-
X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros da Autonomía. Neles púxose en marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leis fundamentais para o desenvolvemento da Autonomía.
-
-
Os continuos tirapuxas dentro do goberno levou á escisión do CP e a unha moción de censura coa que F. González Laxe, do PsdeG-PSOE, pasou a ser presidente dun goberno que sería coñecido como Tripartito. Este goberno non tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do novo proceso electoral.
-
A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcaron un cambio radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes ate ese momento.
-
Fronte a pluralidade parlamentaria do principio da autonomía, o
Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no s. XXI: PpdeG, PsdeG-PSOE e BNG.