-
Os que asumían posturas contra o réxime integraban eran forzas políticas da esquerda. Destacaba o Partido Comunista (PCE), coa mellor organización na época da clandestinidade, fundando o seu sindicato Comisións Obreiras (1967), o socialismo democrático galego e o eido nacionalista e a Unión do Povo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG)
-
Ao terminar a Ditadura había un atraso económico e social en Galicia con respecto do conxunto do Estado. A inicios da Transición continuaba a ser un país maioritariamente rural, acollendo as cidades e vilas só o 30% da poboación.
-
O crecemento económico, malia as súas eivas, veu acompañado dun desenvolvemento urbano, cunha sociedade que comeza a mudar a medida que as cidades crecen, asumindo novos valores e costumes que nin o poder político nin o innegable peso da xerarquía eclesiástica puideron impedir
-
Existiron tres posturas ante o proceso autonómico: a dereita de Alianza Popular quería o mantemento do sistema introdución unha leve descentralización administrativa; o groso do centro e da esquerda estaba disposto a aceptar a recuperación do Estatuto de 1936 ou algo semellante; e o nacionalismo de esquerda apostaba polo dereito de autodeterminación.
-
As eleccións lexislativas de 1977 consolidaron o peso das forzas estatais e conservadoras en Galicia, resultados que se repetirán no 79
-
A Asemblea de Parlamentarios apostou decididamente por que na nosa terra se alcanzase tanta autonomía como os que máis, mais sen a receptividade do goberno central, polo que as diferentes forzas políticas botáronse á rúa para reclamar unha autonomía de Galicia, convocando grandes manifestacións nas principais cidades o 4 de decembro de 1977
-
Establecido en 1981.
-
Fernández Albor presidiu os dous primeiros da Autonomía. Neles púxose en marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leis fundamentais para o desenvolvemento da Autonomía.
-
Os continuos tirapuxas dentro do goberno levou á escisión do CP e a unha moción de censura coa que F. González Laxe, do PsdeG-PSOE, pasou a ser presidente dun goberno que sería coñecido como Tripartito. Este goberno non tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do novo proceso electoral.
-
A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcaron un cambio radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes até ese momento.
-
A decisión unilateral do PP de elevar até o
5% a porcentaxe mínima de votos para obter representación parlamentaria e o discurso do BNG fixo que non se puidese consolidar en Galicia unha forza política nacionalista de centro. Deste xeito, fronte a pluralidade parlamentaria do principio da autonomía, o Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no s. XXI: PpdeG, PsdeG-PSOE e BNG