-
-
Napoleón cruza España para invadir Portugal co permiso de Carlos IV e o primeiro ministro Manuel Godoy.
-
Foi un levantamento militar motivado pola mala xestión do ministro Godoy. Algunhas das causas máis destacadas son a escaseza de materias primas que proviñan de América ou o descontento da nobreza e o clero.
-
España, Reino Unido e Portugal uniron as súas forzas para loitar contra o exército napoleónico. Pretendían acabar co avance de Napoleón, que quería nomear ao seu irmán Xose como o novo rei de España.
-
Foron unha serie de abdicacións forzadas nas que Carlos IV e Fernando VII renunciaron aos seus dereitos á coroa a favor de Napoleón, que pretendía establecerse na península ibérica.
-
As Cortes abriron as súas portas para recibir a uns trescentos deputados cuxos principios eran a soberanía nacional, a igualdade ante a lei e a defensa da propiedade privada.
-
As Cortes Xerais de Cádiz aproban finalmente a chamada Constitución de Cádiz ou Pepa, dado a que se asinou o día de San Xosé. É unha das constitucións españolas máis liberais.
-
O rei Fernando VII volve a ocupar o trono en España tras a expulsión de Xosé Bonaparte e as tropas francesas. Durante os primeiros seis anos do seu reinado, restableceu o absolutismo anterior ao periodo constitucional.
-
O pronunciamento do Coronel Rafael del Riego propiciou que Fernando VII fose obligado a xurar pola Constitución Española de 1812 e a suprimir a Inquisición. Os liberais toman o poder.
-
Foi un período no que Fernando VII restaurou o absolutismo e se perseguiu ferozmente a todos os liberais.
-
Francia interviu militarmente en España para apoiar a Fernando VII na súa loita co liberalismo para poder así restablecer o rexime absolutista.
-
María Cristina ocupou o trono español mentres a súa filla, Isabel, era menor de idade. Tivo que facer fronte á Guerra Carlista aliándose cos liberais.
-
Foi unha guerra civil entre os carlistas, partidarios do infante Carlos de Borbón e o seu réxime absolutista, e os isabelinos, defensores de Isabel II e o seu goberno liberal. Estes últimos contaban co apoio de Portugal, Francia e Reino Unido.
-
Mendizábal puxo en marcha un proceso de expropiación forzosa aos bens da Igrexa católica, co obxectivo de facer fronte aos custos da guerra contra os carlistas e alimentar as arcas públicas do estado.
-
Foi unha iniciativa do Partido Progresista para aprobar unha constitución de consenso co Partido Moderado que permitise a alternancia dos dous partidos liberais sen que cada vez que cambiase o goberno houbese que cambiar a Constitución.
-
Tras unha revolución, María Cristina de Borbón ten que abandonar o país. Por este motivo, o xeneral Baldomero Espartero sucédea na rexencia.
-
Con tan só trece anos, Isabel II foi declarada maior de idade e tivo que xurar a Constitución ante as Cortes.
-
Durante dez anos os liberais conservadores do Partido Moderado detentaron en exclusiva o poder grazas ao apoio da Coroa, sen que os liberais progresistas tivesen a máis mínima oportunidade para acceder ao goberno.
-
Foi a norma suprema durante o reinado de Isabel II. Estivo vixente ata a proclamación da Constitución Española de 1869, aínda que houbo varios intentos para substituíla.
-
Foi un conflito bélico que tivo lugar fundamentalmente en Cataluña debido ao fracaso dos intentos de casar a Isabel II co pretendente carlista, Carlos Luís de Borbón.
-
Inaugúrase o ferrocarril coa línea Barcelona - Mataró . O ferrocarril foi un éxito total e contribuíu a facilitar o crecemento e a prosperidade do país.
-
O proxecto do Palacio das Cortes foi elaborado e executado polo arquitecto Narciso Pascual Colomer, sendo inaugurado pola raíña Isabel II.
-
Breve período no cal o Partido Progresista pretendeu reformar o sistema político de Isabel II, profundando nas características do réxime liberal tras o fracaso dos gobernos moderados da década anterior.
-
O Xeneral O' Donnell ascendeu ao poder despois de afirmar nas Cortes que estaba decidido a acabar co goberno progresista de Espartero.
-
Foi o goberno transitorio que se formou en España tras o triunfo da Gloriosa. Constitúe o primeiro período do Sexenio Democrático.
-
Foi unha sublevación militar que tivo lugar en España. Supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o inicio do Sexenio Democrático.
-
Foi abolida tras o pronunciamento de Martínez Campos (1874), que deu paso á Restauración Borbónica en España.
-
O seu reinado estivo marcado pola inestabilidade política. Os seus gabinetes non foron capaces de solucionar a crise, agravada polo conflito independentista en Cuba e unha nova guerra carlista.
-
Foi unha guerra civil entre os partidarios do Duque Carlos de Madrid e os gobernos de Amadeo I, a Primeira República e o Rei Alfonso XII.
-
Foi o réxime político vixente en España desde a súa proclamación polas Cortes ata o pronunciamento do Xeneral Martínez Campos, que deu lugar á restauración da monarquía borbónica.
-
É a etapa política desenvolvida baixo sistema monárquico que se estendeu ata a proclamación da Segunda República. O nome alude á recuperación do trono por parte dun membro da Casa de Borbón, Alfonso XII, despois da paréntese do Sexenio Democrático.
-
Foi a base da Restauración borbónica. Estivo vixente ata o Golpe de estado de Primo de Rivera, o que a converte na constitución máis lonxeva da historia de España ata este momento (47 anos).
-
Foi fundado polo ferrolán Pablo Iglesias Possé, constituíndo un dos partidos obreiros máis antigos de Europa, só superado polo Partido Socialdemócrata de Alemaña. Desde os seus inicios, aspiraba a agrupar aos obreiros españoles baixo a ideoloxía marxista.
-
Alfonso XII morreu de tuberculose no Palacio Real do Pardo.
-
É o período do reinado de Alfonso XIII de España no que debido a súa minoría de idade a xefatura do Estado foi desempeñada pola súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena.