-
En esta línea del tiempo aparecerán la fechas más importantes de sucesos ocurridos en Galicia durante la Edad Media.
https://youtu.be/UFAA8Lv1IKs -
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a
conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que
facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se
encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de
repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá. -
A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares.
-
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I. Durante o s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino.
-
É nestes séculos centrais da Idade Media cando Galicia fixe a grandes trazos o
territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala
independencia de Portugal. -
Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
Nestes séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural,xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades, insignificantes no período altomedieval, nacerán e crecerán integradas perfectamente na súa contorna rural. -
Galicia entra no s. XIV cunha situación similar ao resto dos reinos da monarquía, sumida en medio de conflitos xeneralizados.
Na Baixa Idade Media Galicia asistirá a unha profunda crise demográfica e a
unha lenta recuperación, acompañada dunha contracción da produción agrícola. -
A segunda metade do século I vai vir marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara. No século XV, os enfrontamentos continuarán e o poder da nobreza imporase sobre o dos reis.
-
O levantamento Irmandiño é a máis importante revolta antifeudal da Idade Media.
O levantamento Irmandiño pon fin a un século caracterizado por unha grandeconflitividade social.
Obsérvase unha confluencia entre o campesiñado e as masas urbanas, unidas nas mesmasreivindicacións, na busca dunha maior xustiza e dunha paz interior inexistente durante todo o s. XV., o que está detrás deste levantamento xeral que vivirá Galicia dende o
1467. -
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular.