-
Estréase en EE UU a serie televisiva “Os ánxeles de Charlie”. As súas protagonistas fanse famosas polos seus peiteados e estilismos.
-
Ralph Lauren crea o vestiario de Diane Keaton para Annie Hall, de Woody Allen, que xera multitude de copias a base de anchos pantalóns de lino, camisa branca e gravata feminina.
-
Perry Elis crea a súa liña de roupa deportiva americana, prendas de corte solto con largas liñas e grandes suéteres.
-
Diana Spencer cásase co príncipe Carlos de Inglaterra. O seu vestido de seda marfil de David e Elizabeth Emanuel marca toda unha tendencia nos vestidos de noiva durante as anos seguintes.
-
1981 bis
Nace a “Music Television” (MTV) que leva ao publico o estilismo das estrelas do pop.
Estréase a serie de televisión estadounidense Dinastía, que populariza as ombreiras e a “moda do poder”. -
Jean Paul Gaultier lanza su colección “Le dadaisme”, que inclúe o seu inconfundible corsé.
-
Celébrase a primeira Fashion Week de Londres, producida por Lynne Franks. BoodyMap sorprende e seduce polo uso do estampado e a licra nas prendas discotequeiras que lucen modelos de todas as tallas e idades.
-
Co as súas brillantes xoias, encaixes, camisetas de malla negra e pobladas cellas, a Madonna de Buscando a Susan desesperadamente convertese nun icono feminino mundial.
-
Anna Wintour convértese na redactora xefe da edición estadounidense de Vogue.
-
A cadea de tendas da moda española Zara emprende a súa expansión internacional al establecerse en Oporto (Portugal) e marca o inicio da “moda rápida”
-
Madonna causa sensación co famoso corsé de Jean Paul Gaultier na súa xira mundial Ambición Rubia.
-
As modelos gozan cada vez mais da fama e recoñecementos: comeza a era das supermodelos.