timeline

  • Comercio triangular

    Comercio triangular
    Unha das rutas principais do comercio colonial que se levou a cabo entre Europa, África e América. Os barcos partían de Europa con produtos manufacturados que eran cambiados en África por escravos, os cales eran vendidos posteriormente en América aos donos das plantacións. Os barcos volvían a Europa cargados de produtos coloniais como café, azucre ou tabaco.
    O comercio colonial favoreceu aos bancos e ás compañías de comercio, aumentou os créditos, e supuxo un gran movemento de capitais.
  • Period: to

    FINAIS DO ANTIGO RÉXIME

  • Luis XIV, rei de Francia

    Luis XIV, rei de Francia
    Tamén chamado Rei Sol, foi un monarca absoluto francés de dereito divino.
  • Habeas Corpus

    Habeas Corpus
    Lei que tivo que aceptar o monarca Carlos II e que lle garantía a todo detido comparecer perante un xuíz e poder defenderse.
  • The Bill of Rights

    The Bill of Rights
    Declaración de Dereitos que tivo que aceptar Guillerme de Orange tras ser elixido monarca polo Parlamento inglés. Esta limitaba os poderes do monarca e sometía algunhas das súas decisións ao Parlamento.
    A monarquía parlamentaria inglesa contaba con separación de poderes, onde o rei controlaba o poder executivo.
    O poder lexislativo estaba en mans do Parlamento, que votaba as leis e controlaba o goberno. A cámara dos Comúns elixíase por sufraxio censatario.
    O poder xudicial era independente.
  • Ilustración

    Ilustración
    Movemento intelectual que critica as bases do Antigo Réxime e defende o uso da razón e un sistema político baseado na liberdade e na igualdade.
    Algúns monarcas adoptaron estas ideas e, sen deixar de ser monarcas absolutos, levaron a cabo experiencias reformistas (despotismo ilustrado). "Todo para o pobo pero sen o pobo".
  • Emprego do carbón de coque

    Emprego do carbón de coque
    A necesidade de ferro para a maquinaria, construción de pontes e produción de armamento, estimularon a industria siderúrxica. Abraham Darby ideou un método que utilizaba o carbón de coque para lograr a temperatura necesaria para fundir o ferro.
  • Tratado de Utrecht

    Tratado de Utrecht
    Supuxo a fin da Guerra de Sucesión á Coroa española, cun declive do seu imperio e o reinado da monarquía borbónica, e a remodelación do mapa Europeo.
    Obtiveron beneficios territoriais Rusia e Prusia, que xunto con Francia e Austria se afirmaron como grandes potencias; o Ducado de Savoia e as Provincias Unidas.
    Gran Bretaña foi o que obtivo maior proveito, pois conseguiu o monopolio do tráfico de escravos con América e se consolidou, xunto con Holanda, como a gran potencia marítima e comercial.
  • Sistema Norfolk

    Sistema Norfolk
    Rotación cuadrienal de cultivos que combinaba a semente de cereais, que empobrecen a terra, coa de plantas forraxeiras que a enriquecen porque axudan a fixar nitróxeno no solo.
    Permitiu suprimir o barbeito e ampliar a superficie cultivada. O crecemento da produción de forraxe fixo que aumentara a cabana gandeira, cuxo esterco contribuíu a mellorar a fertilidade da terra.
  • Lanzadeira voante

    Lanzadeira voante
    Con ela iniciouse a mecanización do tecido, que aumentou a velocidade do tecido e permitiu darlles maior ancho ás pezas.
    Posteriormente apareceron as fiadoras Jenny que funcionaban a vapor e aumentaron a productividade do fiado.
    En 1786 apareceu o primeiro tear mecánico movido pola forza do vapor.
    O incremento da produción de tecidos (industria algodoeira) estimulou a industria química, pois requería blanqueadores e tinturas.
  • Enclosure Acts

    Enclosure Acts
    Leis de cerramento apobadas polo Parlamento inglés entre 1760 e 1840 para legalizar o proceso que acababa cos openfields.
    Estas leis beneficiaron aos grandes propietarios que se apoderaron das terras comunais e melloraron a productividade ao aumentar, agrupar e cercar os seus terreos.
  • Period: to

    A NOVA ERA INDUSTRIAL

  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    Foi patentada por James Watt e accionada mediante a combustión de carbón. Permitiu poñer en marcha todo tipo de máquinas industriais e agrícolas ademáis de medios de trasporte como o barco de vapor
  • Period: to

    Etapa liberal burguesa

  • A convocatoria dos Estados Xerais

    Ante a proposta dunha reforma fiscal(que os privilexiados pagasen impostos), a nobreza rebelouse e esixiu a convocatoria dos Estados Xerais.
    O Terceiro Estado esixía o voto por cabeza e non por estamento pero ante a negativa do rei Luis XVI e dos privilexiados, constituíronse en Asamblea Nacional xunto con algúns nobres e clérigos, reclamando unha Constitución en Francia. O 27 de xuño os Estados Xerais transformáronse en Asamblea nacional Constituínte.
  • A Toma da Bastilla

    A Toma da Bastilla
    Ante a ameaza dunha reacción dos privilexiados e do exército real, surxiu unha revolta popular que significou a irrupción do pobo raso na revolución. O 14 de xullo, o pobo de París asaltou a Bastilla, prisión e símbolo do absolutismo.
  • Constitución

    Constitución
    Despois de ser abolidos os privilexios e os dereitos feudais de nobreza e clero, e aprobarse a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán; a Asamblea Nacional Constituínte elaborou unha Constitución, en 1791.
    O monarca tiña o poder executivo; o Parlamento, o lexislativo e os xuíces eran independentes(poder xudicial).
    Estableceuse o sufraxio censatario e a aprobación da Constitución supuxo en Francia unha monarquía constitucional e deu paso a unha nova Asamblea Lexislativa.
  • Period: to

    Etapa republicana

  • O Asalto ás Tullerías

    O Asalto ás Tullerías
    Os sans-culottes, apoiados por xacobinos e xirondinos ademáis de polos batallóns de provincias que acudiron a defender a capital, foron protagonistas dunha insurreción. O 10 de agosto de 1792, asaltaron o Palacio das Tullerías e detiveron o monarca, Luis XVI, a súa dona, María Antonieta, e o resto da familia, esixindo a fin da monarquía.
    A Convención Nacional, elixida por sufraxio universal, proclamou a República.
  • Asasinato de Luis XVI

    Asasinato de Luis XVI
  • Constitución

    Constitución
    Tras a caída de Robespierre(líder xacobino), a Convención pasou a estar controlada de novo polos sectores burgueses. En 1795 aprobouse a Constitución que restableceu o sufraxio censatario, creou o Directorio e elaborou un corpo lexislativo formado polo Consello dos Cincocentos e o Consello dos Anciáns.
  • Period: to

    República burguesa e bonapartismo

  • Golpe de Estado de Napoleón Bonaparte

    Napoleón Bonaparte, membro do Directorio, tiña éxito na política exterior e as clases acomodadas pensaron que podía garantir a revolución liberal e evitar os excesos democráticos dos sectores populares. Co apoio da burguesía e do exército, deu un golpe de Estado e concentrou todo o poder nas súas mans.
  • Period: to

    As orixes do movemento obreiro

  • Napoleón emperador

    Napoleón emperador
  • Congreso de Viena

    Congreso de Viena
    Os vencedores de Napoleón quixeron restaurar as monarquías tradicionais e impedir a expansión das ideas liberais. Reuníronse no Congreso de Viena(1815), onde se restruturou o mapa de Europa en beneficio das grandes potencias co obxectivo de dominar os territorios que podían ser orixe de movementos revolucionarios.
  • Locomotora

    Locomotora
    Máquina de vapor capaz de transladarse sobre raís. Gracias a ela foi posible o ferrocarril, a verdadeira revolución no transporte. Achegou maior rapidez e capacidade de carga, menor custo por unidade transportada e máis seguridade para pasaxeiros e mercadorías.Por conseguinte foise creando una rede ferroviaria en Gran Bretaña e no resto de Europa.
  • Period: to

    As primeiras organizacións obreiras

  • Period: to

    Época vitoriana (GB)

  • Manifesto do Partido Comunista

    Manifesto do Partido Comunista
    Tratábase da primeira formulación do marxismo, publicada por Marx e Engels, unha corrente socialista que tería un impacto profundo no obreirismo e na cultura mundial.
    O marxismo defendía a necesidade de destruír a orde liberal e o sistema económico capitalista para crear unha nova sociedade máis igualitaria. Crían que a fin do capitalismo conseguiríase mediante a revolución do proletariado, organizado politicamente, para así lograr unha orde social sen clases.
  • Segundo Imperio

    En Francia, tras a represión de xuño de 1848, a burguesía apoiou o goberno autoritario de Luís Napoleón Bonaparte, que, en 1851, proclamou o Segundo Imperio e consolidou un modelo de liberalismo moderado.
  • Period: to

    Guerra de Secesión (EUA)

    Entre os Estados do norte e do sur existía unha división. Os do sur optaban por un modelo máis agrario e escravista e defendían un poder case total dos Estados. Os do norte querían a implantación do capitalismo industrial, a abolición da escravitude e unha maior autoridade do poder federal.
    Estas divisións levaron a unha cruenta e longa guerra civil, a Gerra de Secesión da que saíu vitorioso o norte. Impúxose o seu modelo de sociedade sen escravos, industrialista e profundamente capitalista.
  • Asociación (1ª) Internacional deTraballadores

    Asociación (1ª) Internacional deTraballadores
  • Dupla monarquía de Austria-Hungría

    Dupla monarquía de Austria-Hungría
    A partir de 1867, o emperador Francisco Xosé converteuse tamén en rei de Hungría(en Austria érao dende 1848) reinando sobre unha dupla monarquía.
    O emperador nomeaba, para o conxunto do Imperio, os ministros de Asuntos exteriores, de Guerra e de Finanzas, mentres que cada un dos reinos tiña un goberno e mais un parlamento propios e unha lei electoral propia e encargábase dos asuntos internos.
  • III República francesa

  • Period: to

    A DOMINACIÓN EUROPEA DO MUNDO

  • Period: to

    Rivalidade entre rusos e británicos

    O avance ruso polo Cáucaso e Asia central supuxo unha ameaza para os intereses do Imperio británico na zona da India. Afganistán, Persia e o Tíbet estiveron sometidos á influencia de ambos os dous imperios, que se disputaron o seu control ata o acordo anglo-ruso de 1907, que definiu as respectivas zonas de influencia.
  • Period: to

    AS GRANDES POTENCIAS

  • A Comuna de París

    A Comuna de París
    O pobo de París negouse á capitulación e protagonizou unha insurrección popular: a Comuna de París, que intentou poñer en marcha moitos dos ideais do pensamento socialista e democrático, pero o seu carácter espontáneo, á marxe da propia AIT, e a súa falta de conexión co resto do proletariado francés e europeo, conduciron ao seu fracaso, e foi reprimida polas tropas alemás e francesas unidas contra os seus principios.
  • Constitución Alemaña de Bismarch

    Constitución Alemaña de Bismarch
    A Alemaña do II Reich forxouse baixo a impronta do chanceler Bismarch e do kaiser Guillerme II (1871-1888). O réxime político asentado coa Constitución de 1871 amosaba un forte compoñente autoritario. Existía sufraxio universal masculino pero só para a elección do Reistag. Prusia posuía máis deputados ca os outros no Bundestang, cámara elixida por sufraxio censatario e que propuña as leis. O káiser nomeaba aos ministros sen contar co parlamento e eles eran responsables ante o emperador.
  • Partido Socialdemócrata Alemán

    Partido Socialdemócrata Alemán
    Foi o primeiro e o máis importante dos partidos políticos obreiros socialistas. Fundouse en 1875 baixo principios marxistas pero legalizouse en 1890.
    Combinaba o obxectivo revolucionario do socialismo e a loita para conseguir reformas inmediatas: sufraxio universal masculino e feminino, xornada de 8 horas, impostos progresivos sobre a renda, ensinanza laica, prohibición do traballo infantil, etc.
  • O Teléfono

    O Teléfono
    Foi patentado por Bell en 1876 e a súa expansión permitiu a difusión instantánea de información fronte ao antigo correo postal.
  • A Lámpada eléctrica con filamento

    A Lámpada eléctrica con filamento
    Foi creada por Edison e a fonte de enerxía era a electricidade, que ademáis de empregarse para a iluminación, serviu para a industria, as telecomunicacións, o ocio e o transporte.
    Xunto co petróleo, a aparición desta fonte de enerxía destronou o carbón.
  • O Taylorismo

    O Taylorismo
    Consistía en aumentar a produtividade mediante a especialización do traballo, deste xeito abaratar custos de produción e prezos.
    Este deulle paso ao fordismo, un sistema que combinaba a produción en serie cos incentivos salariais aos traballadores.
  • Tripla Alianza

    Tripla Alianza
    Entre Alemaña, o Imperio austrohúngaro e Italia.
    Os obxectivos principais eran consolidar a hexemonía alemá na política continental europea e, en particular, o illamento de Francia para evitar un posible revanchismo pola perda das rexións de Alsacia e Lorena tras a derrota en 1870.
  • O Vehículo con motor de gasolina

    O Vehículo con motor de gasolina
    Foi creado por Daimler-Benz e xunto con outros novos medios de transporte, reduciron o custo e a duración das viaxes. O petróleo e os seus derivados tiveron a súa principal aplicación como combustibles do motor de explosión nos primeiros automóbiles, nos barcos e na aviación.
  • A Segunda Internacional

    A Segunda Internacional
  • Guerra chinés-xaponesa

    O Xapón e a China entraron en guerra tras anos de rivalidade polo control de Corea. Xapón inflixiulle unha gran derrota ao Imperio chinés e afianzouse como potencia emerxente. Corea deixou de ser un Estado vasalo chinés e convertiuse nun protectorado xaponés en 1905.
  • Crise de Fachoda (Sudán 1898)

    Crise de Fachoda (Sudán 1898)
    Os intereses de Francia e de Gran Bretaña en África bateron en Fachoda cando ambos os dous quixeron ocupar unha zona estratéxica do alto Nilo. A superioridade militar dos ingleses obrigou aos franceses a retirarse.
  • Guerra entre Estados Unidos e España

    Estados Unidos declaroulle a guerra a España, en abril de 1898, coa excusa do afundimento do seu acoirazado Maine no porto da Habana, e en maio ambas as dúas forzas navais enfrontáronse na baía de Manila. España sufriu unha rápida derrota militar e na Paz de París renunciou a Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam.
  • Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso

    Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso
    O desenvolvemento do proletariado supuxo a difusión do marxismo e,en 1898, fundouse o Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso.
  • Bolxeviques e menxeviques

    En 1904, o POSDR dividiuse en bolxeviques, liderados por Lenin e menxeviques. Os segundos constituían un partido de masas que seguía as directrices da II Internacional, mentres que os primeiros propugnaban un novo tipo de partido máis minoritario, cunha organización ríxida e centralizada e integrado por unha elite de revolucionarios disciplinados dispostos a tomar o poder pola forza.
  • Period: to

    Crises marroquís

    Enfrontaron Alemaña e Francia ante a pretensión francesa de establecer un protectorado en Marrocos. A Conferencia de Alxeciras estableceu un protectorado franco-español co apoio de Gran Bretaña.
  • Guerra ruso-xaponesa

    Os xaponeses, co apoio dos británicos, detiveron o expansionismo ruso por Manchuria e o norte de Corea. O Imperio xaponés, que xa ocupaba as illas Kuriles e Formosa (Taiwán), anexionou Corea en 1910.
  • A Revolución de 1905

    A Revolución de 1905
  • Triplo Acordo

    Triplo Acordo
    Francia e Rusia, que se sentían ameazadas por Alemaña, asinaron un acordo en 1892. Asemade, Francia asinou con Gran Bretaña, que temía a rivalidade de Alemaña no comercio marítimo, o Acordo Cordial en 1904. Estas alianzas para conter Alemaña desembocaron na creación dun Triplo Acordo en 1907.
  • Anexión de Bosnia-Hercegovina

    Anexión de Bosnia-Hercegovina
    A anexión de Bosnia-Hercegovina por parte do Imperio austrohúngaro provocou a indignación de Rusia e foi a orixe das dúas guerras balcánicas que se sucederon.
  • A guerra de movementos

    A guerra de movementos
  • Period: to

    A Primeira Guerra Mundial

  • Asasinato en Saraxevo

    Asasinato en Saraxevo
    O detonante da guerra foi o asasinato en Saraxevo, capital de Bosnia, do herdeiro da coroa austríaca, o arquiduque Francisco Fernando.
    Animada por Alemaña, Austria declaroulle a guerra a Serbia, acusada de organizar o atentado.
    A partir dese momento púxose en marcha o xogo de alianzas, e nunha semana toda Europa entrou en guerra.
  • Period: to

    A guerra de trincheiras

  • A Revolución de febreiro de 1917

  • Regreso de Lenin

    Regreso de Lenin
    O goberno provisional permitiu o regreso a Rusia dos exiliados políticos do tsarismo, entre eles chegou a Petrogrado Lenin, dirixente bolxevique. Este defendía que a revolución que acababa de producirse debía superar a fase liberal-burguesa que representaba o goberno provisional e converterse nunha revolución proletaria, que acabase co capitalismo e a burguesía e lles outorgase o poder aos obreiros e aos campesiños (ditadura do proletariado).
  • O Tratado de Brest-Litovsk

    O Tratado de Brest-Litovsk
    Asinado en marzo de 1918 entre Rusia,pois decidiu abandonar a guerra polo triunfo dunha revolución, e Alemaña.
  • Execución de Nicolao II

    Execución de Nicolao II
    No medio do clima de violencia da guerra civil e ante o temor de que o tsar puidese ser rescatado polo Exército Branco, en xullo de a918 Nicolao II e a súa familia foron executados polos bolxeviques en Ekaterinburgo, onde se achaban prisioneiros.
  • Period: to

    A guerra civil

  • O armisticio

    O armisticio
    Na fronte balcánica, británicos, franceses e italianos derrotaron, respectivamente a turcos, búlgaros e austríacos. O 3 de novembro, o Imperio austrohúngaro rendeuse e o seu emperador abdicou.
    Na fronte occidental, os aliados gañaron na zona do Marne e o exército alemán retirouse. A partir de setembro, o Reich empezou a afundirse: a mariña amotinouse e estalou unha revolución inspirada no modelo ruso. O 9 de novembro, o káiser abdicou, proclamouse unha república e asinouse o armisticio o día 11
  • Conferencia de París

    Conferencia de París
    En 1919, os países vencedores reuníronse en París para preparar uns tratados de paz que remodelasen Europa.
    O presidente dos EUA propuxo un programa de 14 puntos para negociar a paz.
    Establecéronse cinco tratados, un dirixido a cada país vencido, e todos eles tiveron que pagar reparacións de guerra e ceder territorios aos vencedores.
    O máis importante foi o de Versalles, que obrigaba a Alemaña a recoñecer a súa responsabilidade na guerra e que lle impoñía condicións moi severas.
  • A Sociedade de Nacións

    A Sociedade de Nacións
    Foi unha proposta do presidente estadounidense Wilson e tratábase dunha organización internacional que debía garantir a paz no futuro e fomentar a colaboración e a cooperación entre Estados.
  • As democracias ante a crise

    As democracias ante a crise
  • Period: to

    Os Felices Anos 20

  • Partido Nacional Fascista

    Partido Nacional Fascista
    En novembro de 1921 Mussolini fundou o PNF que alcanzou rapidamente os 7000000 afiliados. Dotou o partido dun programa populista no social, pero defensor da propiedade privada e fortemente nacionalista e militarista. Tamén adoptou unha simboloxía propia: a camisa negra como uniforme e o saúdo á romana co brazo en alto, e o fascio como emblema.
  • Creación da URSS

    Creación da URSS
    Finalizada a guerra civil, en 1922 creouse a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, que abranguía distintas repúblicas autónomas e federadas.
  • Mussolini xefe de goberno

    Mussolini xefe de goberno
    En outubro de 1922 os fascistas inciaron a denominada marcha sobre roma, un golpe de estado encuberto no que o rei Victor Manuel III, presionado, nomeou a Mussolini xefe de goberno aínda que este mantivo a monarquía como forma de Estado.
  • A Constitución soviética de 1923

    Estableceu un novo modelo de Estado baseado nos sóviets, que negaba as eleccións libres e o parlamentarismo.
    Estes principios marcaron a estrutura política do Estado soviético, que foi reafirmada por Stalin e se mantivo con moi poucos cambios ata a fin da URSS.
  • Ditadura fascista

    En 1925 Mussolini iniciou a instauración da ditadura fascista que se caracterizou pola supresión da democracia, a concentración de todos os poderes, creación dun Estado corporativo, establecemento das relacións co Vaticano, inicio dunha política exterior expansionista e aprobación de leis raciais.
  • Ascenso do partido nazi

    Ascenso do partido nazi
    Ao saír de prisión, o liderado de Hitler dentro do partido reforzárase. Era coñecido como Fürer e en 1925 creou a súa propia milicia, a SS.
    Hitler elaborou unha estratexia para chegar a o poder por vía parlamentariae converteu o partido nunha organización de masas que rápido obtivo seguidores.
  • A febre bolsista

    A economía estadounidense veuse afectada pola sobreprodución, deste xeito, chegou un momento no que a demanda medraba máis amodo que os beneficios e a xente empezou a comprar accións na Bolsa. A alza do valor das accións foi xerando unha burbulla especulativa, na que o prezo das accións aumentou sen ter relación co valor real da empresa.
  • Stalin no poder

    Stalin no poder
    Na loita pola sucesión de Lenin, Stalin conseguiu facerse co poder, encarcerar a Troski e mandalo ao exilio, pois manexaba os resortes internos do partido.
    O resultado foi o establecemento dun poder autoritario, o reforzamento do partido e dos seus métodos centralistas de decisión e a imposibilidade de calquera vía de participación democrática.
  • O crac bolsista de 1929

    O crac bolsista de 1929
  • O New Deal de Roosevelt

    O New Deal de Roosevelt
    O New Deal foi unha nova política que puxo en práctica o presidente dos Estados Unidos Roosevelt para superar a crise económica e paliar os seus efectos sociais. O seu programa defendía a intervención pública, considerada necesaria para saír da depresión.
    Promulgáronse axudas para o pagamento de hipotecas, a Lei de Axuste Agrario, a lei de relacións laborais ou un seguro de desemprego, entre outros.
  • Hitler chanceler

    Hitler chanceler
    Tras a crise de 1929 e o fracaso da República de Weimar, o Partido Nacionalsocialista adquiriu unha forza imparable, pois pensaban que só Hitler lles podería proporcionar a cada cidadán e a Alemaña un futuro de grandeza e prosperidade.
    Tras o nomeamento como chanceler, Hitler procedeu a establecer, moi rapidamente, un réxime totalitario en Alemaña.
  • Leis de Nuremberg

    Leis de Nuremberg
    Leis de caracter racista e antisemita que formaron parte da lexislación racial da Alemaña nazi.
  • A proposta keynesiana

    A proposta keynesiana
    Tamén chamada multiplicador keynesiano, foi unha proposta que defendía o investimento do Estado aumentando o gasto público. Aínda que iso crease déficit, este gasto aumentaría o emprego e con el o consumo e a demanda nunha proporción maior ao importe.
  • Constitución URSS

    A Constitución de 1936 definía a URSS como un Estado socialista de obreiros e de campesiños que se fundamentaba na representatividade dos sóviets.
    Formalmente era un Estado federal e democrático, que recoñecía as diversas nacionalidades, o sufraxio universal, a división de poderes e os dereitos dos cidadáns.
    En realidade, os dereitos e as liberdades eran inexistentes e o control de todas as institucións do Estado por parte do PCUS era absoluto.
  • URSS terceira economía mundial

    En 1939, a URSS experimentara un gran crecemento económico que a convertera na terceira economía mundial, tan só por detrás dos Estados Unidos e de Alemaña.