Edad contemporánea

IDADE CONTEMPORÁEA

  • A guerra da Independencia

    A guerra da Independencia
    Napoleón era rei francés e quixo invadir Portugal. O rei Carlos IV deixoulle pasar por España e el aproveitou a conquistar algunhas cidades españolas. Isto provocou en 1808 unha revolta chamada o Motín de Aranjuez. Carlos IV cedeulle o seu trono ao seu fillo Fernando VII. Napoleón obrigou a Fernando a renunciar ao trono para que o seu irmán Xosé reinara España. A guerra da independencia comezou cando a poboación de Madrid se puxo en contra do rei francés e durou ata o regreso de Fernando VII.
  • A Constitución de Cádiz

    A Constitución de Cádiz
    Cando Fernando VII foi obrigado a renunciar ao trono, en España formouse unha xunta central que asumiu a defensa do país contra os franceses.
    En 1810 a xunta reuniu en Cádiz a uns representantes do país para redactar unha constitución. Dous anos despois aprobaron a primeia constitución española, La Pepa.
    Esta constiución limitaba o poder do rei e establecía unha serie de dereitos para os cidadáns, como votar ao goberno.
  • O reinado de Fernando VII

    O reinado de Fernando VII
    Tras a guerra de Indepencencia Fernando VII volveu ser rei e deciciu suprimir a constitución e gobernar como un rei absolutista, e dicir, que o rei manda en todo, e perseguir aos liberais (os que limitaban os seu poder), por iso moitos tiveron que fuxir de España. Durante o reinado de Fernando VII, España perdeu case todas as súas colonias en América. A descolonización é o proceso no que se independizan as colonias de América: Arxentina, no ano 1816, e no 1824, todas excepto Cuba e Porto Rico.
  • O reinado de Isabel II

    O reinado de Isabel II
    Fernando VII non tivo fillos homes e cambiou a lei para que reinara a súa filla Isabel II. O seu irmán Carlos non estaba de acordo e comezaron as guerras carlistas entre os isabelinos, que apoiaban a Isabel II, e os carlistas, que apoiaban ao seu tío Carlos. Gañaron os isabelinos, e en 1833 Isabel II subiu ao trono.
    Durante o seu reinado había unha loita entre: os moderados, que querían aumentar o seu poder, e os progresistas, que querían poñerlle límites cunha constitución.
  • Inauguración do Congreso dos Deputados

    Inauguración do Congreso dos Deputados
    É o edificio no que se reúnen actualmente os deputados. Foi construído polo arquitecto Pascual Colomer. A obra iniciouse en 1843 e foi inaugurado por Isabel II en 1850.
  • La Gloriosa

    La Gloriosa
    Houbo unha revolución chamada La Gloriosa e a causa disto a raíña Isabel II abandonou España.
  • Primeira República

    Primeira República
    Ao marchar Isabel II aprobaron unha constitución que estableceu unha mornarquía, En 1871 elixiron rei a Amadeo, fillo do rei de Italia, pero tiña pouca xente ao seu favor, e renunciou. Foi por iso que se proclamou unha república. Por primieira vez en España o xefe do estado era un presidente que elixiran os cidadáns. Esta forma de goberno tampouco tiña moitos apoios e durou menos de un ano. En 1874 un pronunciamento militar acabou coa repúbilca e instaurouse de novo unha monarquía.
  • Reinado de Alfonso XII. A restauración.

    Reinado de Alfonso XII. A restauración.
    En 1874 foi rei o fillo de Isabel II, Alfonso XII, e con el iniciouse a Restauración. Durante o seu reinado había dous grandes partidos políticos, o partido conservador, que fomentaba o seu poder, e o partido liberal, que quería poñerlle límites. Non ano 1875, Afonso XII morreu e heredou a coroa o seu fillo Afonso XIII, pero gobernou a súa nai María Cristina ata que el tivo 16 anos. Durante o reinado de María Cristina, España perdeu as súas últimas colonias e Cuba, Porto Rico e Filipinas.