-
Máis adiante, Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza (1487), deixando aberto o paso cara
o océano Índico. -
Colón presentoulle primeiro o seu proxecto ao rei de Portugal pero foi rexeitado. Máis tarde, conseguiu
dos Reis Católicos autorización e financiamento para a expedición, asinando as Capitulacións de Santa Fe. Nelas establecíase que as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón
recibiría os títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte das riquezas
que atopase. -
Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves:
a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os
ventos alisios e chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron
Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana). -
Para evitar conflitos con Portugal, os Reis Católicos asinaron o Tratado de Tordesillas (1494): Este
documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as
terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal.
Creáronse os dous grandes imperios ultramarinos da Idade Moderna -
En 1513, Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o
Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente.
Cando Colón chegou a América atopouse con prósperas civilizacións coñecidas como precolombinas.
Vivían da agricultura, eran politeístas e tamén escravistas.
Os pobos precolombinos máis importantes foron -
Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o
Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente. -
En 1513, Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o
Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente. Entre 1519 e 1522 levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición, dirixida por Fernando de
Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos
Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.