-
-
Ocurrida no Cabo Trafalgar enfrontou a unha frota franco-española contra a Royal Navy británica comandada por Horatio Nelson. A coalición franco-española foi derrotada, perdendo boa parte dos seus barcos.
-
Firmado por Manuel Godoy e Napoleón Bonaparte, neste tratado Godoy en nome de España permitiu aos franceses o paso das súas tropas para invadir e repartir posteriormente Portugal, aliado do Reino Unido.
-
O Motín de Aranjuez estalou o 17 de marzo de 1808 na cidade de Aranjuez, cando un grupo de nobles encabezado por Fernado, príncipe de Asturias, se rebelou e esixiu a abdicación de Carlos IV e a destitución de Godoy.
-
-
-
Dous días despois do Motín de Aranjuez, Carlos IV decidiu abdicar e deixar a Coroa de España no seu fillo, o príncipe Fernando, que pasou a ser Fernando VII.
-
O 2 de Maio de 1808 as tropas francesas de ocupación en Madrid comezaron a transladar á familia real española a Francia. O pobo de Madrid, ao ver esto, rebelouse contra os franceses. O alzamento fracasou, xa que as tropas francesas reduciron aos rebeldes, que foron fusilados ás aforas de Madrid ao amencer do día seguinte, 3 de Maio. Porén, o 2 de Maio en Madrid prendeu a chispa da Guerra da Independencia, xa que aos poucos días estalaron motíns anti-franceses en toda España.
-
Napoleón convocou en Baionne a Carlos IV e a Fernando VII e obrigou a este último a abdicar a favor de seu pai, que á súa vez viuse obrigado a deixar a Coroa a Napoleón, que lla deixou ao seu irmán, José I Bonaparte.
-
Coñecida como a Pepa, a primeira Constitución da Historia de España foi aprobada na cidade de Cádiz, que resistía aos franceses. Era unha Constitución de corte liberal.
-
Derrogación da Constitución de Cádiz e volta ao absolutismo.
-
-
-
Restablecemento da Pepa e novos gobernos liberais e reformistas.
-
-
A Santa Alianza envía a España un exército francés que busca a restitución de Fernando VII e o absolutismo no país. Execución de Riego e restablecemto do absolutismo.
-
-
Coa Pragmática Sanción Fernando VII derrogou a Lei Sálica de tempos de Felipe V, e nomeu herdeira ao trono á súa única filla, Isabel.
-
Á morte do monarca a súa filla, Isabel II converteuse en raíña. Os partidarios de Carlos María Isidro, seu tío, opuxéronse, polo que comezou a Primeira Guerra Carlista.
-
-
-
Foi impulsada co propósito de expropiar e vender as terras pertencentes aos conventos.
-
Co Convenio de Vergara, en 1839, rematou a Primeira Guerra Carlista.
-
-
A Garda Civil creouse para protexer os camiños do país, repletos de bandoleiros e asaltantes.
-
-
O xeneral O Donnell encabezou un levantamento progresista que o levou ao poder.
-
-
Coa Desamortización xeral de Madoz, poñíanse en venta bens do Estado e dos concellos, e bens comunais e baldíos.
-
-
O Pacto de Ostende firmouse na cidade belga do mesmo nome, entre progresistas, demócratas e republicanos, co obxetivo de derrocar a Isabel II do trono.
-
O estalido da Revolución Gloriosa, provocou o derrocamento da raíña Isabel II, quen tivo que fuxir xunto á súa familia (entre os que se atopaba o príncipe Alfonso, futuro rei Alfonso XII) de España.