-
Estes ordenadores son de gran tamaño e empregan válvulas electrónicas. Non estaban moi perfeccionados xa que se estropeaban con facilidade e ademais consumían moita enerxía.
-
Grazas a aparición do transistor, os circuitos internos dos ordenadores simplifícanse, diminuíndo tamén así o seu tamaño e conxunto de enerxía, e mellorando a súa eficacia.
-
A aparición dos circuitos integrados ou chip na 3ª Xeración provocou que as computadoras novamente diminuíran drasticamente o seu tamaño e melloraran en aspectos como a fiabilidade, consumo ou integración de periféricos.
-
Conséguese a posta en órbita do primeiro satélite de comunicación, Syncom 2, ademais da primeira comunicación vía satélite a través deste.
-
En 1966 os investigadores Charles K. Kao e George Hockham perfeccionan a elaboración da fibra óptica converténdoa nunha tecnoloxía aproveitable, xa que antes perdíanse moitos sinais ópticos.
-
Neste ano créase ARPANET, unha rede entre computadoras en EEUU como medio de comunicación entre distintas institucións, cuxos ordenadores comunicábanse entre si mediante o protocolo de transmisión TCP/IP.
-
A aparición do microprocesador, creado por Texas Instruments, propicia a aparición das computadoras persoais (PC), ademais dun único circuito integrado onde se reúnen todos os elementos básicos dun ordenador.
-
Da man de IBM, neste ano son creados uns terminais dependentes dun ordenador central, grazas ao que se fai posible un sistema no que poden traballar varios usuarios á vez.
-
Neste ano en Xapón comeza un proxecto para integrar a intelixencia artificial nos ordenadores, tanto no hardware como no software, o que daría comezo á 5ª Xeración de Ordenadores.
-
Gran variedade de institucións académicas, gubernamentais e empresas únense á rede de redes, pouco a pouco integrándose no resto da sociedade.
-
Este revolucionario sistema de transmisión de información comunica Nova Jersey con Inglaterra e Francia mediante un cable de fibra óptica, e foi o precursor das redes globais de comunicación.
-
Neste ano España pon en marcha un proxecto para establecer un satélite de comunicacións propio. Isto lógrase en 1992 coa posta en órbita do Hispasat 1A, que proporciona televisión dixital e comunicacións gubernamentais e militares.
-
Neste ano aparecen e se perfeccionan varias das tecnoloxías inalámbricas existentes como o RFID, o Bluetooth ou o UWB (Ultra Wide Band)