As etapas da historia do mundo contemporáneo

  • O séculos das luces

    O séculos das luces
    Durante o s. XVIII xorde un movemento intelectual que pon en dúbida e critica o que se viña en chamar Antigo Réxime
  • A construción do mundo contemporáneo: As revolucións burguesas (liberalismo e revolución industrial)

      A construción do mundo contemporáneo: As revolucións burguesas (liberalismo e revolución industrial)
    Durante aproximadamente un século, unha nova clase social – a burguesía – foi levando a cabo dous tipos de transformacións:
    • Económicas: a revolución industrial.
    • Políticas: as revolucións, primeiro en Francia ( 1789 ) e logo no resto de Europa ( 1820, 1830, 1848 )
  • A 2ª revolución industrial

     A 2ª revolución industrial
    Unha segunda revolución industrial que cambia o mundo: o petróleo, a electricidade, o motor de combustión interna, o automóbil....
    Europa lánzase á conquista dos “espazos baleiros de poder” en África e Asia, na procura de materias primas e mercados para a súa industria. É o Imperialismo.
  • A época dos imperialismos

     A época dos imperialismos
    Ao longo do s XIX a sociedade foi mudando. Podemos dicir que se formaron dúas clases sociais: a burguesía (que monopoliza o poder social, económico e político) e o proletariado, a clase obreira (campesiños e obreiros das industrias).Os primeiros buscan manter o seu poder e aumentar os seus capital os segundos, mellorar as súas condicións de vida e traballo.