-
Domingo vermello ou sanguento: manifestación pacífica que se dirixiu cara o palacio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e laboral, esta, por orde do tsar, foi reprimida duramente polo exército e causou un elevado número elevado de mortos.
-
Os efectos da crise e da falta de alimentos en bon estado tamén afectaban ao exército, e un grupo de mariñeiros do acoirazado Potemkin decidiron sublevarse e tomar o barco.
-
Ante as protestas do pobo o tsar viuse obrigado a ceder unha parte do poder concedendo liberdades cívicas e creando a primeira Duma.
-
Rusia entrou na Primeira Guerra Mundial do bando dos aliados porque formaba parte da Triple Entente.
-
O 23 de febreiro de 1917 a poboación de Petrogrado (San Petersburgo) protestou pola falta de pan. Foi o inicio da Revolución
-
Incapaz de controlar a situación o tsar abdicou.
-
Rusia convertiuse nunha república. O poder legal quedaba en mans dun Goberno provisional, apoiado polas forzas liberais burguesas e os oficiais do exército. O Goberno provisional estivo presidido por Lvov
-
Nas Teses de Abril Lenin expuxo a estratexia que debían seguir os bolxeviques para pasar da Revolución burguesa a socialista: saír da IGM, ruptura co goberno provisional, establecer unha república de soviets, eliminación da propiedade privada das terras, nacionalización da banca e crear o Partido Comunista.
-
A comezos de xullo, as chamadas dos bolxeviques e anarquistas, aproveitando o empeoramento das condicións de vida e os fracasos das ofensivas fronte os alemáns provocaron violentas manifestacións en Petrogrado buscando derrubar o Gobreno e facerse co poder. a insurrección foi controlada, os bolxeviques perseguidos e Lenin tivo que fuxir a Finlandia.
-
Tras a abdicación do tsar creouse un goberno provisional dirixido por Kerenski que estableceu un réxime parlamentario e democrático e tomou medidas como convocar unha Duma para elaborar unha constitución e continuar na Primeira Guerra Mundial.
-
Kornilov organizou un golpe de Estado que fracasou pola intervención decidida das masas obreiras mobilizadas polos bolxeviques.
-
Lenin e o comité central do partido bolxevique acordaron iniciar a insurrección armada, na que a Garda Vermella tomou os centros neurálxicos da cidade e ao dia seguinte detiveron os menbros do Goberno Provisional agás Kerenski que logrou fuxir.