-
Escríbense os primeiros textos sobre a electricidade no mundo natural.
-
Tales de Mileto descubre que o roce da la, o pel ou as plumas co ámbar producía unha atración entre os obxectos. Sen sabelo, descubriu a electricidade estática.
-
Excavacións en asentamentos persas e romanos revelaron o que parecen ser prototipos de baterías, datados entre os séculos I a.C e o século IV d.C
-
Esta palabra latina, que procede do grego "elektron" foi utilizada por William Gilbert para definir a forza que exercen diversas substancias ao seren frotadas con outras.
-
Charles du Fay, botánico francés fai a suxestión de que existían dous tipos de electricidade: resinosa e vítrea.
-
Benjamin Franklin. político e científico de norteamérica propón que a electricidade é un fluido único que pasa dun corpo a outro e enuncia o principio de conservación da electricidade.
-
Luigi Galvani demostrou que os nervios transportan señais cara os músculos a modo de correntes eléctricas
-
Alessandro Volta construíu a primeira pila, que producía corrente eléctrica constante.
-
Michael Faraday creou o primer xerador ou dinamo eléctrica.
-
Thomas Alva Edison creou unha bombilla incandescente de filamento que era capaz de iluminar durante horas.
-
Thomsom descubre o electrón
-
Entre finais do século XIX e principios do século XX, Nikola Tesla produciu corrente alterna e creou o motor para a súa xeración. Naceu a electricidade comercial.
-
Rutherford descubre o protón.