• Period: to

    Século XVII

  • Primeira revolución

    Primeira revolución
    A primeira revolución en Inglaterra foi dirixida por Oliver Cronwell, debido ao descontento popular xerado polo Antigo Réxime. Esta revolución logrou derrocar e executar ao rei.
  • Habeas Corpus

    O Habeas Corpus era unha lei que lle garantía a todo detido comparecer perante un xuíz para poder defenderse. Foi aceptada polo novo monarca, Carlos II.
  • The Bill of Rights

    Era unha Declaración de Dereitos, que limitaba os poderes do monarca e sometía algunhas das súas decisións ao Parlamento. O novo monarca Guillerme de Orange foi obrigado a aceptalo.
  • Period: to

    Século XVIII

  • Tratado de Utrecht

    Este tratado púxolle fin á Guerra de Sucesión á Coroa española, e outorgoulle unha serie de beneficios territoriais a Rusia, Prusia, Ducado de Savoia e Holanda.
  • Sistema Norfolk

    Era unha nova rotación de cultivos que combinaba a semente de cereais, que empobrecen a terra, coa de plantas forraxeiras, que a enriquecen.
    Este novo método permitiu suprimir o barbeito e ampliar a superficie cultivada. https://www.jardineriaon.com/rotacion-cuatrienal.html
  • Lanzadeira voante

    Lanzadeira voante
    Inventada por John Kay no ano 1733, a lanzadeira voante iniciou a mecanización do tecido. Este novo invento aumentou a velocidade do tecido e permitiu darlles maior ancho ás pezas.
  • Spinning Jenny

    Spinning Jenny
    Foi inventada por James Hargreaves no 1764. Esta nova máquina reduxo enormemente o traballo requerido para a produción de hilo, dando a un só traballador a capacidade de manexar oito ou máis carretes á vez.
  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    A máquina de vapor foi creada por James Watt no 1769. Este invento posibilitou a creación e a expansión do ferrocarril e revolucionou o transporte.
  • Declaración de independencia de EUA

    Dirixidos baixo o mando de George Washington, os colonos organizáronse e declararon a independencia dos Estados Unidos. https://www.mountvernon.org/es/quien-fue-george-washington/
  • Estados Xerais

    Luis XVI convocou os Estados Xerais para maio de 1789. A elección dos representantes de cada estamento provocou provocou un debate sobre as peticións de cada grupo social.
  • Monarquía constitucional

    A asamblea lexislativa comezou a elaborar leis para implantar o liberalismo económico e político
  • Execución de Luís XVI

    Execución de Luís XVI
    A presión popular por parte dos xacobinos e dos xirondinos obrigou á Convención a tomar a decisión de guillotinar a Luís en xaneiro do ano 1793.
  • Constitución moderada

    No 1795 aprobouse unha Constitución que restableceu o sufraxio censatario, que creou un novo poder executivo (o Directorio)
  • Golpe de Estado de Napoleón

    O día 9 de novembro de 1799, Napoleón Bonaparte foi protagonista dun golpe de estado coa axuda do exército e da burguesía, e concentrou todo o poder nas súas mans.
  • Period: to

    Século XIX

  • Napoleón, cónsul vitalicio

    Napoleón, cónsul vitalicio
    Logo do golpe de estado estableceuse un goberno formado por 3 cónsules (Consulado), no cal se atopaba Napoleón. No 1802 foi nomeado cónsul vitalicio.
  • Batalla de Waterloo

    Os vencedores desta batalla foron Reino Unido, Prusia, Austria e Rusia. Estes países tomaron a decisión de instaurar as monarquías tradicionais e volver ao Antigo Réxime.
  • Santa Alianza

    Santa Alianza
    A Santa Alianza era un exército formado por Prusia, Rusia e Austria en países ameazados por unha revolución liberal.
  • Independencia de Grecia

    Grecia conseguiu tras unha guerra a independencia e a constitución dun goberno liberal.
  • A nova Italia, Mazzini

    A nova Italia dirixida por Mazzini propugnaba a creación dunha república democrática, unitaria e laica.
  • Reinado de Vitoria I

    Reinado de Vitoria I
    O reinado da raíña Vitoria foi unha época de esplendor para Gran Bretaña. Grazas ao crecemento industrial e a formación dun imperio colonial, o Imperio Británico consolidouse como a potencia máis forte a nivel internacional no século XIX.
  • Alexandre II, tsar

    Alexandre II, tsar
    Alexandre II foi o tsar do Imperio ruso dende o 1855 ata o seu asasinato no 1881. Este tsar pasou á historia por ser o autor de grandes reformas, como a abolición da servidume.
  • Convertedor de Bessemer

    Convertedor de Bessemer
    O seu inventor foi Henry Bessemer, no ano 1856. Esta máquina foi o primeiro proceso de fabricación químico que serviu para facer aceiro de boa calidade.
  • Segunda Guerra do opio

    Esta guerra permitiulle a Gran Bretaña conseguir o enclave de Hong Kong e abrir os portos ao comercio internacional.
  • Asociación Internacional de Traballadores

    A AIT foi creada en Londres. Organizouse en seccións nacionais e tiña un Consello Xeral dirixido por Marx, que estableceu os principios básicos da Internacional.
  • Creación da monarquía dual

    O Imperio austro-húngaro formouse no ano 1867 tras xuntar o Imperio de Austria co reino de Hungría, ambos baixo o mesmo monarca.
  • Rivalidade entre rusos e británicos

    Este conflito durou entre 1870 e 1907, no cal o avance ruso polo Cáucaso e Asia central supuxo unha ameaza para o Imperio británico na zona da India.
  • A III República francesa

    A III República francesa
    Durou dende o 1870 ata o 1940. Esta república creou e consolidou novas institucións políticas de carácter democrático e instaurou símbolos e costumes que uniron a poboación
  • Comuna de París

    Comuna de París
    A Comuna de París foi un goberno establecido tras as eleccións por sufraxio universal. Este goberno comezou algunhas reformas que se converteron en referente para o movemento obreiro (abolición da policía, reforma da xustiza,...)
  • Partido Socialdemócrata alemán

    Partido Socialdemócrata alemán
    O Partido Socialdemócrata alemán (SPD) foi un partido obreiro fundado no ano 1875 baixo principios marxistas.
  • Guerra ruso-turca

    Guerra ruso-turca
    Esta guerra só durou un ano (1877-1878), tivo as súas orixes no obxetivo do Imperio ruso de conseguir acceso ao mar Mediterráneo e liberar do dominio otomán aos pobos eslavos dos Balcáns.
  • Conferencia de Berlín

    A conferencia de Berlín foron o conxunto de negociacións nas cales se estableceron o conxunto de criterios que se deben seguir para poder crear un Imperio na África negra.
  • Creación da UXT

    A Unión Xeral de traballadores foi creada en España no 1888. Este partido evolucionou desde o clásico marxismo ata unha orientación socialdemócrata.
  • Día dos traballadores

    Día dos traballadores
    O día dos traballadores estableceuse o 1 de maio en homenaxe aos Mártires de Chicago, que foron executados por participar nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas.
  • Guerra chinés-xaponesa

    Xapón e China entraron en guerra tras anos de rivalidade polo territorio de Corea. Xapón logrou a victoria e conseguiu facerse con Corea, situándose como unha gran potencia.
  • Coronación de Nicolao II

    Coronación de Nicolao II
  • Guerra entre Estados Unidos e España

    Guerra entre Estados Unidos e España
    En abril de 1898 Estados Unidos declaroulle a guerra a España. O conflito rematou cunha rápida derrota de España, que tivo que renunciar a Porto Rico, Guam, Filipinas e Cuba.
  • Crise de Fachoda

    Enfrentáronse Francia e Gran Bretaña por obter unha zona estratéxica do alto Nilo. A superioridade militar dos ingleses obrigou aos franceses a retirarse.
  • Period: to

    Século XX

  • Revolta dos bóxers

    Revolta dos bóxers
    Esta revolta foi unha expresión de descontento chino fronte as economías e as políticas dos países europeos, que se evidenciaron nas guerras do opio.
  • Crises marroquís

    Enfrontaron Alemaña e Francia ante a pretensión francesa de establecer un protectorado en Marrocos. A conferencia de Alxeciras estableceu un protectorado franco-español co apoio de Gran Bretaña.
  • Guerra ruso-xaponesa

    Os xaponeses, coa axuda dos británicos, detiveron o expansionismo ruso por Manchuria e o norte de Corea. O imperio xaponés anexionou Corea no 1910
  • Revolución de 1905

    Revolución de 1905
    En 1905 estoupou un movemento revolucionario en San Petersburgo. Houbo unha gran manifestación ante o Palacio de Inverno, que foi reprimida polo exército.
  • Batalla do Marne

    Esta batalla enfrontou a Alemaña e a Francia. Tras unha pequena derrota, o mariscal Joffre reorganizou o exército francés e logrou parar aos alemáns.
  • Asasinato en Saraxevo

    Foi a causa do estalido do conflito, tras o asasinato do arquiduque Francisco Fernando, Austria declaroulle a guerra a Serbia.
  • Batalla de Tannenberg

  • Canle de Panamá

    Canle de Panamá
    Este canle foi inaugurado no 1914. É unha vía de navegación interoceánica entre o mar Caribe e o océano Pacífico que atravesa o itsmo de Panamá. https://www.youtube.com/watch?v=UfAXvawanOo
  • Rusia entra na I Guerra Mundial

    Coas melloras producidas no campo e a boa industrialización, Rusia meteuse na participación da I Guerra Mundial ao lado das potencias aliadas.
  • batalla de Verdún

    Os alemáns intentaron romper a fronte francesa no norte de Francia e iniciouse a batalla de Verdún, na cal os franceses resistiron nas trincheiras.
  • Batalla de Xutlandia

    Produciuse nos mares, na cal unha parte da frota británica foi destruída. Despois, os alemáns iniciaron a guerra submarina co obxetivo de impor un bloqueo naval.
  • Asasinato de Rasputín

    Asasinato de Rasputín
    O asasinato de Rasputín por un complot mobiliario no 1916 foi unha das causas que conduciron á revolución de febreiro de 1917.
  • Rusia abandona a guerra

    O triunfo dunha revolución en Rusia fixo que o país abandonase a contenda e asinase o tratado de Brest-Litovsk con Alemaña.
  • Paz de Alemaña-Rusia

  • Rendición do Imperio Turco, Bulgaria e Austro-hungría

  • Guerra civil rusa

    Guerra civil rusa
  • Armisticio. Fin da guerra

  • Creación da III Internacional

    Creación da III Internacional
  • Tratado de Versalles

    Tratado de Versalles
  • Inicio da Ley seca

    Inicio da Ley seca
    No ano 1920 comezou a chamada "Ley seca", que prohibía a venta e o consumo de bebidas alcohólicas.
  • Revolta de Kronstadt

  • Partido Nacional Fascista

    Partido Nacional Fascista
    En Italia construíuse o fascismo coa idea do rexeitamento á democracia e ao racionalismo. Era un proxecto totalitario, antiliberal e anticomunista, coa presenza do líder Mussolini.
  • Creación das SA

    Creación das SA
  • Nacemento da URSS

    A URSS creouse no ano 1922 tras finalizar a Guerra civil. Abranguía distintas repúblicas autónomas e federadas.
  • Marcha sobre Roma

    A "Marcha sobre Roma" foi un golpe de Estado encuberto feito polo PNF. A isto sumóuselles unha serie de manifestacións. A marcha rematou cando o rei Vítor Manuel lle encargou a Mussolini a formación dun novo goberno.
  • Stanlin, líder da URSS

    Stanlin, líder da URSS
    Stanlin conseguiu facerse líder do Partido Comunista e da Unión Xoviética grazas ao uso do terror contra os seus adversarios.
  • Francia ocupa o Ruhr

    En 1923, Francia ocupou o Ruhr para asegurarse o cobramento do estipulado, o que significou para Alemaña a perda da súa zona industrial.
  • Morte de Lenin

    Morte de Lenin
  • Plan Dawes

    Fraccionaba o importe dos pagamentos alemáns e propoñía o fortalecemento do marco a partir de préstamos e investimentos estadounidenses.
  • Creación da SS

    Era unha organización militar que estaba ao servicio de Adolf Hitler e no Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán na Alemaña Nazi.
  • Expulsión de Trotsky

    Expulsión de Trotsky
    O enfrentamento entre Stanlin e Trotsky agudizouse e no, 1927, Stanlin fíxose co poder, polo que encarceou a Trotsky e mandouno ao exilio.
  • Crac bolsista de 1929

    No "Xoves Negro" da historia financieira dos Estados Unidos, o pánico apoderouse dos investidores. Durante ese día moitos títulos foron postos á venda sen que atoparan comprador, o cal provocou unha caída en picado do seu valor.
  • Inicio do gulag

    Inicio do gulag
  • Creación do IRI

  • Noite dos coitelos longos

    Noite dos coitelos longos
  • Segundo New Deal

    O segundo New Deal foron unha serie de reformas iniciadas polo presidente Roosevelt
  • Leis de Nuremberg

    En 1935 promulgáronse as leis de Nuremberg, que degradaron oficialmente aos xudeus alemáns á categoría de cidadáns de segunda clase.
  • Noite dos cristais rotos

    Noite dos cristais rotos
    Nesta noite producíronse en numerosos países de Europa unha serie de asasinatos contra os xudeus.