o 1 de setembro de 1939 e rematou o 2 de setembro de 1945. Nela estiveron implicadas a maioría das nacións do mundo, levando o conflito militar a niveis globais, que se agrupaban en dúas alianzas enfrontadas: os Aliados e as potencias do Eixe.
    Morreron máis de cincuenta millóns de persoas, entre as cales trinta e cinco millóns eran civís, víctimas dos bombardeos ou do Holocausto.
  • Exterminios en Auschwitz

    Exterminios en Auschwitz
    Auschwitz​ foi o maior complexo de campos de concentración e exterminio do Holocausto da Alemaña nazi, situado no sur de Polonia. Os seus campos estiveron abertos entre 1940 e 1942, levándose a vida de máis de 1,1 millóns de persoas, das cales case un millón eran xudías.
  • Operación Barbavermella

    Operación Barbavermella
    A Operación Barbavermella foi o plan de invasión fracasado á URSS por parte das Forzas do Eixe, erixido por Hitler.
  • Ataque a Pearl Harbour

    Ataque a Pearl Harbour
    Ofensiva militar sorpresiva pola Armada Imperial Xaponesa contra a frota estadounidense en Pearl Harbor
  • Desembarco de Normandía

    Desembarco de Normandía
    O 6 de xuño de 1944, os Aliados iniciaron o desembarco dun exército de máis de 150.000 soldados sobre as praias de Normandía para levar a cabo a Operación Overlord, por parte dos Aliados, que culminou coa liberación dos territorios de Europa occidental ocupados pola Alemaña nazi.
  • Guerra de Vietnam

    Guerra de Vietnam
    A Guerra de Vietnam foi un conflicto bélico que tivo lugar entre 1945​ e 1975 para impedir a unificación de Vietnam como goberno comunista. As forzas comunistas do Vietminh loitaron contra Francia na coñecida Guerra de guerrillas, e contra Estados Unidos, trala derrota por parte dos franceses en 1954.
    Morreron entre 4 e 6 millóns de persoas, 50.000 delas estadounidenses.
  • Conferencia de Potsdam

    Conferencia de Potsdam
    Conferencia de paz celebrada en Potsdam, Alemaña, pola URSS, Reino Unido e EEUU. Nela, os xefes de goberno de cada unha das potencias involucradas decidiron a repartición de Alemaña, o desmantelamento da industria militar e o castigo dos líderes nazis.
  • Creación da ONU

    Creación da ONU
    A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo internacional creado polos Aliados como substituínte do fracaso da Sociedade de Nacións ao remate da II Guerra Mundial.
    Actualmente conta con 193 Estados Membros e realiza tarefas humanitarias e de mediación nos conflitos bélicos.
  • Bombardeos atómicos

    Bombardeos atómicos
    Foron dous ataques nucleares, un en Hiroshima e outro en Nagasaki, ordenados por Harry S. Truman, presidente dos Estados Unidos, contra o Imperio Xaponés.
  • Independencia da India

    Independencia da India
    O Raj Británico obtén a súa independencia o 8 de agosto de 1947 tras un largo proceso de resistencia pacífica e de non colaboración coas autoridades coloniales británicas e é dividido en India e Paquistán.
  • OTAN

     OTAN
    A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), tambén denominada Alianza Atlántica, é una alianza militar intergubernamental entre Estados Unidos, Canadá e diversos países de Europa, que se rixe polo Tratado do Atlántico Norte, ou Tratado de Washington.
  • Guerra de Corea

    Guerra de Corea
    Conflicto bélico que tivo lugar na Península de Corea entre 1950 e 1953. Enfrentáronse a República de Corea (Corea do Sur), co apoio militar de Estados Unidos, e a República Popular Democrática de Corea (Corea do Norte), co apoio da República Popular China e a URSS, que quería invadir a República de Corea.
  • Conferencia de Bandung

    Conferencia de Bandung
    Reunión dos grandes líderes independentistas e Estados recentemente independizados en Bandung no ano 1955. Nela, reafirmouse o poder dos países independentes sobre os dereitos e política do seus propios gobernos. Tamén reafirmouse a igualdade entre todas as nacións e "razas".
  • Pacto de Varsovia

    Pacto de Varsovia
    O Tratado de Amizade, Colaboración e Asistencia Mutua, máis coñecido como Pacto de Varsovia, foi unha alianza militar que unía aos países do Bloque do Leste e á URSS para garantir militarmente a seguridade e integridade do territorio comunista.
  • Canal de Suez

    Canal de Suez
    Guerra que opuxo a Exipto contra unha alianza formada por Gran Bretaña, Francia e Israel, que firmou un acordo secreto que selou a súa cooperación militar contra o primeiro país citado, producida a consecuencia da nacionalización do Canal de Suez, .
  • O Muro de Berlín

    O Muro de Berlín
    O Muro de Berlín foi un muro de seguridade que dividiu Berlín en dúas, dende o 13 de agosto de 1961 ata o 9 de novembro de 1989. A cidade quedou dividida en Berlín do Leste, gobernado polo(s) estado(s) comunista(s), e Berlín do Oeste, gobernado polos estados capitalistas.
  • Crise dos mísiles en Cuba

    Crise dos mísiles en Cuba
    Conflicto entre os Estados Unidos, a Unión Soviética e Cuba en octubre de 1962, xerado a raíz do descubrimiento por parte de Estados Unidos de bases de mísiles nucleares de alcance medio de orixe soviéticos no territorio cubano. Esta crise casi leva ao estalido dunha guerra nuclear, mais ao final, ambas potencias chegaron a un acordo onde ambas saíron beneficiadas.
  • Independencia de Alxeria

    Independencia de Alxeria
    Tras 8 anos de agresións francesas e resistencia por parte do pobo alxerino, Alxeria consigue a independencia o 3 de xullo de 1962.