Eixe cronolóxico dos feitos máis relevantes do Movemento Obreiro

  • Primeiras manifestacións luditas

    Primeiras manifestacións luditas
    O ludismo foi un movemento encabezado por artesáns ingleses no século XIX, que protestaron contra as novas máquinas que destruían o emprego.
  • Inicio da Revolución Francesa

    Inicio da Revolución Francesa
    A Revolución Francesa foi un conflito social e político, con diversos períodos de violencia, que enfrontaban a partidarios e opositores do sistema do Antigo Réxime. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asemblea Nacional en 1789 e finalizou co golpe de estado de Napoleón Bonaparte en 1799.
  • Leis francesas contra asociacións

    Leis francesas contra asociacións
    A lei Le Chapelier, promulgada en Francia o 14 de xuño de 1791, en plena Revolución Francesa, instaura a liberdade de empresa e prohibe os gremios laborais de calquera clase. Tamén prohibe a liberdade de asociación.
  • Lei inglesa contra asociacións

    Lei inglesa contra asociacións
    Foron leis inglesas que inicialmente prohibiron e logo regularon as asociacións de traballadores e a folga. A presión popular e obreira, fixo que o Parlamento derrogase estas leis en 1824.
  • Primeira onda revolucionaria europea

    Primeira onda revolucionaria europea
    Foi a primeira dos chamados ciclos revolucionarios que sacudiron Europa con posterioridade ás guerras napoleónicas e que se repetiron sucesivamente en 1830 e 1848. A súa ideoloxía foi o liberalismo e o nacionalismo.
  • Inicio do movemento sindical en Reino Unido

    Inicio do movemento sindical en Reino Unido
    O dereito de asociación e reunión foi unha das primeiras reivindicacións dos traballadores, especialmente, dos británicos. En 1824 conseguiuse que se recoñecese este dereito en Gran Bretaña. Despois, formáronse as primeiras asociacións de traballadores.
  • Segunda onda revolucionaria

    Segunda onda revolucionaria
    A Revolución de 1830 foi un proceso revolucionario que comezou en París, Francia, e levaron ao trono a Luís Felipe I de Francia.
  • Inicio do movemento cartista

    Inicio do movemento cartista
    O cartismo foi un movemento popular radical que expresaba a axitación da clase obreira, debido aos cambios derivados da Revolución Industrial e as leis promulgadas polo Parlamento. A diferenza do ludismo, tivo unha índole esencialmente política. Obtivo o seu nome da Carta do Pobo, un documento escrito que foi enviado ao Parlamento do Reino Unido sinalando seis peticións.
  • Engels: A situación da clase obreira en Inglaterra

    Engels: A situación da clase obreira en Inglaterra
    A situación da clase obreira en Inglaterra é un dos libros máis coñecidos de Friedrich Engels. O libro é considerado como un relato clásico da condición dos traballadores na industria.
  • Terceira onda revolucionaria

    Terceira onda revolucionaria
    A revolución de 1848, é unha onda revolucionaria que acabou coa Europa da Restauración. Foi a terceira onda do máis amplo ciclo revolucionario da primeira metade do século XIX, que se iniciou coa revolución de 1820 e coa revolución de 1830.
  • Marx e Engels: O Manifesto comunista

    Marx e Engels: O Manifesto comunista
    O Manifesto do Partido Comunista é un dos tratados políticos máis influentes da historia. Trátase dun manifesto de Marx e Engels, no que se reflicten as bases do marxismo, incluíndo a concepción materialista da historia.
  • Inicio da I Internacional

    Inicio da I Internacional
    A Asociación Internacional de Traballadores ou Primeira Internacional dos traballadores, foi unha organización fundada desde Londres en 1864 que agrupou inicialmente aos sindicalistas ingleses, anarquistas e socialistas franceses e italianos republicanos.
  • Marx: primeiro tomo de O Capital

    Marx: primeiro tomo de O Capital
    O capital é unha crítica da economía política. É un texto teórico fundamental na filosofía, economía e política de Karl Marx.
  • A Comuna en París

    A Comuna en París
    A Comuna de París foi un movemento que gobernou brevemente a cidade de París, instaurando, o primeiro goberno da clase obreira do mundo.
  • Expulsión dos anarquistas da AIT

    Expulsión dos anarquistas da AIT
    O Congreso da Haia de 1872 foi un Congreso da Asociación Internacional de Traballadores (AIT) celebrado na Haia. Nel produciuse a ruptura entre marxistas e bakuninistas. Estes últimos celebraron unha semana despois un congreso onde formaron a súa propia Internacional.
  • Fundación do PSDA

    Fundación do PSDA
    O Partido Socialdemócrata de Alemaña (En alemán SPD) é un partido político alemán de ideoloxía socialdemócrata. É un dos partidos políticos máis importantes de Alemaña, así como un dos máis antigos do mundo.
  • Disolución da AIT

    Disolución da AIT
    A curta traxectoria da AIT é unha consecuencia da dura represión á que foron sometidas as organizacións obreiras despois da Comuna de París, pero tamén da incapacidade dos seus membros para resolver as disputas internas.
  • Fundación do PSOE

    Fundación do PSOE
    O Partido Socialista Obreiro Español foi fundado na Casa Labra de Madrid o 2 de maio de 1879. Na súa fundación participaron un grupo de traballadores e intelectuais.
  • Fundación da UXT

    Fundación da UXT
    A Unión Xeral de Traballadores é unha organización sindical obreira española. Fundada no Congreso Obreiro de Barcelona, comparte orixe histórica co PSOE evolucionando desde o clásico marxismo cara a unha orientación socialdemócrata.
  • II Internacional

    II Internacional
    A Segunda Internacional foi unha organización formada polos partidos socialistas e laboristas que desexaban coordinar a súa actividade.
  • Inicio da I Guerra Mundial

    Inicio da I Guerra Mundial
    A Primeira Guerra Mundial, tamén denominada a Gran Guerra, foi un dos conflitos máis mortíferos da historia. Tivo diversas causas, pero as súas raíces atópanse nunha complexa rede de alianzas entre as potencias europeas. En esencia, foi a desconfianza entre o Triplo Acordo (Gran Bretaña, Francia e Rusia) e a Tripla Alianza (Alemaña, o Imperio austrohúngaro e Italia).
  • Fin da II Internacional

    Fin da II Internacional
    A Segunda Guerra Mundial, acabou de disolver ás forzas que a integraban, e precipitou a súa desaparición. Esta reorganizouse e refundouse en 1951 baixo o nome da Internacional Socialista, aínda activa.
  • Fin da I Guerra Mundial

    Fin da I Guerra Mundial
    Finalizou o 11 de novembro de 1918, cando Alemaña aceptou as condicións do armisticio.
  • España: Xornada laboral de 8 horas

    España: Xornada laboral de 8 horas
    A clase traballadora reclamou os tres oitos: Oito horas de traballo, oito horas de lecer, oito horas de soño. O 3 de abril de 1919 o conde de Romanones asinaba o decreto que promulgaba a partir de outubro do mesmo ano a xornada de oito horas para todos os traballadores españois.
  • III Internacional Comunista

    III Internacional Comunista
    A Internacional Comunista, tamén coñecida como a III Internacional, foi unha organización fundada por Lenin e o Partido Comunista de Rusia, que agrupaba aos partidos comunistas de distintos países, e cuxo obxectivo era loitar pola supresión do sistema capitalista, o establecemento da ditadura do proletariado e da República Internacional dos Soviets, a completa abolición das clases sociais e a realización do socialismo.
  • Federación Internacional Sindical

    Federación Internacional Sindical
    É unha das organizacións sindicais internacionais máis antiga do mundo. Segue a liña do movemento de clases e loita contra o capitalismo e o imperialismo, por unha sociedade sen explotación do home polo home.
  • Fundación da Internacional Obreira Socialista

    Fundación da Internacional Obreira Socialista
    A Internacional Obreira e Socialista foi fundada en 1923 pola fusión da Segunda Internacional e a Unión de Partidos Socialistas para a Acción Internacional. Deixou de funcionar ao comezar a Segunda Guerra Mundial.