-
-
As investigacións publicadas en febreiro do 2017 no libro " Translating the Relics of St James" (A translación das reliquias de Santiago), do Instituto de estudos galegos Padre Sarmiento, un centro vinculado ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) conclúen que “non hai proba algunha de que os restos que poida haber na tumba de Compostela sexan de Santiago".
-
-
Gran impulsor das obras da Catedral de Santiago, creou a primeira Armada de guerra da Península, a primeira líña defensiva costeira comunicada para defender o Reino de Galicia, ordenou a escritura do Códice Calixtino, conseguíu para Compostela o rango de Arzobispado. Converteuse na maior autoridade eclesiástica da Península Ibérica.
-
Os trobadores desta escola empregaban nas súas composicións o galaicoportugués, a lingua primitiva da que derivarían o portugués e o galego modernos. Os poemas gallegoportugueses chámanse cantigas. Afonso X o Sabio escribíu as Cantigas de Santa María nesa língua por considerarse unha lingua "moi doce para a Virxe".
-
Portugal era un Condado Portucalense do Reino de León gobernado por Enrique de Borgoña, quen pretendeu a independencia dese condado. En 1121 morre e a súa dona faise cargo do condado autodenominándose raíña. Seu fillo Afonso Henríquez (Afonso I de Portugal) sería o primeiro rei de Portugal.
-
Dátase a cantiga máis antiga pertencente á escola de trobadores galego-portuguesa. Cando o rei de Aragón estaba en Provenza, Sancho VII de Navarra invadíu os territorios aragoneses de João Soares de Paiva, un nobre e trobador portugués. Por ese motivo, João escribiu esta cantiga de escarnio, titulada, "Ora faz ost´o senhor de Navarra" (¿Por qué fas isto, señor de Navarra?).
-
-
Castela e León únense baixo o reinado de Fernando III. Galicia é herdada polas fillas de Afonso IX de León, Doña Sancha e Doña Dulce.
-
Reinados de Afonso X e Sancho IV en Castela e Afonso III en Portugal. Compilacion do Cancioneiro de Ajuda e Cantigas de Santa María.
-
Cancioneiro Colocci-Brancuti; compilación de 1560 poemas de trobadores galaico-portugueses dos séculos XII-XIV.
-
Derradeiro mecenas e trobador da escola galego-portuguesa.
-
Primeira Guerra Civil Castelá, que rematou co asasinato de Pedro I e o ascenso ao trono de Castela de Enrique II.
-
O Cancioneiro de Baena é o primeiro cancioneiro castelá que se coñece. O seu título completo é "Cancionero de poetas antiguos que fizo é ordenó e compuso é acopiló el judino Johan Alfon de Baena" e recolle un total de 576 composicións.
-
-
O Cancioneiro Geral de García de Rosende, publicado en 1516, é unha compilación de poemas reunida polo autor portugués García de Resende. Os poemas están escritos na súa maioría en portugués. Foi a primeira colección de poesía impresa en Portugal e a principal fonte da lírica portuguesa daquela época.
-
Ou Segunda Guerra Irmandiña, sendo a primeira a revolta da Irmandade Fusquenlla (1431-1435) dirixida por Roi Xordo, que deu nome a un histórico bar de Allariz.
-
Coñecida como a Guerra de sucesión castelá foi unha guerra polo trono entre Xoana a Beltranexa (dereita da imaxe), lexítima sucesora do trono de Castela, e Isabel a Católica (esquerda). Isabel acadaría o trono pola forza.
-
Era partidario da infanta Xuana a Beltranexa (ver Guerra Xoana-Isabel) enfrentándose aos novos reis de Castela, Isabel I e Fernando II. O mariscal galego Pedro Pardo de Cela foi mandado decapitar por mandato deles en Mondoñedo no ano 1483.