-
O dispositivo de cálculo máis antigo que se coñece é o ábaco. O seu nome ven do grego abakos, que significa superficie plana. O uso do ábaco estendeuse por toda Europa ata a Idade Media, pero cando os árabes implantan
o sistema de numeración decimal o uso do ábaco comezou a declinar. -
O inventor e pintor Leonardo Da Vinci, foi quen trazou as ideas para unha calculadora mecánica. Século e medio despois, o filósofo e matemático francés dapenas 19 anos de idade chamado Blaise Pascal, inventou e construíu
en 1.642 un mecanismo (a pascalina) a cal utilizaba para realizar operacións aritméticas. -
O tear de tecido, inventado en 1801 polo Francés
Joseph-Marie Jackard (1753-1834), usado aínda na
actualidade, contrólase por medio de tarxetas
perforadas. As tarxetas perfóranse estratexicamente e
colócanse en secuencias para indicar un deseño de tecido
en particular. -
Para moitos especialistas a historia da informática empeza con Charles Babbage, matemático e inventor inglés que ó principio do século XIX, predixo moitas das teorías nas que se basean os actuais ordenadores.
En 1.834 Babbage deseñou unha máquina á que chamou "máquina analítica". Esta máquina era totalmente mecánica, estaba formada por engrenaxes, pancas e outros tipos de mecanismos. -
Primeira computadora dixital electrónica na historia. Non foi un modelo de produción, senón unha máquina experimental. Tampouco era programable no sentido actual.
Tratábase dun enorme aparato que ocupaba todo un soto na universidade. Construída con 19.000 tubos de baleiro, consumía varios KW de potencia eléctrica e pesaba algunhas toneladas. Era capaz de efectuar cinco mil sumas por segundo -
Primeira computadora dixital electrónica na historia. Non foi un modelo de produción, senón unha máquina experimental. Tampouco era programable no sentido actual.
Tratábase dun enorme aparato que ocupaba todo un soto na universidade. Construída con 19.000 tubos de baleiro, consumía varios KW de potencia eléctrica e pesaba algunhas toneladas. Era capaz de efectuar cinco mil sumas por segundo. -
En 1.944 construíuse na Universidade de Harvard a primeira calculadora universal, a cal empregaba relés e elementos mecánicos. Esta calculadora recibiu o nome de Mark I e era o soño de Babbage feito realidade: unha calculadora mecánica automatizada.
O Mark I medía máis de 15 metros de lonxitude e 2,4 m de altura e contiña máis de 7.600 pezas conectadas por uns 800 Km de cable. -
En 1945 Von Neumann suxeriu que o sistema binario fora adoptado en todos os ordenadores, e que as instrucións e datos foran compilados e almacenados internamente no
ordenador, na secuencia correcta de utilización. Estas suxestións serviron de base filosófica para os proxectos de ordenadores. -
O primeiro ordenador comercial de gran escala foi o UNIVAC, Universal Automatic Computer, americano, de 1951, que era programado activando cerca de 6.000
chaves e conectando cables a un panel. A entrada e saída de información era realizada por unha cinta metálica de 1/2 polgada de ancho e 400 m de largo. En total, vendéronse 46 unidades do UNIVAC Modelo I. -
No ano 1.957, xorde a idea de automatizar o censo da poboación, debido a que a última vez que se realizara (1.880), tardáronse uns sete anos para obter os resultados finais, xa que o proceso se realizara manualmente. O goberno dos Estados Unidos decide convocar un comité que se encargue da realización de dito proceso. Presentáronse tres propostas, adxudicándose o traballo a Herman Hollerith, o cal aplicou o principio das tarxetas
perforadas para o almacenamento de datos que xa
utilizara Babbage. -
Estaba construído con transistores e utilizaba tarxetas
perforadas. Demostrou ser unha computadora de propósito xeral e 12.000 unidades foron vendidas, facéndoa a máquina de máis éxito na historia da computación. Tiña unha memoria de núcleo magnético de 4.000 carácteres (despois estendeuse a 16.000 carácteres) -
É unha das primeiras
computadoras comerciais que usou circuítos
integrados, podía realizar tanto análises numéricos como administración ou procesamento de arquivos. As computadoras traballaban a tal velocidade que permitían utilizar máis dun programa de forma simultánea
(multiprogramación) -
A rede de internet xurde dun proxecto militar, o proxecto ARPANET, desenvolto en 1969 en Estados Unidos.
En 1983 establécese o protocolo TCP/IP e a parte militar de ARPANET forma unha rede independente. En este momento poderíase considerar o nacemento de INTERNET. Os ordenadores conectados eran 500. -
O Intel 4004 foi o primeiro microprocesador,
producido en 1971. Creouse orixinalmente para unha
calculadora, e resultaba revolucionario para a súa época. Contiña 2.300 transistores nun microprocesador de 4 bits que solo podía realizar 60.000 operacións por segundo
Hoxe en día só queda Intel e AMD no terreo dos microprocesadores. -
En 1989 desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha malla mundial de ordenadores que podían comunicarse entre sí, de forma que o número de máquinas conectadas superaba os 100.000. Nese mesmo ano, Tim Berners-Lee desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto e créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería o orixe da World Wide Web (a web www).
-
En 2004 xurde o concepto de web 2.0, para referirse a unha concepción da web orientada ós servizos, as redes sociais e a participación dos usuarios como creadores de contidos.
-
Estase a traballar na construción de ordenadores cuánticos. Isto representa un gran paso en relación ó actual proceso de fabricación de “chips” de silicio que, segundo os especialistas, debería alcanzar o máximo da súa limitación física de procesamento de datos nos vindeiros 10 ou 20 anos.