Codice calixtino

GALICIA MEDIEVAL. DENDE A ALTA IDADE MEDIA HATA OS REIS CATÓLICOS

  • 476

    Caída do Imperio Romano de Occidente

    Caída do Imperio Romano de Occidente
    Coa deposición do derradeiro emperador, Rómulo Augústulo, a mans de Odoacro, xefe dos hérulos, ponse fin ao Imperio Romano de Occidente. Este acontecemento marca o inicio da Idade Media.
  • 711

    Comezo da conquista musulmana da Península Ibérica

    Comezo da conquista musulmana da Península Ibérica
    A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
  • Period: 711 to 1483

    A Idade Media en Galicia

    Repasaremos os sucesos máis importantes que aconteceron dende a chegada dos musulmáns a Península Ibérica hata o sometemente de Galicia aos Reis Católicos.
    1. GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA (711-1037)
    2. A PLENA IDADE MEDIA (1037-1284)
    3. A BAIXA IDADE MEDIA (1284-1474)
    4. GALICIA E OS REIS CATÓLICOS
  • Period: 718 to 925

    Reino de Asturias

    Foi fundado no 718 polo nobre visigodo Paio de Asturias. Foi a primeira entidade política cristiá establecida trala invasión musulmá no 718 ou 722.
    A carencia de fontes historiográficas que aludan a un Reino de Asturias, xunto coa narración mítica da orixe do reino, fai que unha grande parte dos estudosos dubiden da súa mesma existencia. Para esta parte da historiografía non se esta a respectar a literalidade da documentación, a cal fai sempre referencia ao Reino de Galicia.
  • 843

    Ramiro I de Oviedo

    Ramiro I de Oviedo
    Rei de Asturias e Galicia (790-850).
    Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I.
  • Period: 910 to 1230

    Reino de León

    Este foi un dos reinos medievais da Península Ibérica que perviviu administrativamente ata o século XIX e que tivo a súa orixe no chamado territorio legionese, aquel que circundaba a cidade de León e que lle deu o nome ao reino.
  • 1100

    Era Compostelá

    Era Compostelá
    No século XII, coñecido coma a Era Compostelá, Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
  • Period: 1230 to

    Coroa de Castela

    Esta foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza.
  • 1347

    Crise do século XIV

    Crise do século XIV
    Na Baixa Idade Media Galicia asistirá a unha profunda crise demográfica e a unha lenta recuperación, acompañada dunha contracción da produción agrícola.
    O campesiñado foi quen máis sufriu as consecuencias das fames e os efectos dos andazos de peste ao longo do s. XIV.
  • Period: 1366 to 1369

    Primeira Guerra Civil Castelá

    A Primeira Guerra Civil Castelá foi un conflito que se produciu entre os partidarios do rei Pedro I de Castela, o Cruel para a nobreza ou o Xusticieiro para o pobo, e os partidarios de Enrique II de Castela.
  • May 29, 1453

    Caída de Constantinopla

    Caída de Constantinopla
    Este foi un acontecemento histórico que, segundo a periodización clásica, marca a fin da Idade Media en Europa e a fin do derradeiro vestixio do Imperio Bizantino e da cultura clásica.
  • 1467

    Levantamento Irmandiño (1467-1469)

    Levantamento Irmandiño (1467-1469)
    O levantamento Irmandiño xorde do desexo de xustiza contra os abusos, violencias e malfeitorías que se perpetraban dende as fortalezas por parte dos señores. A base social da Irmandade atopámola en todos os sectores da sociedade galega da época. Obsérvase unha confluencia entre o campesiñado e as masas urbanas, unidas nas mesmas reivindicacións, na busca dunha maior xustiza e dunha paz interior inexistente durante todo o s. XV.
  • Period: 1479 to 1516

    Reis Católicos

    O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón en Castela vai supor a integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construír. Durante este reinado asistimos á desaparición da clase dirixente galega.
    Galicia quedará integrada no novo Estado autoritario que os Reis Católicos están a construír. Crearanse as institucións de Gobernador e a da Audiencia de Galicia para reforzar o poder real na nosa terra.
  • 1480

    Fernando de Acuña, Xustiza Maior de Galicia

    Fernando de Acuña, Xustiza Maior de Galicia
    O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra.
  • 1483

    Execución de Pardo de Cela

    Trala execución de Pardo de Cela no 1483 pódese dicir que a paz e a orde quedaron restauradas en Galicia.