HISTORIA DE GALICIA.

  • Comezo da alta idade media
    711

    Comezo da alta idade media

    Coa chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada.
  • Period: 711 to 1037

    GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA

    A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.
    Mentres que a sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder.
  • Ramiro I
    842

    Ramiro I

    Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I.
  • Ordoño I
    850

    Ordoño I

    Gallaecia vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano fundamentalmente no reinado de Ordoño I.
  • Sepulcro do apóstolo
    1037

    Sepulcro do apóstolo

    A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares.