-
Domingo vermello ou sanguento, en San Petesburgo, (segundo o calendario ruso), unha manifestación pacífica dirixiuse cara o palacio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e laboral, esta foi reprimida duramente polo exército causando un número elevado de mortos
-
O descontento tamén chegou ao exército, producíndose motíns das tropas (como o amotinamento dos mariñeiros do acoirazado Potemkin, que se negan a comer carne con vermes).
-
Ante a aplitude das protestas, o tsar viuse obrigado a ceder a unha parte das reivindicacións: concesións de liberdades cívicas e creación da Duma ou Asamblea lexíslativa. Estas concesións debilitaron as protestas e o Goberno aproveitou as circunstancias para recuperar o control, incrementar as detencións e acabar pola forza coas desordes públicas; despois, os escasos poderes da Duma foron recortados paulatinamente.
-
Rusia participou na Primeira Guerra Mundial do bando aliado porque formaba parte da Triple Entente.
-
A poboación de Petrogrado (San Petesburgo) protestou pola falta de pan. Foi o Inicio da Revolución.
-
O 27 de febreiro organizouse de novo o Soviet de Petrogrado, formado por representantes dos obreiros e dos soldados, e dirixido por menxeviques e eseristas. Incapaz de controlar a situación , o tsar abdicou.
-
Rusia converteuse nunha república. O poder legal quedaba nas mans dun Goberno Provisional pesidido por Lvov, apoiado polas forzas liberais burguesas e os oficiais do exército.
-
Nas súas Teses de abril expuxo a estratexia que debían seguir os bolxeviques para pasar da revolución burguesa á socialista: saír da Primeira Guerra Mundial, ruptura do Goberno Provisional, establecer unha república de soviets, eliminación da propiedade privada das terras, nacionalización da banca e crear o Partido Comunista
-
En xullo, a situación desesperada das masas populares, as ofensivas alemás na fronte de guerra e as chamadas dos bolxeviques e anarquistas, provocaron violentas manifestacións en Petrogrado contra o Goberno. A insurrección foi controlada polo exército e os bolxeviquesforon perseguidos, e Lenin tivo que fuxir a Finlandia.
-
Foi o presidente do Goberno que contaba co apoio dos eseritas e menxeviques.
-
O xeneral Kornilov, organizou un golpe de Estado que fracasou pola intervención decidida das masas obreiras mobilizadas polos bolxeviques. Lenin analizou a situación e, nunha serie sucesiva de cartas escritas desde o exilio, empurraba os bolxeviques a tomar o poder.
-
Lenin e o Comité central do partido bolxevique, acordan iniciar a insurrección armada. A Garda Vermella ás ordes de Troski tomou os centros neurálxicos da cidade; toda a capital estaba en mans dos insurrectos; pola noite, os disparos do Aurora anunciaba o asalto ao palacio de inverno, onde estaba o Goberno. Na madrugada do día 26 os gardas vermellos ocuparon o palacio e detiveron os membros do Goberno, agás a Kerenski que non estaba. A revolución bolxevique triunfaba en Petrogrado
-
Paralelamente á insurrección, reúnese o II Congreso dos soviets que ratificou o triunfo da revolución, a caída do Goberno provisional e o traspaso do poder aos soviets. Nel tamén se aprobou a creación dun novo Goberno (Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin e do que formaban parte, Troski como Comisario de Exteriores e Stalin para Asuntos das Nacionalidades.