-
Abertura dos estados xerais en Versalles.
-
Os representantes do Terceiro Estado ao completo, acompañados dalgúns membros da nobreza e o clero (entre este o sacerdote Siéyes) abandonan os Estados Xerais fronte ao bloqueo dos mesmos e a negativa ao voto por cabeza.
-
Os representantes do Terceiro Estado, co apoio de cregos e baixa nobreza liberal, xuran non disolverse ata dotar a Francia dunha constitución.
-
Os Estados Xerais tranfórmanse en asemblea constituínte coa aprobación de Luís XVI. O obxectivo é dotar a Francia da primeira constitución da súa historia.
-
-
Luís XVI, aconsellado polos grandes nobres do reino, destitúe ao ministro Necker. O acto foi visto coma un golpe de man do monarca para demostrar o seu poder.
-
O pobo armado asalta a fortaleza da Bastilla, cárcere e símbolo da represión de Luís XVI.
-
Fronte ao descontrol, a inseguridade e os rumores, algunhas áreas rurais vense envoltas en revoltas e episodios espontáneos de violencia anti-señorial.
-
A Asemblea Nacional Constituínte abole mediante decreto os dereitos e privilexios feudais do clero e a nobreza.
-
A Asemblea Constituínte aproba a Declaración de Dereitos, con vocación de universalidade, na que se recollen os dereitos naturais do home, entre os que destacan a liberdade, a igualdade legal, a propiedade ou a resistencia á opresión.
-
O pobo de París, animado por un numeroso grupo de mulleres que protesta pola carestía dos produtos básicos, asalta os arsenais e marcha a Versalles a enfrontarse cos rexementos reais.
-
A Asemblea constituínte aproba a lei sobre constitución civil do clero, pola cal os bens e os membros da Igrexa pasan a ser controlados e mantidos polo Estado francés.
-
Luís XVI e parte da familia real son detidos en Varennes tras un intento de fuga cara Austria.
-
Apróbase a primeira Constitución de Francia, na que se recolle a forma de Estado monárquica, a división de poderes, o conepto de Soberanía Nacional e se fixa un tipo de sufraxio censatario.
-
-
Reúnense por primeira vez a Asemblea Lexislativa ou Nacional. Entre os deputados destacaban os clubes dos xirondinos (Brissot), os cordeliers (Marat) e os xacobinos (Robespierre).
-
A Asemblea Lexislativa decide declarar a guerra a Austria, gobernada pola dinastía Habsburgo á que pertencía Maria Antonieta.
-
As tropas voluntarias e as clases populares de París, apoiadas polos deputados máis progresistas, asaltan o palacio da Tullerías e deteñen á familia real.
-
Unha nova asembla, a Convención Nacional, elixida por sufraxio universal masculino, declara a república francesa.
-
As tropas francesas partidarias da revolución deteñen o avance do exercito prusiano na localidade de Valmy.
-
-
A Convención Nacional condena a Luís XVI a morrer na guillotina. A sentencia levouse a cabo fronte a unha multitude na praza da Concorde.
-
Levantamento contrarrevolucionario de base labrega e dirección nobiliar que tivo o seu centro na rexión da Vendée.
-
O Comite de Saúde (salvación) Pública creouse baixo a dirección de Robespierre. O seu obxectivo era a consecución dunha nova Francia, radicalmente humanista e revolucionaria.
-
Apoiados polos sans-culottes os deputados radicais, liderados polo clube xacobino, asaltan a Convención Nacional e toman o poder.
-
Apróbase a segunda Constitución francesa, na que se recolle a Soberanía Popular e o sufraxio universal masculino.
-
Jean- Paul Marat, figura pública próxima aos xacobinos é asasinado por unha simpatizante xirondina.
-
Durante este periodo, o goberno xacobino concentrou os poderes do Estado e perseguiu ferozmente aos seus inimigos políticos. As execucións públicas contáronse por miles.
-
A Lei de Sospeitosos pretendía rematar cos inimigos da revolución: nobres, especuladores, funcionarios,...
-
A Lei de Maximum Xeral estableceu límites a prezos e salarios co obxectivo de reducir as diferencias sociais e garantir o acceso popular aos produtos básicos.
-
A antiga raíña foi xulgada, condenada e executada en nome da República francesa.
-
Un numeroso grupo de opositores a Robespierre protagoniza un golpe de Estado contra o Comite de Saúde Pública. Robespierre e outros líderes xacobinos serán guillotinados ao día seguinte.
-
-
-