Eixe Cronolóxico Invenccións.

Timeline created by Sabela Armas
  • Piano

    Piano
    O primeiro piano construíuno en Italia Bartolomeo Cristofori. Unha das diferenzas co seu antecesor, o clavicordio, era que se podía modificar o volume.
  • Máquina de escribir

    Máquina de escribir
    O seu inventor foi Henry Mill, quen patentou un aparello co cal era posible imprimir as letras unha tras outra,
  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    En 1768, James Watt construíu o primeiro modelo dunha máquina de vapor
  • Máquina de coser

    Máquina de coser
    O inglés Tomás Saint patentou este aparello, que estaba destinado fundamentalmente a traballos en coiro.
  • Bicicleta

    Bicicleta
    Os antepasados directos da bicicleta actual foron os vehículos de dúas rodas ideados polo conde Mede de Sivrac. Tratábanse de dúas rodas de madeira unidas entre si por un madeiro horizontal ríxido. Sobre esta subíase o condutor, que se impulsaba cos pés, apoiándoos no chan sucesivamente.
  • Lente de Fresnel

    Lente de Fresnel
    A Lente de Fresnel, chamada así polo seu inventor Augustin Fresnel, é un deseño de lentes que permite a construción de lentes de gran apertura e unha curta distancia focal sen o peso e volume de material que debería usar nunha lente de deseño convencional.
  • Teléfono

    Teléfono
    Ao redor do ano 1857 Antonio Meucci construíu un teléfono para conectar a súa oficina co seu dormitorio, e acabou estendendose a idea por todo o mundo.
  • Fonógrafo

    Fonógrafo
    Cando Thomas Alva Edison anunciou a invención do seu primeiro fonógrafo, a primeira peza interpretada foi " Mary had a little lamb" ("María tivo un corderito") o 21 de novembro de 1877, mostrou o dispositivo por primeira vez o 29 de novembro dese mesmo ano e patentouno o 19 de febreiro de 1878
  • Coca-Cola

    Coca-Cola
    John Stith Pemberton Nun primeiro momento, quería atopar a cura ás dores de cabeza e á tensión, Pemberton experimentou coa noz de cola e a coca. A bebida, que combinaba lima, canela, follas de coca e sementes de arbusto brasileiro, foi chamada por algúns como «o elixir médico».