Avance da tecnoloxía

Timeline created by Re6o
  • Revolución Industrial

    Revolución Industrial
    É o proceso de transformación económica, social e tecnolóxica que se iniciou no ano 1760 no Reino de Gran Bretaña. Rematou no ano 1840.
  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    Aínda que a primeira máquina de vapor foi creada en 1633, a que revolucionou o mundo e foi realmente relevante foi a que creou James Watt no ano 1769 en Glasgow, Escocia. Foi a primeira con cámara de condensación externa de uso práctico.
  • Revolución Francesa

    Revolución Francesa
    Foi un conflicto social e político que enfrentaba a partidarios e opositores do Antiguo Réxime en Europa. Comezou en Francia no ano 1789 e finalizou no ano 1799.
  • Telégrafo

    Telégrafo
    Foi o físico estadounidense Joseph Henry quen creo o primeiro telégrafo. Samuel Morse impulsou moito o uso disto coa creación do código que leva o seu nome.
  • Teléfono

    Teléfono
    Foi creado polo inventor italiano Antonio Meucci co obxectivo de falar coa súa esposa, inmovilizada en cama a causa dunha enfermidade, dende a oficina.
  • Radio

    Radio
    Inventada polo físico italiano Guillermo Marconi, conectando por primeira vez na historia Europa e América mediante unha sinal radiotelegráfica.
  • Televisor

    Televisor
    O primeiro televisor comercial foi creado polo escocés John Logie Baird. El mesmo tamén desenvolveu o primeiro sistema de televisión pública e o primeiro tubo da televisión a color.
  • Transistor

    Transistor
    O primeiro (o transistor bipolar) foi desenvolvido por John Bardeen, Walter Houser Brattain e William Bradford Shockley nos Laboratorios Bell, nos Estados Unidos. Era un proxecto que tiña como obxectivo atopar un sustituto para as válvulas de vacío.
  • Semiconductores

    Semiconductores
    William Shockley, físico estadounidense e investigador dos Laboratorios Bell, inventou, xunto con Walter Houser Brattain e John Bardeen, o primeiro dispositivo semiconductor de Xermanio.
  • eMail

    eMail
    O primeiro intercambio de correos electrónicos entre dous distintos ordenadores levouno a cabo no ano 1971 o enxeñeiro estadounidense Ray Tomlinson, o cal traballaba na empresa encargada de poñer en marcha Arpanet: Bolt Beranek and Newman.
  • Internet

    Internet
    Creouno o Departamento de Defensa dos Estados Unidos ao aplicar o protocolo TCP/IP na súa rede Arpanet, dando lugar así á rede Arpa Internet, que logo evolucionou para chamarse unicamente Internet.
  • Web 1.0

    Web 1.0
    No ano 1991 a primeira páxina web, creada por Tim Berners-Lee usando unha computadora NeXT, é publicada na rede.
  • Facebook

    Facebook
    Foi creado en febreiro de 2004 por Mark Zuckerberg, que é o actual director executivo, en Massachusetts, nos Estados Unidos.
  • Web 2.0

    Web 2.0
    A primeira vez que se mencionou este término foi nunha conferencia en outubro de 2004 pola empresa estadounidense O'Reilly Media, coñecida pola súa editorial de libros sobre tecnoloxía.
  • WhatsApp

    WhatsApp
    Foi fundada polo ucraniano-estadounidense Jan Koum e o estadounidense Brian Acton nos Estados Unidos en febreiro de 2009. Foi adquirida no 2014 por Facebook por 19.000 millóns de dólares.
  • Instagram

    Instagram
    Fundada en San Francisco por Kevin Systrom e Mike Krieger en outubro de 2010. Foi adquirida por Facebook por 1.000 millóns de dólares en 2012.
  • TikTok

    TikTok
    Tiktok naceu en novembro de 2017 a partir da app china Douyin, que foi fusionada coa app estadounidense Musical.ly, a cal a comprara Bytedance (a empresa que desenvolveu Douyin), para dar lugar á app actual: Tiktok.