-
-
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
-
-
A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares.
-
-
-
A unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular. As conquistas no Al-Andalus, especialmente a de Sevilla no 1245, vai supor un novo centro de gravidade política, máis orientado cara ao sur, co que Galicia queda nunha posición excéntrica.
-
-
A Peste Negra arribou á costa galega en outubro de 1348, no que xa existe constancia dos seus efectos en Baiona. O andazo estendeuse polo interior a finais de ano e no ano seguinte Galicia vai sufrir as súas mortais consecuencias.
-
A segunda metade de século XIV virá marcada pola guerra civil aberta entre Pedro I e Henrique de Trastámara, apoiado por Aragón. Galicia xogará un papel activo no conflito, contando o monarca alcumado o Cruel cun dos seus principais apoios, Fernando de Castro.
-
-
-
-
-
O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón en Castela vai supor a integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construír. Durante este reinado asistimos á desaparición da clase dirixente galega.
-
A creación da “Santa Hermandad” é unha boa mostra de como os Reis Católicos van aproveitar todos os resortes á súa disposición para consolidar e reforzar o seu poder nos diferentes reinos da Coroa.
-
O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra.
-
Trala execución de Pardo de Cela no 1483 pódese dicir que a paz e a orde quedaron restauradas en Galicia.
-
A Audiencia de Galicia, a institución máis importante e característica de Galicia en toda a Idade Moderna, nace no 1494, mais non será recoñecida oficialmente até 1514-1515. O seu obxectivo primordial será impor xustiza e orde.
-
A Inquisición será unha institución fundamental na expansión do poder real e que terá tantas consecuencias nos reinos peninsulares, coma a expulsión de xudeus e musulmáns, tras a conquista de Granada. Con todo, Galicia vivirá á marxe deste tribunal ante o seu establecemento por Filipe II no 1574.