978846823126

Historia do Mundo Contemporáneo

  • Habeas Corpus

  • Declaración de Dereitos

  • Tratado de Utrecht

    Tratado de Utrecht
    Os Tratados de Utrecht e Rastatt puxéronlle fin á Guerra de Sucesión á Coroa outotgándolle beneficios a Rusia, Prusia, o Ducado de Savoia e Holanda. Confirmaron como beneficiario a Gran Bretaña, que se convirteu na gran potencia marítima e comercial.
  • Enclosure Acts

    Enclosure Acts
    O Parlamento inglés aprobou estas leis de cerramento para concentrar as parcelas dos seus campos e cercalas. Desta maneira, os propietarios puideron cultivar as terras segundo a súa conveniencia e aplicar novos sistemas para mellorar a produtividade.
  • Spinning Jenny e Mule Jenny

  • A máquina de vapor

  • Primeiro tear mecánico

  • A Constitución de 1787

    A Constitución de 1787
    O novo Estado americano redactou a primeira constitución escrita. Establecía o principio de elección dos cargos (sufraxio), aseguraba a separación de poderes e establecía unha forma de goberno republicana.
  • Reunión dos Estados Xerais en Versalles

  • Asemblea Nacional Constituínte

    Asemblea Nacional Constituínte
    Os deputados do Terceiro Estado declararon que representaban a maioría da poboación e constituíronse en Asemblea Nacional. O rei aceptou a situación e os Estados Xerais transformáronse en Asemblea Nacional Constituínte.
  • Abolición de todos os privilexios e dereitos feudais

  • Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán

    Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán
    Establecía a conservación dos dereitos naturais (liberdade, propiedade, seguridade e resistencia á opresión), que ningún home pode ser acusado, arrestado nin detido máis que nos casos establecidos pola lei e a libre comunicación de pensamentos e opinións, entre outras cousas.
  • A Carta dos Dereitos

  • Constitución de 1791

  • Asalto ao palacio das Tullerías

    Asalto ao palacio das Tullerías
    Detiveron ao monarca, Luís XVI, a súa muller, María Antonieta, e o resto da familia, esixindo a fin da monarquía.
  • Luís XVI, guillotinado

  • Constitución de 1793

  • Golpe de Estado de Napoleón

    Golpe de Estado de Napoleón
    As clases acomodadas viron en Napoleón Bonaparte un xeneral vitorioso. Co apoio da burguesía e do exército, realizou un golpe de Estado o 9 de novembro de 1799 e concentrou todo o poder.
  • Final definitivo de Napoleón en Waterloo

    Final definitivo de Napoleón en Waterloo
    Napoleón foi confinado na illa de Elba, pero o descontento popular permitiu que regresara por cen días. Sin embargo, as potencias aliadas derrotárono definitivamente en Waterloo e foi enviado á illa de Santa Helena ata a súa morte.
  • Working Men's Association

  • Guerras do opio

    Guerras do opio
    Desenvolvéronse por mor da prohibición chinesa do comercio británico de opio procedente da India. Gran Bretaña consigueu a enclave de Hong Kong e abrir portos ao comercio internacional.
  • Golpe de Estado de Napoleón III

    Golpe de Estado de Napoleón III
    Foi elixido presidente da II República en 1848 e realizou un gope de Estado en 1851, co apoio dos sectores máis conservadores, para despois proclamar o II Imperio francés e coroarse emperador.
  • Alexandre II

    Alexandre II
    O tsar chegou ao poder en 1855 e ante a grave situación económica, iniciou unha serie de reformas na administración, no ensino e no exército.
  • O convertedor de Bessemer

    O convertedor de Bessemer
    Transformaba o ferro fundido en aceiro. Estes cambios permitiron aumentar a produción, mellorar a calidade do ferro e diminuír os prezos.
  • Revolución Meixi

  • Rivalidade entre rusos e británicos

  • III República francesa

  • Trade Unions

  • Partido Socialdemócrata Alemán (SPD)

    Partido Socialdemócrata Alemán (SPD)
    Foi o primeiro e máis importante partido obreiro socialista, fundado en 1875 baixo pricipios marxistas. En 1912 obtivo máis de catro millóns de votos e 11o escanos.
  • Guerras dos bóeres

  • Taylorismo

    Taylorismo
    O enxeñeiro F.W. Taylor, demostrou que a eficiencia no traballo podñia mellorar no caso de aforrarse tempo. O seu obxectivo era aumentar a produtividade mediante a especialización do traballo e así abaratar custos de produción e prezos.
  • Asasinato do tsar Alexandre II

  • Tripla Alianza

    Tripla Alianza
    Alemaña promoveu un sistema de alizanzas co obxectivo de consolidar a hexemonía alemá na política continental europea e a contención dos seus rivais. Estas alianzas desembocaron na Tripla Alianza entre Alemaña, o Imperio austrohúngaro e Italia.
  • Conferencia Internacional de Berlín

    Conferencia Internacional de Berlín
    Estipulou as condicións para ocupar novos territorios por parte das metrópoles e estableceu as diferentes zonas de influencia.
  • A Segunda Internacional

    A Segunda Internacional
    Fundouse en París en 1889. Só incorporou partidos socialistas e organizouse como unha confederación de partidos nacionais autónomos.
  • Ruptura dos Partidos Socialistas

  • Guerra chinés-xaponesa

  • Guerra entre Estados Unidos e España

    Guerra entre Estados Unidos e España
    Estados Unidos declaroulle a guerra a España acusándoa do afundimento do acoirazado Marine. España foi derrotada rápidamente e renunciou a Cuba, Porto Rico, Fillipinas e Guam na Paz de París.
  • Crise de Fachoda

  • Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso (POSDR)

  • Partido Socialista Revolucionario

    Partido Socialista Revolucionario
    Denominados eseritas, tiñan unha grande influencia sobre os campesiños porque defendía a necesidade de expropiar a terra dos terratenentes.
  • Crises marroquís

  • Guerra ruso-xaponesa

    Guerra ruso-xaponesa
    Os xaponeses detiveron o expansionismo ruso por Manchuria e o norte de Corea.
  • Lei sobre a separación da Igrexa e o Estado

  • Domingo Sanguento

    Domingo Sanguento
    En xaneiro de 1905 estoupou un movemento revolucionario en San Petersburgo. Unha manifestación protestaba no Palacio de Inverno demandando melloras nas condicións de vida da poboación e a celebración dunha Asemblea Constituínte. A protesta foi reprimida polo exército e provou máis de 300 mortos e feridos.
  • Triplo Acordo

    Triplo Acordo
    Pola súa parte, Francia e Rusia, que se sentían ameazadas por Alemaña, asinaron un acordo. Máis tarde, Francia asinou con Gran Bretaña o Acordo Cordial e isto deu lugar ao Triplo Acordo entre estos tres países.
  • Primeira guerra balcánica

  • Segunda guerra balcánica

  • Asasinato do arquiduque Francisco Fernando

  • Batalla do Marne

  • Plan Schlieffen

    Plan Schlieffen
    Este plan alemán prevía atacar Francia entrando por Bélxica e Luxemburgo e rematar rápidamente con eles para despois centrar todo o seu esforzo en Rusia.
  • Asasinato de Rasputín

  • Revolución de febreiro de 1917

    Revolución de febreiro de 1917
    Comezou o 23 de febreiro en Petrogrado cunha gran manifestación. Formáronse en todo o país comités revolucionarios de obreiros, campesiños e soldados (sóviets), que agrupaban as forzas revolucionarias de oposición ao tsarismo. O día 27 realizouse unha folga xeral nas principais cidades e finalmente o tsar abdicou. A Duma nomeou un goberno provisional presidido polo príncipe Lvov.
  • Fin da Primeira Guerra Mundial

  • Brest-Litovsk

    Brest-Litovsk
    Rusia estableceu a paz con Alemaña a través deste tratado. Nel aceptábanse todas as esixencias da parte alemá. Rusia renunciou aos países bálticos, Finlandia, os territorios polacos e Besarabia. Ucraína declarouse independente.
  • A Guerra Civil

  • Execución de Nicolao II

  • Conferencia de París

    Conferencia de París
    Os países vencedores da Primeira Guerra Mundial reuníronse en París para preparar os tratados de paz. O presidente dos EUA, Wilson, propuxo un programa de 14 puntos para negociar a Paz. Pero o resto dos líderes querían maiores compensacións polas perdas. Así que elaboráronse cinco tratados, cada un deles para un país vencido. Todos foron obrigadfos a ceder territorios, pagar reparacións polos danos causados e a reducir o seu exército. O Tratado de Versalles, recoñecía a Alemaña como culpabe.
  • Sociedade de Nacións (SDN)

    Sociedade de Nacións (SDN)
    Como proposta do presidente Wilson, creouse unha organización internacional que debía garantir a paz no futuro e fomentar a colaboración e a cooperación entre Estados. A Sociedade de Nacións.
  • Fasci di combattimento

  • Partido Nacional Fascista

  • Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS)

    Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS)
    A URSS foi un Estado federal que se caracterizou principalmente por instaurar un réxime de ideoloxía marxista-leninista, que foi modelo referencial para os estados socialistas do mundo hasta a súa caída.
  • Mussolini nomeado xefe de goberno

  • Marcha sobre Roma

    Marcha sobre Roma
    En outubro de 1922, os fascistas organizaron un golpe de Estado. a marcha sobre Roma. Esta finalizou cando o rei Vítor Manuel II lle encargou a Mussolini a formación dun novo goberno.
  • Plan Dawes

  • Ditadura fascista italiana

    Ditadura fascista italiana
    Mussolini iniciou a instauración da ditadura fascista caracterizada pola supresión da democracia, a concentración de todos os poderes, a creación dun Estado corporativo, o establecemento das relacións co Vaticano, o inicio dunha política exterior expansionista e a aprobación de leis raciais.
  • O crac bolsista de 1929

    O crac bolsista de 1929
    Como consecuencia da febre bolsista, os investidores comezaron a poñer as súas accións á venda convencidos de seguir obtendo beneficios. No chamado Xoves Negro 13 millóns de títulos non atoparon comprador, o que provocou a perda de 10.000 millóns de dólares no mercado.
  • A crise xeneralizada

    A crise xeneralizada
    O afundimento da Bolsa de Nova York provocou unha serie de factores que desencadearon unha crise económica xeneralizada: sobreprodución industrial, crise de liquidez, a caída do consumo e a crise agraria.
  • Espallamento da crise ao resto do mundo

  • Eleccións de marzo de 1933

    Eleccións de marzo de 1933
    Estas eleccións deparáronlle un novo triunfo ao Partido Nazi, que alcanzou os 288 deputados pero non a maioría absoluta.
  • O New Deal de Roosevelt

  • Creación da Gestapo

    Creación da Gestapo
    Foi un corpo de policía secreta creada para aplastar toda aquela oposición a Hitler.
  • Hitler, xefe de Estado

    Hitler, xefe de Estado
    Converteuse en Führer, é dicir, caudillo e chanceler do III Reich.
  • Leis de Nuremberg

  • Morte de Stalin