s. XVIII / XIX / XX (1º BACH)

  • Invención máquina de vapor

    Invención máquina de vapor
    Foi inventada por James Watt, esta invención permitiu obter unha fonte de enerxía mecánica que se empregaba para mover o resto das máquinas e aparatos. Esto permitiu un aumento considerable da produción e iniciouse un periodo de crecemento onde se obtiñan beneficios que, en moitos casos, se reinvistiron na mellora das explotacións agrarias.
  • Inicio do ludismo

    Inicio do ludismo
    O inicio do ludismo foi un movemento ou as primeiras protestas do proletariado en contras das novas máquinas, xa que pensaban que era a causa directa da perda dos salarios e dos postos de traballo. Este tipo de accións reciben o nome de protestas ludistas e recaían, principalmente, nos donos das fábricas e na destrución das instalacións destas.
  • Declaración de independencia en EEUU

    Declaración de independencia en EEUU
    Os 13 Estados fixeron unha Declaración conxunta de Independencia. Dirixida e gobernada a partir de 1781 por un Congreso confederal con sede en Filadelfia e formado polos representantes de cada Estado.
  • Inicio da Revolución francesa

    Inicio da Revolución francesa
    Foi un conflicto por unha serie de factores económicos, sociais, polítcos e ideolóxicos, que provocou Francia a outras nacións de Europa que enfrentaban a partidarios e opositores do Antigo Réximen. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asemblea Nacional.
  • A monarquía constitucional

    A monarquía constitucional
    A Asemblea Naciona comezou a gobernar e tranformar Francia, a primeira medida foi a abolición do réxime feudal, eliminando o poder dos privilexiados. Declarouse A Declaración dos dereitos do home e do cidadán e tamén se aprobou a primeira Constitución francesa en 1791
  • A Primeira República francesa

    A Primeira República francesa
    A nova asemblea aboliu a Monarquía, proclamou a República e estableceu un goberno de Convención. Hai 3 fases: A Convención, O Directorio e O Consulado. Durou ata o primeiro Imperio francés por Napoleón en 1804.
  • Imperio de Napoleón III

    Imperio de Napoleón III
    Napoleón proclamouse emperador e Francia transformouse nun Imperio. Era un estado soberano que incluía unha gran parte de Europa occidental e central no seu territorio; Tamén tiña numerosos dominios coloniais coñecidos como Francia de Ultramar ata a sua abdición e exilio a illa de Elba en 1815
  • Revolucións liberais de 1820

    Revolucións liberais de 1820
    Son o comezo da división definitiva do absolutismo e do antigo réxime en Europa. Eran movementos nacionalistas que se baseaban nun estado liberal, sen depender dun rei que concentrase todo o poder absoluto
  • Revolucións liberais de 1830

    Revolucións liberais de 1830
    Foi un proceso revolucionario que comezou en París, coa chamada Revolución de Xullo ou os tres gloriosos días revolucionarios en París que trouxeron ao trono a Luís Filipe I de Francia. Estendeuse por boa parte do continente europeo, especialmente en Bélxica.
  • Primeira liña de ferrocarril

    Primeira liña de ferrocarril
    A primeira liña de ferrocarril de pasaxeiros foi entre Manchester e Liverpool. Foi o primeiro ferrocarril baseado exclusivamente na enerxía de vapor. A parte de ese momento, a ferroviaria seguiu crecendo e alcanzou ritmos diferentes de acordo co grao de desenvolvemento industrial de cada pais.
  • Publicación do manifesto comunista

    Publicación do manifesto comunista
    O manifesto comunista é un documento baseado no pensamento comunista e tamén, un dos máis unfluintesda historia. Grazas a esta publicación de Marx e Engles deuse saída ao desarrollo das ideas como o comunismo, marxismo e socialismo.
  • Revolucións liberais de 1848

    Revolucións liberais de 1848
    Foi a terceira onda do ciclo revolucionario máis grande da primeira metade do século XIX. Caracterizáronse pola importancia das manifestacións nacionalistas e polo comezo das primeiras manifestacións organizadas do movemento obreiro.
    Iniciada en Francia, estendeuse rapidamente por case toda Europa Central (Alemaña, Austria, Hungría) e Italia.
  • Unificación de Italia

    Unificación de Italia
    Foi o proceso histórico que ao longo do século XIX levou á unión dos distintos estados nos que se dividiu a península italiana, ligada na súa maior parte a dinastías consideradas "non italianas" como os Habsburgo ou os Borbóns.
  • Primeira Internacional

    Primeira Internacional
    Foi unha xuntanza en Londres dos representantes de sindicatoS obreiros ingleses, franceses e belgas (tamén algúns socialistas exiliados como Marx) onde xurdiu a fundación da Asociación Internacinal de Traballadores (AIT) . Esto significou un importante paso na difusión dos ideais independentistas ou liberais da clase traballadora.
  • Proclamación da III República francesa

    Proclamación da III República francesa
    Foi o réxime republicano vixente en Francia desde 1870 ata 1940. A Terceira República foi o primeiro réxime francés que se impuxo durante moito tempo desde 1789.
  • Unificación de Alemaña

    Unificación de Alemaña
    Foi un proceso histórico que tivo lugar na segunda metade do século XIX en Europa central e que rematou coa creación do Imperio alemán, reunindo a varios estados previamente independentes (Prusia, Baviera, Saxonia, etc.).
  • Period: to

    Sistemas Bismarck

    Os sistemas bismarckianos é o nome que se refire ao sistema de alianzas internacionais que o chanceler Bismarck patrocinou co obxectivo de illar Francia e asegurar a hexemonía europea de Alemaña
  • Domingo Sanguento

    Domingo Sanguento
    En San Petersburgo, o domingo 9 de xaneiro houbo unha manifestación pacífica que se dirixía ao palacio de inervno para presentar ao tsar Nicolas II unha serie de peticións. A manifestación, por orde do tsar, foi reprimida polo exército causando moitísimas mortes.
  • Guerra dos Balcáns

    Guerra dos Balcáns
    As guerras dos Balcáns foron dúas guerras ocorridas desde 1912 ata 1913. A primeira enfrontouse ao Imperio otomano coa chamada Liga dos Balcáns formada por Bulgaria, Montenegro, Grecia e Serbia. As pequenas nacións balcánicas conseguiron expulsar aos otomanos de case todo o territorio da península, pero non puideron evitar loitar entre eles pola división das terras , o que levou á segunda guerra dos Balcáns. O Tratado de Bucarest rematou as guerras, pero deixou a zona nun equilibrio inestable
  • I Guerra Mundial

    I Guerra Mundial
    A Primeira Guerra Mundial, anteriormente chamada Gran Guerra, foi un enfrontamento bélico centrado en Europa que comezou o 28 de xullo de 1914 e rematou o 11 de novembro de 1918, cando Alemaña aceptou os termos do armisticio.
  • Revolución febreiro de 1917

    Revolución febreiro de 1917
    Esta revolución causou a abdicación do tsar Nicolás II, convertindo días despois a Rusia nunha república, e levando á formación dun goberno provisional. Esta revolución naceu como reacción a política levada a cabo polo tsar e a participación de Rusia na Primeira Guerra Mundial, que tivo grandes dificultades na poboación.
  • Revolución outubro de 1917

    Revolución outubro de 1917
    Constituíu a radicalización da Revolución Rusa de 1917, despois da revolución de febreiro e a abdicación do tsar Nicolás II. Foi dirixida polo Partido Bolxevique baixo o liderado de Lenin. Significou a primeira revolución socialista declarada do século XX, coa participación de traballadores, campesiños e soldados a través dos soviets.
  • 14 puntos Wilson

    14 puntos Wilson
    Os Catorce Puntos foron unha serie de propostas feitas a comezos de 1918 polo presidente dos Estados Unidos, Wilson, para crear novos obxectivos sobre como se debía organizar a paz. O seu plan baseábase na defensa do liberalismo e na creación dun organismo internacional encargado de velar pola seguridade colectiva.
  • Creación da Sociedade de Nacións

    Creación da Sociedade de Nacións
    A Sociedade de Nacións foi un organismo internacional creado polo Tratado de Versalles, o 28 de xuño de 1919. Propuxo establecer as bases para a paz e a reorganización das relacións internacionais despois do final da Primeira Guerra Mundial.
  • Paz de Versalles

    Paz de Versalles
    O Tratado de Versalles foi un tratado de paz que máis de cincuenta países asinaron nesa cidade ao finalizar a I Guerra Mundial. Trátase dun documento longo no que se recolle o Estatuto fundacional da Sociedade de Nacións e despois as condicións impostas a Alemaña
  • Creación da URSS

    Creación da URSS
    A Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) naceu en 1922, formada despois da Revolución de Outubro de 1917. Estaba formada por catro repúblicas socialistas: Rusia, Transcaucasia, Ucraína e Bielorrusia. A súa creación trouxo consigo un momento de prosperidade económica e un novo modelo de sociedade. Ata febreiro de 1924 non é recoñecida oficialmente polas potencias de Gran Bretaña, Francia e Italia.
  • Anschluss

    Anschluss
    "Anschluss" é unha palabra alemá que significa unión ou anexión. Foi usada para referirse a fusión de Austria e a Alemaña nazi nunha soa nación, como unha provincia do III Reich. Co apoio dos nazis austriacos, os alemáns ocuparon militarmente Austria en marzo de 1938 e decretaron a súa unión con Alemaña
  • Period: to

    II Guerra Mundial

    Foi o maior enfrontamento armado da Historia onde se viron involucrados a maioría dos paises do mundo, incluídas todas as grandes potencias. Estivo organizada en dous bandos: o Eixe (formado por Alemaña, Italia e Xapón) e os Aliados (formado por Gran Bretaña, EEUU e a URSS). Foi un estado de guerra total no que os grandes contindentes destinaron toda a súa capacidade económica, militar e científica ao servixo do esforzo bélico. Estivo marcada por feitos como o holocausto e os intensos bombardeos
  • Operación Barbavermella

    Operación Barbavermella
    Foi o nome que lle atribuiu Hitler ao plan de invasión da URSS. Algunhas das razóns foron: atacar directamente ao comunismo, aproveitar a superioridade alemá e debilitar o exército soviético, explotar as riquezas agrarias...Puxéronse en marcha os tanques e as forzas alemas nos territorios rusos pero a resistencia rusa provocou unha das batallas máis longas da guerra na cidade de Stalingrado, que rematou coa rendición do exército alemán.
  • Ataque a Pearl Harbour

    Ataque a Pearl Harbour
    Foi un ataque sorpresa por parte da flota xaponesa, dirixida por Yamamoto, á base norteamericana de Pearl Harbour (illas Hawai) sen previa declaración de guerra. O ataque pretendía evitar a intervención da Flota Pacífica de EEUU nas accións militares que o Imperio de Xapón estaba planeando realizar contra as posesións ultramariñas de Gran Bretaña, Francia e EEUU. Este acontecemento enlazaba a guerra en Europa coa guerra no Pacífico.
  • Desembarco en Silicia

    Desembarco en Silicia
    Foi denominado como a Operación Husky. As forzas anglo-norteamericanas desembarcaron en Silicia (Italia) co obxectivo de neutralizar a ameza italiana e alemá no Mediterráneo e dibilitar o Goberno fascista. Esta operación alcanzou as metas propostas, a rápida derrota provocou que Mussolini fose destituído, que as forzas do Eixe fosen expulsadas da illa e que as rutas do Mediterráneo quedasen despexadas.
  • Desembarco de Normandía

    Desembarco de Normandía
    Esta batalla, tamén coñecida como día D ou Operación Overlord, foi unha operación militar onde as forzas dos Aliados desembarcaron nas praias francesas de Normandía que rematou coa liberación dos territorios de Europa occidental ocupados pola Alemaña nazi
  • Conferencia de Potsdam

    Conferencia de Potsdam
    Unha vez celebrada a derrota de Alemaña, reuníronse Churchill, Stalin e Roosevelt para trazar as liñas da vitoria e impoñer as condicións aos vencidos. Nesta conferencia Churchill foi substituido por Clement Atlee e Roosevelt por Harry Truman, que a pesar das súas diferenzas chegaron a importantes acordos: perda da soberanía de Alemaña, establecer a fronteira de Polonia con Alemaña, a súa división en catro zonas de ocupación diferentes...
  • Bombardeo atómico

    Bombardeo atómico
    Foron ataques nucleares ordenados por Harry Truman (presidente dos Estados Unidos) contra o Imperio de Xapón coa xustificación de aforrar vidas humanas. Decidiu lanzar a bomba atómica sobre Hiroshima e, tres días despois, unha segunda bomba atómica caeu sobre Nagasaki. O emperador Hirohito solicitou a rendición que foi asinada o 2 de setembro, indicando o fin da IIGM.
  • Creación da ONU

    Creación da ONU
    A Organización das Nacións Unidas é unha institución fundada tras a IIGM por 51 paises que se comprometeron a velar pola paz e a seguridade mundial, fomentar as relacións entre as nacións e promover o progreso social, a mellora da vida e dos dereitos humanos.