-
-
A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, comandado por lord Nelson, e unha confederación franco-española, comandada polo francés Villeneuve. Venceu o bando británico aplastantemente, mais, coa importante perda do seu comandante, Horatio Nelson.
-
O Tratado de Fontainebleau foi asinado o 27 de outubro de 1807[1] na cidade francesa de Fontainebleau entre os respectivos representantes plenipotenciarios de Manuel Godoy, valido do rei español Carlos IV, e Napoleón Bonaparte. Nel estipulábase a invasión militar conxunta franco-española de Portugal e permitíase para iso o paso das tropas francesas por territorio español, sendo así o antecedente da posterior invasión francesa da Península Ibérica e da Guerra da Independencia.
-
-
Neste período de tempo tivo lugar o proceso de independencia da maioría das colonias españolas en América
-
O motín de Aranjuez foi un levantamento ocorrido entre o 17 e o 19 de marzo de 1808 nas rúas da localidade madrileña de Aranjuez, contra o goberno de Manuel Godoy, secretario de estado de Carlos IV e que estivo apoiado polo príncipe de Asturias, futuro Fernando VII.
-
A abdicación de Carlos IV foi realicada o 19 de marzo de 1808, pasando así o poder a Fernando VII o fillo do correspondente.
-
Por mor do Motín do 2 de maio tivo inicio a Guerra da Independencia ata 1814
-
Co nome de abdicacións de Baiona coñécense as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte quen, a continuación, cedería os dereitos ao seu irmán Xosé Bonaparte, que reinaría co nome de Xosé I. Ditas abdicacións tiveron lugar o 5 de maio de 1808 no castelo de Marracq da cidade francesa de Baiona.
-
-
-
Restitución da Constitución de Cádiz e do réxime liberal.
-
-
A Santa alianza envía un exército a España que busca reestiruir a Fernando VII e ao absolutismo no trono.
Execución de Rego -
Fernando VII derroga a Lei Sálica, o que lle permite á súa filla i¡Isabel subir ao trono.
E en 1833 morte do Rei estalido da primeira guerra Carlista -
Fernando VII derrogou a Lei Sálica e proclamou herdeira á súa filla Isabel
-
Durante a rexencia de María Cristina produciuse a primeira guerra carlista entre os partidarios de Isabel II e o seu tío Carlos, que finalmente rematou coa sinatura do Convenio de Vergara en 1839.
-
-
-
A desamortización eclesiástica de Mendizábal afectou aos bens do clero regular
-
-
A desamortización de Espartero afectou sobre os bens do clero secular
-
Para manter a orde pública, os liberais moderados crearon a Garda Civil no ano 1844
-
Goberno dos liberais moderados dirixidos por Narváez
-
-
Nesta etapa, o xeral Espartero volveu a presidir novamente o goberno
-
-
-
Neste período alternáronse no poder os unionistas de O'Donnel e os moderados de Narváez.
-
No ano 1866 os progresistas, demócratas e republicanos asinaron un tratado no que acordaron derrocar a Isabel II
-
En 1868 a revolución expulsou a Isabel II do trono