AS ETAPAS DA HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

By Xocas
  • O SÉCULO DAS LUCES: A ILUSTRACIÓN

    O SÉCULO DAS LUCES: A ILUSTRACIÓN
    Xorde un movemento intelectual que pon en dúbida e critica o que se viña en chamar Antigo Réxime (Absolutismo e Sociedade estamental, en que o monarca e nobres ostentaban o poder). Os ilustrados pensaban que podían iluminar o mundo ( segundo eles nas tebras ) coas luces da razón.
  • Jonh Locke

    Jonh Locke
  • Period: to

    A CONSTRUCIÓN DO MUNDO CONTEMPORÁNEO: AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS (LIBERALISMO E REVOLUCIÓN INDUSTRIAL )

    Durante aproximadamente un século, unha nova clase social – a burguesía – foi levando a cabo dous tipos de transformacións:
    - Económicas: a revolución industrial ( a do carbón e a máquina de carbón, o ferrocarril )
    - Políticas: as revolucións, primeiro en Francia ( 1789 ) e logo no resto de Europa ( 1820, 1830, 1848 )
    Consolidan así a súa ideoloxía económica e política: o Liberalismo.
  • Period: to

    A ÉPOCA DOS IMPERIALISMOS E A 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

    Dúas clases sociais: a burguesía (que monopoliza o poder social, económico e político) e o proletariado, a clase obreira (campesiños e obreiros)
    Os primeiros buscan manter o seu poder e aumentar os seus capital; os segundos, mellorar as súas condicións de vida e traballo.
    Lévase a cabo unha segunda revolución industrial que cambia o mundo: o petróleo, a electricidade, o motor de combustión interna, o automóbil...
    Europa lánzase á conquista dos “espazos baleiros de poder” en África e Asia
  • I Guerra Mundial

    I Guerra Mundial
    Debido a rivalidades entre as potencias europeas, estala a I Guerra Mundial (1914-18)
  • Period: to

    DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

    Debido a rivalidades entre as potencias europeas, estala a I Guerra Mundial (1914-18). Mentres tanto, en 1917 os bolxeviques poñen fin ao réxime dos tsares en Rusia: e a Revolución – comunista–rusa.
    Unha vez rematada a I Guerra Mundial e debido á situación en Europa (sobre todo en Alemaña), agravada pola gran crise económica de 1929, crecen as ideoloxías totalitarias (fascistas-a Italia de Mussolini-e nazis- Alemaña de Hitler), que conducen a unha rúa sen saída: a II Guerra Mundial (1939 – 45).
  • Revolución Comunista Rusa

    Revolución Comunista Rusa
    Os bolxeviques poñen fin ao réxime dos tsares en Rusia: e a Revolución – comunista – rusa.
  • Ideoloxías Totalitarias

    Ideoloxías Totalitarias
    agravada pola gran crise económica de 1929 (o Crack do 29), crecen as ideoloxías totalitarias (fascistas - a Italia de Mussolini - e nazis- a Alemaña de Hitler).
  • II Guerra Mundial

    II Guerra Mundial
    Crecen as ideoloxías totalitarias,que conducen a unha rúa sen saída: a II Guerra Mundial (1939 – 45).
  • Period: to

    CARA AOS XXI

    Nos últimos anos, a globalización, a tecnoloxía dixital, internet fixeron do mundo o que algúns denominan unha “aldea global“. Pero nun mundo que acadou tal grao de avance económico, industrial, científico e tecnolóxico, aínda hai case mil millóns de persoas que pasan fame, grandes desigualdades, o cambio climático, o problema dos residuos ...
  • Guerra Fría

    Guerra Fría
    Da II Guerra Mundial saíron dous grandes vencedores: EE.UU. (capitalista) e a URSS (comunista), que se ven enfrontadas na chamada Guerra Fría, cun escenario principal en Europa (co chamado “pano de aceiro”) e outros secundarios ( Vietnam, Corea ...).
  • Procesos de Independencia

    Procesos de Independencia
    Mentres, nos anos sesenta, os países africanos e asiáticos colonizados no s XIX polas potencias europeas, comezan os seus procesos de independencia. Como exemplo máis coñecido podemos citar á India de Ghandi.
  • Cae o Muro de Berlín

    Cae o Muro de Berlín
    1989 é un ano crucial para Europa e para o mundo. Cae un símbolo –o Muro de Berlín– e con el a Guerra Fría (desaparace a URSS ).
  • Atentado as Torres Gemelas

    Atentado as Torres Gemelas
    O 11 setembro de 2001 un ataque de Al Qaeda ao World Trade Center de Nova York ( as Torres Xemelgas ) a cargo dun grupo terrorista islámico parece poñer sobre a mesa o enfrontamento entre o Islam e o sistema capitalista occidental. Boa proba diso son a Guerra de Afganistán ou a de Irak