-
O Congreso de Viena agrupou os 39 estados nos que estaba dividido o territorio alemán.
-
-
-
Organizada por Prusia na que non participaba Austria.
-
Creouse un parlamento que intentou que o rei de Prusia (Guillerme I) reinase nunha Alemaña unificada, pero este rexeitouno.
-
Cavour logrou que Francia apoiase as demandas de Italia fronte ás de Austria, a cambio de que Piemonte lle cedese Saboia e Niza. O exército franco-piemontés derrotou aos austríacos que lles entregaron Lombardía.
-
Italia vincúlase a Piemonte tras á expedición dos "camisas vermellas" de Garibaldi que se apoderaron de Nápoles e Sicilia.
En 1861 reúnese en Turín o primeiro parlamento italiano. Víctor Manuel II foi proclamado rei. -
Invasión e anexión de Prusia a DInamarca.
-
-
Piemonte apoiou a Prusia na súa guerra contra Austria, e a cambio, anexionou Venecia.
-
Prusia enfrontouse a Austria, gañando a primeira. Esta victoria fixo posible a creación da Confederación da Alemaña do Norte.
-
Os piemonteses aproveitaron a retirada dos franceses pola guerra franco-prusiana para ocupar Roma. O papa non recoñeceu esta ocupación, pero a cidade converteuse na capital de Italia.
-
Francia opóñese a anexión de Alemaña con Prusia para lograr esta unión,Bismarck provocou o estalido dunha guerra con Francia. Napoleón III foi derrotado polos prusianos na batalla de Sedán. Como consecuencia da derrota Francia tivo que ceder a Alemaña os territorios de Alsacia e Lorena. FInalmente os estados do sur uníronse ao resto de Alemaña.
-
A unificación dos territorios alemáns desembocou na proclamación do Segundo Reich e Guillerme I foi coroado emperador.