-
Primeira gran Conferencia das Nacións Unidas na que se trataron temas ambientais de carácter internacional, realizando unha fonda reflexión sobre os problemas ambientais da época, as causas e a necesidade de solucións.
No ámbito da Educación, ínstase ao desenvolvemento da EA como unha posibilidade a ter en conta na consecución de tales tarefas. (Supón o 1º pronunciamento sobre a necesidade da EA) -
Programa de las Naciones Unidas para
el Medio Ambiente (PNUMA). A súa finalidade era iniciar e apoiar políticas ambientais de alcance internacional, favorecendo a cooperación entre distintos organismos dentro da Organización das Nacións Unidas ou con outras organizacións tanto de carácter gubernamental como non gubernamental como a UICM, WWF... -
Analizanse as tendencias en relación a Educación Ambiental e formulanse recomendacións para promovela internacionalmente. Logrouse aprobar por unanimidade a Crarta de Belgrado, documento no que se reclama unha Educación Ambiental participativa ca adopción dunha nova ética de desenvolvemento e de unha nova orde ecónomico mundial.
-
Foi convocada pola UNESCO en colaboración coa PNUMA. As principais reflexións que se trataron na conferencia foron: o analise dos principais problemas ambientais na sociedade contemporánea, a aplicación da educación co fin de resolver problemas ambientais, as estratexias e actividades de carácter internacional con miras ao desenvolvemento da EA, a cooperación de actividades de carácter nacional e rexional e a cooperación internacional e rexional para o desenvolvemento da Educación Ambiental.
-
É un informe que enfronta e contrasta a postura do desenvolvemento ecónomico xunto ca de desenvolvemento ambiental, presidido pola ex primeira ministra noruega Gro Harlem Brundtland, co propósito de analizar, cuestionar e replantexar as políticas de desenvolvemento económico globalizador.
-
Contou coa participación de 250 expertos procedentes de diferentes sectores e pretendiase facer balance do acontecido en materia de Educación Ambiental dende a Conferencia de Tbilisi e deseñar unha estratexia internacional sobre a Educación Ambiental para a década dos noventa. Como resultado dos acordos do Congreso aprobouse a Estratexia Internacional de acción.
-
Contou coa presenza de 160 países. Con esta conferencia afianzase a idea de que , aparte de plantexar solucións científicas ou tecnolóxicas na loita contra a degradación ambiental , é necesario ter en conta tamén os factores económicos, sociais e culturais. Adoptaronse compromisos vinculados a catro documentos principais: a Declaración de Río sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento, a Axenda 21, o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica e o Convenio Marco sobre o Cambio Climático.
-
Foi un protocolo da Convención Marco da Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. É un acordo internacional que ten por obxetivo reducir as emisións de seis gases de efecto invernadoiro que causan o efecto invernadoiro. Logo do Protocolo de Kioto creouse o Fondo Verde Climático dentro da Convención Marco que contaría cun consello composto por 24 países membro.
-
Promovida pola Unesco e polo Goberno de Grecia, asisten representantes de 83 países. O obxetivo principal desta reunión é valorar o alcance dos acordos alcanzados na Conferencia de Río. Constatouse que apenas se produciron avances e os recursos destinados a educación para a sosteñibilidade seguen a ser escasos.
-
Foi unha conferencia que reuniu a 189 representantes de países cuxos obxetivos foron estudar técnicas para levar a cabo un desenvolvemento sosteñible. Ademais de reducir a perda de biodiversidadade, reducir o número de persoas sen acceso a auga potable e incorporar as políticas fórmulas para levar a caba un desenvolvemento sosteñible.
-
Foi un cumio mundial que reuniu a participantes de todos os tipos, dende políticos de gran importancia ata organizacións non gubernamentais. O obxetivo do cumio foi levar a cabo accións directas para afrontar problemas coma a xestión sostible de recursos tendo en conta o meteorico crecemento demográfico.
-
Foi unha iniciativa promovida pola ONU que pretendía integrar as tácticas, principios e valores do desenvolvemento sostible en todos os ámbitos da educación e do aprendizaxe co fin de fomentar cambios de comportamento necesarios para preservar o futuro do medio ambiente e a viabilidade da economía. Este movemento foi reaccionario a situación de esgotamento dos recursos naturais.
-
Supón a institucionalización do cambio. Según o director da UNESCO para a Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible, Charles Hopkins, a educación ambiental evolucionou para convertirse en educación para o desenvolvemento sostible, que calificaría na súa intervención oficial como “outra cosa”. Pablo Meira, non sen ironía, dirá que o que ata agora era un proceso que se converte nesta cita nunha metamorfose.
-
Tivo lugar 20 anos logo da conferencia mundial celebrada en Rio en 1992 para o desenvolvemento sostible. Os obxetivos da conferencia foron conseguir un compromiso político renovado para o desenvolvemento sostible, evaluar o progreso ata o momento e abordar os desafíos novos e existentes.
-
Celebrada en Xapón, foi unha conferencia promovida pola UNESCO que pediu buscar accións urxentes para xeneralizar a Educación para o desenvolvemento sostible e incluila no programa de desenvolvemento para o ano 2015. Foi un medida dirixida a todas as nacións do mundo.
-
Firmouse a Axenda 2030 na que participaron mandatarios de países membros das Nacións Unidas. Os obxetivos son avanzar cara sociedades cun crecemento económico inclusivo e maior cohesión e xustiza social, en paz e cun horizonte medioambiental sostible. Nesta axenda hai 17 puntos nos cales se explica como se debe proceder ante os problemas actuais.
-
Foi un acordo dentro do marco da Conveción Marco das Nacións Unidas que establece medidas para a redución de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), a través da mitigación, adaptación e resilenciados ecosistemas a efectos do Quentamento Global. A súa data de entrada en vigor fixouse no ano 2020, ano no que remata a vixencia do Protocolo de Kioto.