-
Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza deixando aberto o paso cara o océano Índico.
-
Foi un tratado no cal Colón e os Reis Católicos acordaron que as novas terras que descubrise pasarían a formar parte da Coroa de Castela (España) e Colón recibiría os títulos de almirante e vicerrei, ademais da décima parte das riquezas que atopase.
-
Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves: a Pinta, a Nena e Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os ventos alisios e chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana).
-
Este tratado foi asinado polos Reis Católicos e o rei de Portugal no cal establecían unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as terras que se ían colonizar : ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste, para Portugal.
-
Vasco de Gama alcanzou a India e abriu o camiño para novas expedicións ás illas das Especias (actual Indonesia).
-
Vasco Núñez de Balboa atravesou o itsmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente.
-
Levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición estivo dirixida por Fernando de Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán e pretendían atopar un paso martítimo entre os océanos Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo desmotrou que a Terra é esférica.