-
Domingo vermello ou sanguento: unha manifestación pacífica dirixiuse cara ao palacio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e laboral. A manifestación, por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un número elevado de mortos.
-
O descontento tamén chegou ao exército, producíndose motíns das tropas (como o amotinamento dos mariñeiros do acoirazado Potemkin, que se negan a comer carne con vermes).
-
O tsar viuse obrigado a ceder a unha parte das reivindicacións: concesión de liberdades cívicas e creación da Duma ou Asemblea lexislativa. Estas concesións debilitaron as protestas e o Goberno aproveitou as circunstancias para recuperar o control, incrementar as detencións e acabar pola forza coas desordes públicas; despois, os escasos poderes da Duma foron recortados paulatinamente.
-
Rusia formou parte da Primeira Guerra Mundial no bando dos aliados porque formou parte da Triple Entente.
-
A poboación de Petrogrado (San Petersburgo) protestou pola falta de pan. Foi o inicio da Revolución.
-
O 27 de febreiro organizouse de novo o Soviet de Petrogrado, formado por representantes dos obreiros e dos soldados, e dirixido por menxeviques e eseristas. Incapaz de controlar a situación, o tsar abdicou.
-
O poder legal quedaba nas mans dun Goberno provisional que estaba dirixido polo príncipe Lvov, apoiado polas forzas liberais burguesas.
-
Nas Teses de abril, Lenin expuxo a estratexia que debían seguir os bolxeviques para pasar da revolución burguesa á socialista: saír da I GM, ruptura co Goberno provisional, establecer unha república de soviets, eliminación da propiedade privada das terras, nacionalización da banca e crear o Partido Comunista.
-
En xullo, a situación desesperada das masas populares, as ofensivas alemás na fronte de guerra e as chamadas dos bolxeviques e anarquistas, provocaron violentas manifestacións en Petrogrado contra o Goberno. A insurrección foi controlada polo exército e os bolxeviques foron perseguidos, e Lenin tivo que fuxir a Finlandia.
-
As xornadas de xullo supuxeron un freo para as tendencias máis radicais da revolución perseguidas polo Goberno presidido por Kerenski (eserista), que contaba co apoio dos eseristas e dos menxeviques.
-
O xefe supremo do exército ruso, o xeneral Kornilov, organizou un golpe de Estado que fracasou pola intervención decidida das masas obreiras mobilizadas polos bolxeviques.
-
Lenin e o Comité central do partido bolxevique, acordan iniciar a insurrección armada. A data fixada foi o día 25.
Na noite do 24, a Garda Vermella ás ordes de Trotski tomou os centros neurálxicos dda cidade; pola mañá case toda a capital estaba en mans dos insurrectos. -
O II Congreso dos Soviets tamén aprobou a creación dun novo Goberno(Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin e do que formaban parte, entre outros, Trotski, como Comisario de Exteriores, e Stalin para Asuntos das Nacionalidades.