-
A Idade de Pedra comprende dous períodos: o Paleolítico e o Neolítico. Nalgún momento do Paleolítico xurdiu a técnica máis antiga para fabricar instrumentos de pedra. E no Neolítico perfeccionouse a talla co pulido.
-
(10.000 a.C ao 4500 a.C)
A humanidade Paleolítica tivo que adaptarse a os cambios ambientais e buscar novas formas de alimentación. Como resultado desta busca xurdiron a agricultura e a gandería, iniciando unha nova etapa chamada Neolítico. -
A pintura rupestre xurdiu a finais do Paleolítico, hai uns 40.000 anos. Realizábase sobre as paredes e o teito interior das covas. Representaba animais, seres humanos en escenas de caza, guerra ou rituais.
-
Un dos principais inventos do Paleoítico foi o lume, descuberto hai uns 1,5 millóns de anos. Aínda que tamén empezaron a facer instrumentos de pedra.
-
No Paleolítico xurdiu a técnica máis antiga para fabricar instrumentos de pedra: a talla, que consistía en golpear unha pedra contra outra ata conseguir un canto afiado.
-
Os inventos principais deste período foron a cerámica e os tecidos. A cerámica fabricábase a man con barro e despois cocíase no lume. os tecidos, elaborados con liño ou la, tecíanse en teares rudimentarios.