-
As figuras vexetais dos capiteis non rompen o marco arquitectónico, confirmando a subordinación das figuras ao marco que caracteriza ao primeiro Románico. Trátase de motivos simples e esquemáticos. A escultura románica tiña un fin decorativo: era creada para decorar o templo e non como estatuaria exenta, polo que nesta época non é posíbel entender a escultura separada da arquitectura (...)
-
O dintel, gravado a bisel, destaca pola súa moita profundidade e intensidade. Represéntase a un Cristo Pantócrator rodeado por seis anxos e dous arcanxos. Dáse unha total subordinación da figura ao marco.
-
No centro do dintel atopamos ó Salvador, encerrado nunha mandorla que portan dous anxos. A cada lado de Cristo sitúanse tres apóstolos baixos arcos de ferradura, adoptando cada unha das figuras a forma arquitectónica. O relevo está realizado de xeito extraordinariamente plano, tomando coma modelo as pinturas ó fresco, os relieves en marfil, a iluminación de libros ou a orfebrería. Imita o dintel de Sureda, pero ten un ton máis arcaizante.
-
San Martín de Chapaize posúe unha cabeceira de tres ábsides semicirculares, torre sobre o cruceiro e tres naves abovedadas con piares circulares. Crese que isto manifesta a influencia arquitectónica de Cluny I.
-
1040: Estucos de San Serní de Tavérnoles. Destacan os estucos, que representan a dous anxo rodeando unhas das ventás do transepto. As figuras se subordinan ao marco, pero sen chegar a enchelo. De todas formas, seguen estando fortemente condicionadas polo espazo dispoñíbel e carecen de calquera consideración da simetría.
-
Non se pode circunvalar (deambular), ao contrario que nas de peregrinación. Presenta arcos polibulados de ascendencia islámica no cruceiro. É un templo de planta de cruz latina, tres naves con seis tramos, a central máis ancha e alta que as laterais e ademais nave de transepto e cruceiro. Cabeceira formada por tres ábsidas semicirculares. A ábsida central foi derrubada en 1513 e no seu lugar levantouse unha capela de planta rectangular de estilo gótico. (...)
-
Catedral de Peregrinación. Fórmula borgoñona de asentamento e xirola, para permitir a deambulación ou circunvalación. Posúe tres naves: a central ten bóveda de canón (dividida por arcos faxóns) e as laterais unha sucesión de bóvedas de aresta. As naves laterais continúan tamén ao longo do transepto, pero non obstante non se pode circunvalar o edificio a través delas, pois estas rematan nos extremos norte e sur. Na xirola se encontran as capelas radiais. Ten o brazo norte truncado.
-
Tres naves. Tres capelas no encabezamento e sen cruceiro sobresaínte. Planta basilical
-
Comezo da primeira fase constructiva da catedral de Santiago de Compostela, da que destacamos a planta. Pertence ao románico pleno. Trátase dunha planta de cruz latina inspirada no modelo borgoñón de catedral de peregrinación. Ten tres naves, a central de bóveda de canón dividida por arcos faxóns e as laterais con bóveda de aresta. Estas percorren todo o deambulatorio, agás na xirola. As capelas adxacentes distribúense ao longo da cara leste do transepto e pola xirola (...)
-
Trátase dunha catedral excepcional, pois é a única deste periodo que imos atopar con dobre transepto. Mostra cinco naves no corpo, mentres que os transeptos constan dunha única nave. Ambos os dous transeptos teñen os seus respectivos absidiolos, amén dos propios da xirola (capelas radiais). Segue a tradición cluniacense inaugurada pola abadía de Cluny I, a saber, unha serie de mosteiros dependentes da abadía central. Este modelo será capital para configurar o camiño de Santiago.
-
Planta. É unha igrexa de peregrinación, dispoñendo da estrutura típica de planta de cruz latina, transepto desenvolvido en planta e xirola, que pecha o deambulatorio que percorre o perímetro interior do edificio. Consta de cinco naves no corpo central: as tres interiores están cubertas por bóvedas de canón cortadas por arcos faxón; as dúas máis exteriores, pola súa banda, están cubertas por bóvedas de aresta. Esta cuberta de bóveda de aresta mantense nas naves laterais do transepto. (...)
-
Trátase dunha igrexa de peregrinación, e como tal comparte a estrutura fundamental de planta de cruz latina con xirola e absidiolos, que permiten circunvalar o perímetro interior da catedral. Neste caso, temos unha igrexa de cinco naves, tendo a central unha bóveda de canón compartimentada mediante arcos faxóns e sendo as laterais cubertas por bóvedas de aresta. O transepto ten tamén naves laterais polas cales poden transitar os visitantes e os peregrinos.
-
O tema iconográfico que representa o tímpano desta porta é o da Ascensión de Deus que ocupa o espazo central. Na imaxe dous anxos levan a Cristo. Cos brazos alzados e a lixeira elevación da perna esquerda de Cristo, crean un movemento ascendente nunha figura petral. (...) Mantense a separación entre o dintel e o tímpano. Desenvólvense unhas potentes arquivoltas, e o pórtico carece de parteluz.
-
Está dedicada á natureza humana de Cristo. A súa estrutura desenvólvese nunha portada en dous vans abucinados na porta na parte superior outros dous vans tamén geminados que dan á tribuna. Na portada da esquerda: Aparece o repertorio da natureza humana de Xesucristo, Xesús como home, é dicir, a paixón. Repite a mesma disposición que San Isidoro, cada representación está separado das demais. (...)
-
A súa construcción iníciase na segunda metade do século XI. Porén, sucesivas reformas dan lugar a que a forma actual non se estabeleza até 1130, data que tomamos como referencia. Trátase dunha planta basilical con tres capelas no encabezamento, enmarcada no románico pleno. O transepto non destaca en planta, pero si en alzado. Alterna columnas exentas e piares compostos. O cruceiro estaba cuberto cunha cúpula semiesférica. Nos pés da igrexa atopábase un pórtico abovedado en dous tramos (...)
-
Estamos, novamente, ante unha catedral de Peregrinación. Fórmula borgoñona de asentamento e xirola, na cal se dispoñen tres capelas radiais. Ademais, hai catro absidiolos máis na cara leste do transepto. Consta de tres naves no corpo central e outras tres no transepto. En ambos casos, as naves centrais están cubertas por bóvedas de canón, mentres que as laterais están cubertas por bóvedas de aresta. Estas sostéñense mediante piares compostos. Dispón dun fastixio ortogonal (...)