- 
  
  
        Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza deixando aberto o paso cara
o océano Índico. - 
  
  
        As Capitulacións de Santa Fe foi un acordo entre Colón e os Reis Católicos, nel establecíase que as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón
recibiría os títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte das riquezas
que atopase. - 
  
  
        Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves:
a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os
ventos alisios e chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraronCuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana).
Cando Colón e a súa tripulación chegaron ao Novo Mundo, crían ter alcanzado a costa oriental de Asia. - 
  
  
        Foi un tratado entre Portugal e os Reis Católicos no que establecian unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as
terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal. - 
  
  
        A expedición de Vasco da Gama alcanzou a India e abriu o camiño para novas expedicións ás illas das Especias (actual Indonesia). - 
  
  
        Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o
Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente - 
  
  A expedición, dirixida por Fernando de
Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos
Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.