Octrubre

A época de Lenin

  • Decretos de outubro

    Decretos de outubro
    Lenin promulgou o Decreto sobre a terra, polo que era abolida a propiedade privada e as terras pasaban a ser patrimonio colectivo do pobo ruso e podendo traballalas en réxime de usufruto. Outros foron o Decreto sobre o control obreiro e o Decreto de nacionalización da banca e do comercio exterior.
  • A Guerra Civil

    A Guerra Civil
    As medidas tomadas polos bolxeviques acrecentaron o número de opositores ao novo réxime, causando unha Guerra Civil. Crearonse dous exércitos: o branco formado por menxeviques, tsaristas, Inglaterra, Francia, EEUU e Xapón; e o vermello formado polos bolxeviques e organizado por Trotski.
    Ambos desenvolveron unha política de terror pero a vitoria logrouna o exército vermello en 1921
  • Comunismo de guerra (1918-1921)

    Comunismo de guerra (1918-1921)
    Baixo esta denominación inclúense as medidas que o Goberno bolxevique puxo en práctica durante a Guerra Civil. Decretouse o control estatal de todos os sectores económicos, a obrigatoriedade do traballo, a derrogación parcial dos cartos como medio de pago e a requisa forzosa das colleitas.
  • A retirada rusa da Gran Guerra

    A retirada rusa da Gran Guerra
    Co obxectivo de consolidar a posición dos bolxeviques, Lenin proclamou en outubro o Decreto en favor da paz, propoñendo unha paz sen anexións nin indemnizacións. Finalmente os alemáns impuxeron as súas condicions no tratado de Brest-Litovsk
  • A construción do Estado soviético.

    A construción do Estado soviético.
    O Goberno de Lenin baseou a organización do novo Estado nos soviets, os cales aprobaron a primeira Constitución soviética, que vai precedida dunha Declaración de dereitos do pobo traballador e explotado. Al mesmo tempo estableceuse un novo nome para o país: A República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR)
  • A Terceira Internacional

    A Terceira Internacional
    A iniciativa de Lenin Nas Teses de abril deu lugar ao nacemento da Terceira Internacional ou Internacional Comunista fundada en Moscova en 1919 co obxectivo fundamental do derrocamento definitivo do capitalismo.
  • A nova Política Económica (NEP. 1921-28)

    A nova Política Económica (NEP. 1921-28)
    As duras medidas do comunismo de guerra tiveron efectos negativos provocando o descontento co Goberno. Para evitar este que descontento popular se xeneralizase Lenin adoptou unha serie de medidas que se coñecen como NEP.
    Desapareceron as requisas obrigatorias, estabilizouse a moeda e permitia unha maior liberdade do comercio interior, liberalización das actividades económicas....
  • Fundación da URSS

    Fundación da URSS
    Co dereito á igualdade de todos os pobos de Rusia e o dereito á autodeterminación recoñeceronse as demandadas nacionalidades periféricas. En 1922 a Unión Federal destas republicas coa RSFS de Rusia deu lugar á fundación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas