-
Dous mísiles alcanzan o avión no que viaxaban o presidente de Burundi, Ciprian Ntayamira, e o de Ruanda, Juvenal Habyarimana. A radio local, 'A Radio dos Mil Outeiros' tamén coñecida como a 'Radio do Odio', comeza a súa campaña de odio cara aos tutsis.
-
Cos cascos azuis despregados, a primeira ministra de Ruanda, Agathe Uwlingiyimana, é asasinada pola garda presidencial. Xunto a ela, 10 soldados belgas pertencentes ás forzas de seguridade da ONU. O incidente desata a violencia e a retirada dos cascos azuis. Comeza a matanza de tutsis ás mans dos radicais hutus.
-
Jean Kambanda preside un novo goberno sen membros moderados de ambas as dúas etnias. O mesmo día, a diferenza doutros conflitos nos que a Comunidade Internacional interveu, Bélxica e Francia sacan do país a todos os seus cidadáns.
-
Aínda que non poden dar cifras concretas, segundo comunica a Cruz Vermella Internacional decenas de miles de ruandeses están a ser asasinados ante a pasividade da ONU.
-
O continxente belga deixa Ruanda. A ONU, con Kofi Annan, ordena aos militares que quedan no terreo que non interveñan.
-
As matanzas esténdense lonxe da capital, Kigali. En só tres meses morren ou desaparecen preto de 250.000 persoas. Pero o incidente máis sanguento prodúcese na igrexa de Kibuye, onde morren varios miles de tutsis.
-
O Consello de Seguridade da ONU vota de forma unánime retirar por etapas a Misión de Pacificación de Nacións Unidas (UNAMIR) de 2.539 soldados a 270. A decisión coincide con outro comunicado de Cruz Vermella Internacional. Non morreron decenas de miles senón centos de miles.
-
O Secretario Xeral de La ONU, Boutros Ghali, pronuncia por primeira vez a palabra "xenocidio" mentres que a Comunidade Internacional se mantén paralizada. Ningún político se atreve a pronunciar o termo.
-
Chegan as primeiras cifras concretas. Cruz Vermella fala de 500.000 ruandeses asasinados.
-
Ultimato aos estranxeiros residentes en Ruanda: deben a abandonar antes de tres días o país. Mentres tanto, no oeste nace o Exército de Liberación de Ruanda (ALIR), unha guerrilla dos
-
A Comunidade Internacional reacciona. O Consello de Seguridade autoriza ao goberno francés como responsable, aínda que de forma temporal, da orde e seguridade.