Cocheewsa

Período de entre guerras

  • Lei seca

    Lei seca
    Na época dos felices anos 20, o goberno ve o alcohol como unha sustancia que perxudicaba gravemente o comportamento da súa poboación, polo tanto decidiuse que calquera actividade relacionada co alcohol sería totalmente prohibido, a súa venda, a súa fabricación ou o seu consumo. Isto provocou que se formaran bandas de gángsters que o producían clandestinamente, o líder máis importante destas foi Al Capone.
  • Inicio da hiperinflación en Alemania

    Inicio da hiperinflación en Alemania
    En 1921 na República de Weimar inciase unha subida masiva dos prezos, esto provocou que o marco alemán baixara o seu valor de forma incontrolada, e con esto os salarios crecen a menor ritmo que os prezos e a poboación reduce en gran medida o seu poder adquisitivo. A masa monetaria circulante é enorme, pero o seu valor nominal non se corresponde co real. Este suceso de gran subida de prezos e caída da moeda nacional coñécese como hiperinflación.
  • Lei de Cotas

    Lei de Cotas
    O conservadurismo e o puritanismo álzase en Estados Unidos, aparece a ideoloxía do home protestante, anglosaxón e branco. No entanto aparece esta lei, que consistía en aumentar as a seguridade das fronteiras e controlar fortemente a inmigración, non quería que outra cultura influíra na americana. Debido a esto, moitos europeos que tentaban emigrar a este país non o conseguiron.
  • Conferencia de Xénova

    Conferencia de Xénova
    A Conferencia de Xénova foi a Segunda Conferencia Monetaria Internacional convocada pola Sociedade de Nacións que tivo lugar na cidade italiana de Xénova. Reuníronse alí 34 países en procura de acordos para a reconstrución do comercio e o sistema financeiro internacional, levaron a cabo esta proposta en base á busca da estabilización da moeda garantindo o seu valor mediante o patrón-ouro.
  • Plan Dawes

    Plan Dawes
    Denomínase Plan Dawes ao programa que se negociou baixo o auspicio dos Estados Unidos para conseguir que os aliados vencedores da Primeira Guerra Mundial (sobre todo Reino Unido, Francia, e EE. UU.) conseguisen as súas reparacións de guerra establecidas no Tratado de Versalles,mentres que á vez buscábase estabilizar a economía de Alemaña e evitarlle maiores prexuízos como resultado dos devanditos pagos.
  • Acordos de Locarno

    Acordos de Locarno
    Reuníronse en Locarno (Suíza) os países: Alemaña, Francia, Reino Unido, Italia, Bélxica, Polonia e Checoslovaquia mediante a SDN para distendir as tensións da posguerra. Comprometéronse a solucionar os problemas mediante o tribunal da Haia, Alemaña renuncia totalmente a Alsacia e Lorena e Francia e Bélxica abandonan a cunca mineira do Rhur.
  • Pacto Briand-Kellog

    Pacto Briand-Kellog
    En Francia, o ministro de asuntos exteriores propónlle ao resto de nacións que os conflictos non se solucionaran mediante a violencia e a guerra, pero que seguiría existindo o dereito á lexítima defensa e os acordos entre os países belixerantes da Gran Guerra seguirían a levarse a cabo.
  • Plan Young

    Plan Young
    O plan Young foi un programa estabelecido entre 1929 e 1930 para resolver ou problema dás reparacións de guerra impostas a Alemaña ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, mediante ou Tratado de Versalles de 1919. Ou Plan Young substituíu ou Plan Dawes de 1924, que fixaba montos elevados de pagamento anual en calidade de reparacións de guerra. En canto se fixo evidente que Alemaña nunca podería cumprir tales compromisos por un prazo indefinido.
  • Crac da Bolsa de Nova York

    Crac da Bolsa de Nova York
    Debido a superprodución e a especulación nos valores da bolsa, esta cae en picado até tocar fondo en 1932, esto desencadeu en diferentes crises: bancaria e financieria, agrícola, social e industrial e comercial. Ademáis os EEUU tiñan gran influencia no resto de economías a nivel global, o que fixo que estas decaeran tamén, sobre todo nos países europeos.
  • Gran Depresión dos anos 30

    Gran Depresión dos anos 30
    Etapa marcada por unha profunda recesión que se estendeu ao longo da da década dos Trinta e que tivo serias repercusións non só no ámbito económico, senón tamén no social e político. Supuxo unha importante fochanca na produción, desaxustes no mercado laboral e contribuíu á exaltación do ultranacionalismo e autoritarismo fascistas.