O período de entreguerras

  • Lei Seca

    Lei Seca
    Como consecuencia das ideoloxías puritanas que se estenderon polos Estados Unidos a comezos do século XX, aprobouse a Lei Seca en 1919 que prohibía fabricar, vender e consumir bebidas alcohólicas. A súa aplicación deu lugar a un tráfico clandestino de alcohol de inmensas proporcións que contribuíu á aparición da delincuencia organizada en bandas de gánsters.
  • Inicio da hiperinflación en Alemaña

    Inicio da hiperinflación en Alemaña
    O termo hiperinflación fai referencia ao desorden monetrario provocado pola subida rápida e incontrolada dos prezos. A moeda do país que a padece perde o seu valor. Para adquirir mercancías e servicios é necesario o desembolso de grandes cantidades de numerario. Pola súa parte, os salarios crecen a menor ritmo que os prezos e con iso erosionase o seu poder adquisitivo. A masa monetaria circulante é enorme, pero o seu valor nominal non se corresponde co real.
  • Conferencia de Xénova

    Conferencia de Xénova
    A Conferencia de Xénova foi a Segunda Conferencia Monetaria Internacional convocada pola Sociedade de Nacións que tivo lugar na cidade italiana de Xénova do 10 de abril ao 19 de maio de 1922. Reuníronse alí 34 países en búsqueda de acordos para a reconstrución do comercio e o sistema financieiro internacional, tras a Primeira Guerra Mundial. A proposta que se derivou da conferencia foi a instauración do denominado patrón ouro.​
  • Plan Dawes

    Plan Dawes
    Denomínase así ao proxecto que o financieiro e político norteamericano Charles Dawes propuxo para reducir as cantidades que Alemaña se vía obrigada a abonar aos vencedores (especialmente a Francia) en concepto de reparacións de guerra. Contemplaba a flexibilización dos pagos e, sobre todo, a concesión de importantes créditos que dinamizaran a economía xermana.
  • Acordos de Locarno

    Acordos de Locarno
    Os acordos de Locarno foron oito pactos firmados por Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Italia, Bélxica, Polonia e Checoslovaquia de garantías mutuas polos que Alemaña se comprometía a respectar as fronteiras occidentais establecidas no Tratado de Versalles e a recorrer á arbitraxe no caso de conflito nas súas fronteiras orientais. Estes acordos normalizaron as relacións internacionais, diminuíron a tensión en Europa e afianzaron a expansión económica europea na segunda metade da década dos 20.
  • Pacto Briand-Kellogg

    Pacto Briand-Kellogg
    Case todas as nacións do mundo asinaron
    o Pacto Briand- Kellogg, no que se renunciaba á guerra como medio de solucionar os conflitos internacionais e acatar a arbitraxe da Sociedade de Nacións. Houbo múltiples matices a este compromiso, por exemplo, a guerra en defensa propia, as obrigacións militares que xurdisen do pacto da liga de Nacións, a doutrina Monroe ou os tratados de alianza acordados tras a I Guerra Mundial.
  • Plan Young

    Plan Young
    O Plan Young foi un programa establecido para resolver o problema das reparacións de guerra impostas a Alemaña ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, mediante o Tratado de Versalles de 1919. O Plan Young substituíu ao Plan Dawes, que fixaba montos elevados de pago anual en calidade de reparacións de guerra. En canto se fixo evidente que Alemaña nunca podería cumprir tales compromisos por un prazo indefinido, os países vencedores da Gran Guerra decidiron buscar outras alternativas.
  • Crac de 1929

    Crac de 1929
    En setembro de 1929, debido á superprodución e á especulación na Bolsa, apareceron dificultades e vacilacións na Bolsa de Nova York. Na última semana de outubro de 1929 todo veuse abaixo. O día 24 (xoves negro), puxéronse á venda preto de 13 millóns de accións, mentres que a demanda alcanzaba niveis insignificantes. A intervención dos grandes bancos e industriais do mercado de Nova York contivo a caída, pero o martes 29 o afundimento era total. Isto provocou unha crise xeral nos Estados Unidos.
  • Gran Depresión

    Gran Depresión
    A hexemonía económica e financieira dos Estados Unidos e a interconexión económica mundial fixeron que a crise norteamericana se xeneralizase e se convertese nunha crise mundial (coa excepción da URSS). Esta crise provocou en Europa e América Latina un proceso en cadea de afundimento dos seus sistemas financieiros e monetarios, caída das Bolsas, ruína e peche de empresas e o aumento do desemprego.
  • New Deal

    New Deal
    O presidente norteamericano Franklin Delano Roosevelt puxo en marcha un conxunto de reformas económicas coñecido como New Deal entre 1933 e 1938. A súa política económica, inspirada en Keynes, tiña como obxectivo soster ás capas máis pobres da poboación, reformar os mercados financieiros e redinamizar unha economía estadounidense ferida desde o crac do 1929 polo desemprego e as quiebras en cadena.