Historia da química

Timeline created by Uxiaaaaaaaaaaaaaa
  • -500 BCE

    Descubrimento dos átomos

    Descubrimento dos átomos
    Leucipo pensaba que só había un tipo de materia. Sostiña que se dividíamos a materia en partes cada vez máis pequenas, acabariamos atopando unha porción que non se podería seguir dividindo. Un discípulo seu, Demócrito, bautizou a estas partes indivisibles de materia co nome de átomos, término que en grego significa “que non se pode dividir”. Mais tarde proporían unha teoría.
  • -450 BCE

    Teoría dos 4 elementos por Empédocles

    Teoría dos 4 elementos por Empédocles
    Segundo el, todo o que existe no Universo sería composto por catro elementos principais: terra, lume, aire e auga. Surxía entón a teoría dos catro elementos.
  • -440 BCE

    Teoría atómica da discontinuidade da materia

    Teoría atómica da discontinuidade da materia
    Leucipo e Demócrito propuxeron a primeira teoría atómica a partires do seu descubrimento no 500 a.C.
    Os átomos non se distinguen entre si máis que pola forma e a dimensión, e polas súas diversas combinacións no vacío constitúen os diferentes corpos. Pero o seu concepto é rexeitado polos filósofos da natureza a favor da percepción aristotélica.
  • -440 BCE

    Modelo de materia continua

    Filósofos defenderon un modelo de materia continua, a que consideraron infinitamente divisible.
  • -360 BCE

    Platón idea o término "elementos"

    Platón idea o término "elementos"
    Platón idea o término "elementos" e no seu diálogo Timeo, asume que a partícula minúscula de cada elemento ten unha forma xeométrica especial: lume=tetraedro, aire=octaedro, auga=icosaedro, terra=cubo.
  • -350 BCE

    Teoría dos 5 elementos por Aristóteles

    Teoría dos 5 elementos por Aristóteles
    Aristóteles expande a teoría de Empédocles e propón a idea dunha substancia como unha combinación de "materia" e "forma". Publica así a "Teoría dos 5 elementos", lume, auga, terra, aire e éter.
  • -350 BCE

    Teoría dos movementos

    Teoría dos movementos
    Aristóteles tamén se baseou na teoria de Empédocles para realizar esta hipótese.
  • -330 BCE

    Oposición á existencia dos átomos

    Aristóteles opúxose á existencia dos átomos, e a súa autoridade no pensamento occidental fixo que as ideas atomistas quedaran postergadas durante séculos.
  • -50 BCE

    Publicación de Lucrecio

    Publicación de Lucrecio
    Lucrecio publica "Sobre a natureza", unha descrición poética que retoma as ideas do atomismo.
  • Lei de conservación da masa

    Lei de conservación da masa
    Foi elaborada independientemente por Mijaíl Lomonósov e descuberta uns anos despois por Antoine Lavoisier.
    Esta lei afirma ao efectuarse unha reacción química a masa non se crea nin se destrúe, só se transforma, é dicir, as substancias reaccionantes ao interactuar entre si forman novos produtos con propiedades físicas e químicas distintas ás dos reactivos, isto debido a que os átomos das substancias se ordean de forma distinta.
  • Lavoisier descubre a lei de conservación da masa

    Lavoisier descubre a lei de conservación da masa
  • Clasificación en 4 familias dos elementos

    Clasificación en 4 familias dos elementos
    O químico francés Lavoisier clasificou en 4 familias os poucos elementos coñecidos entón, unha das cales correspondía aos elementos metálicos.
    A clasificación de Lavoisier resultou moi errónea, pero os elementos metálicos estaban ben clasificados, porque as súas propiedades físicas e químicas son tan características que é fácil distinguilos dos demais.
  • Avances químicos

    Avances químicos
    A química avanza na identificación e clasificación dos distintos tipos de átomos.
  • Lei de Avogadro

    Lei de Avogadro
    Toma o nome de Amedeo Avogadro, quen afirmou que:
    En iguais condicións de presión e temperatura as densidades relativas dos corpos gasosos son proporcionais aos seus pesos atómicos.
    Baseouse nos traballos previos de Gay-Lussac e Dalton.
  • Primeiro descubrimento dos isómeros

    Primeiro descubrimento dos isómeros
    Friedrich Wöhler e Justus von Liebig levan a cabo o primeiro descubrimento oficial dos isómeros, chamados así previamente por Berzelius. Ao traballar con ácido cianhídrico e ácido fulmínico, ambos deducen correctamente que a isomería é causada por diferentes arreglos de átomos dentro dunha estrutura molecular.
  • Teoría da valencia química

    Teoría da valencia química
    O químico Frankland comezou as súas investigacións sobre o enlace químico, e chegou á conclusión de que un átomo dun elemento químico unicamente se podía combinar cun número determinado de átomos de outros elementos. En base a estas observacións anuncia a teoría da valencia química.
  • Creación da tabla periódica por Mendeléyev

    Creación da tabla periódica por Mendeléyev
    Mendeléyev publicou unha táboa dos elementos onde dispuxo ordeados en filas e columnas os 63 elementos coñecidos ata entón. Ademais, con gran intuición, reservou espazos baleiros para elementos que, segundo o predixo, aínda non se aillaran.
    Co tempo, eses elementos foron descubertos e, ademais, comprobouse que tiñan as propiedades anticipadas por Mendeléyev.
  • Teoría de Arrhenius

    Teoría de Arrhenius
    O químico sueco S.Arrhenius propuxo un modelo dos ácidos e as bases que explicaba porqué cando reaccionan nas chamadas reaccións de neutralización, as súas características se contrarrestaban.
    -Un ácido é unha substancia que ao disolverse na auga produce ións H+.
    -Unha base é unha substancia que ao disolverse na aiga produce ións OH-.
    Segundo este modelo, a reacción de neutralización entre un ácido e unhas base produce unha sal e auga, formada pola unión dos ións do átomo cos da base.
  • Modelo atómico por Thomson

    Modelo atómico por Thomson
    O físico inglés Thomson propuxo un modelo atómico no que incluía os electróns. Segundo este modelo, un átomo estaría constituído por unha esfera de materia con carga positiva, en cuxo interior estarían distribuídos os electróns.
  • Thomson descubre o electrón

    Thomson descubre o electrón
    Certos experimentos evidenciaron a existencia de partículas de masa menor que a dos átomos e con carga eléctrica negativa, os electróns.
  • Número de Avogadro

    Número de Avogadro
    En honra ao seu descubrimento previo, Jean Perrin denominou ao número de partículas (átomos ou moléculas) contidos nun mol como Número de Avogadro.
  • Modelo atómico nuclear

    Modelo atómico nuclear
    Rutherford observou que a carga positiva atopábase acumulada nun pequeno volume do interior do átomo, separada polos electróns. Segundo o modelo proposto, o átomo está constituído por un núcleo central e a corteza electrónica, onde están os electróns que xiran arredor. Para xustificar a neutralidade eléctrica do átomo, o número de protóns debía ser idéntico ao de electróns.
    Para explicar a existencia de átomos dun mesmo elemento con masas distintas, supúxose que existían os neutróns.
  • Thomson descubre os isótopos

    Thomson descubre os isótopos
    Thomson demostrou en 1912 a existencia de isótopos estables pasando neón a través dun tubo luminoso e desviando os ións de neón por medio de campos eléctricos e magnéticos; esto demostrou que o elemento estable neón existe en máis dunha forma. Thomson encontrou dous isótopos do neón de números másicos 20 e 22.
  • Modelo atómico de Bohr

    Modelo atómico de Bohr
    O físico danés Niels Bohr chegou á conclusión de que os electróns só poden atoparse nuns niveles ou capas de enerxía exactamente definidos.
  • Estructura de Lewis

  • Teoría do enlace químico

    Teoría do enlace químico
    As bases desta teoría foron establecidas de forma independente e complementaria por W.Kossel e G.Lewis. O punto de partida foi o distinto comportamento dos gases nobles respecto aos demais elementos.
    Todos os elementos forman compostos con bastante facilidade, excepto os gases nobles, que só os forman en condicións moi extremas. Esta falta de tendencia a enlazarse dos gases nobles foi atribuida á súa particular configuración electrónica.
  • Teoría de colisións

    Teoría de colisións
    Está fundamentada nas teorías atómico-molecular e cinético-molecular da materia. Foi proposta case simultanamente por dous químicos, o alemán M.Trautz e o británico W.Lewis.
    Segundo a teoría de colisións, as partículas dos reactivos chocan a miúdo con elas e, como consecuencia do impacto, algúns enlaces poden chegar a romperse. Os átomos quedan momentaneamente desligados e tenden a enlazarse de novo, pero se o fan en disposición distinta á orixinal terá lugar unha reacción química.
  • Modelo atómico de Sommerfeld

    s un modelo atómico hecho por el físico alemán Arnold Sommerfeld2​ (1868-1951) que básicamente es una generalización relativista del modelo atómico de Bohr (1913).
  • Modelo atómico de Schrödinger

  • Teoría de Heitler-London

    Teoría de Heitler-London
    G.Lewis considerou que os enlaces fórmanse da superposición de dous orbitais atómicos de diferentes átomos, cun átomo en cada orbital.
  • Period:
    -300 BCE
    to
    1500

    Alquimia

    A química estaba dominada pola alquimia durante estes séculos.
    O obxectivo de investigación máis coñecido da alquimia era a búsqueda da pedra filosofal, un método hipotético capaz de transformar os metais en ouro. Na investigación alquímica desenrolóranse novos produtos químicos e métodos para a separación de elementos químicos. Deste modo fóronse asentando os pilares básicos para o desenrolo dunha futura química experimental.
  • Period: to

    Comeza a desenrolarse a química como tal.

  • Period: to

    Modelo atómico de Dalton

    O modelo atómico de Dalton foi o primeiro modelo atómico con bases científicas. O autor denominouno "teoría atómica" ou "postulados atómicos".