-
-
Situada ao comezo do delta do Nilo, esta cidade foi a capital de Exipto durante o Imperio Antigo.
-
Imhotep foi sumo sacerdote, conselleiro e arquitecto do faraón Zoser. É considerado como o "primeiro enxeñeiro da Historia".
-
A máis grande e sonada das pirámides de Exipto.
-
En torno a este século os sacerdotes de Heliópole establecen o deus solar Ra como o máis importante do panteón exipcio.
-
-
Este faraón conseguiu reunificar todo Exipto baixo o seu poder. Considérase o fundador do Imperio Medio.
-
SEGUNDO PERÍODO INTERMEDIO
-
Karnak foi o complexo relixioso máis importante do antigo Exipto, con templos e recintos adicados a varias divinidades.
-
Durante o seu reinado os exércitos faraónicos conquistaron Nubia e Exipto acadou a súa maior extensión territorial.
-
-
-
Hashepsut foi a terceira muller en ocupar o cargo de faraón de Exipto grazas ao apoio dos sacerdotes.
-
Durante o seu reinado intentou establecer o culto a un único deus: Atón, o disco solar.
-
Tutankamón gobernou unicamente durante 9 anos, pero é un dos faraóns máis famosos por que a súa tumba foi atopada intacta.
-
Un dos faraóns máis conñecidos na actualidade debido á gran cantidade de resto arquitectónicos que se conservan do seu reinado.
-
Batalla que enfrontou ao exército de Ramses II contra unha gran forza do reino hitita. O faraón fixo crer aos exipcios que fora unha gran vitoria, pero na actualidade sabemos que o resultado foi semellante a un empate.
-
-
-
O emperador asirio Asurbanipal saquea a cidade de Tebas e incorpora Exipto aos seus dominios.
-
O emperador persa Cambises II incorpora Exipto ao imperio.
-
Exipto é incorporado ao enorme imperio universal de Alexandre.
-
Ptolomeo inicia a última dinastía do antigo Exipto nomeándose a si mesmo gobernante independente.
-
Fillo de Cleopatra, última raíña de Exipto, e Xulio César, estaba destinado a ser o herdeiro da súa nai. Foi asasinado por Octavio Augusto, o primeiro emperador de Roma, e nunca chagou a gobernar.
-
Octavio Augusto somete Exipto ao poder de Roma. Exipto será unha das provincias máis importantes e abastecerá de comida á propia capital imperial.