Slide issue 110

A época de Lenin

  • Decretos de outubro de 1917

    Decretos de outubro de 1917
    O primeiro Decreto era o Decreto sobre a terra, polo que era abolida a propiedade privada. No terreo industrial, o Decreto sobre o control obreiro establecía a autoxestión proletaria polos propios traballadores. Estas medidas complementáronse co Decreto de nacionalización da banca e do comercio exterior.
  • A Guerra Civil

    A Guerra Civil
    O conxunto de forzas da oposición- desde os menxeviques aos partidarios do regreso do tsar- organizaron o exército branco contra os bolxeviques.
    A organización por Trotski dun exército revolucionario fortemente disciplinado- o exército vermello- permitiu ao Goberno bolxevique aumentar as zonas baixo o seu control e lograr a vitoria en 1921.
  • A retirada rusa da Gran Guerra.

    A retirada rusa da Gran Guerra.
    Co obxectivo de consolidar a posición dos bolxeviques, Lenin proclamou en outubro Decreto en favor da paz, propoñendo unha paz sen anexións nin indemnizacións. No entanto, os alemásn impuxeron as súas condicións no tratado de Brest- Litovsk, unhas condicións moi duras que supuxeron a perda de enormes territorios.
  • Comunismo de Guerra

    Comunismo de Guerra
    Foron as medidas que o Goberno bolxevique puxo en práctica durante a Guerra Civil para garantir o abastecemento das cidades e do exército vermello: decretouse o control estatal de todos os sectores económicos, a obrigatoriedade do traballo, a derrogación parcial dos cartos como medio de pago e a requisa forzosa das colleitas.
  • A fundación do estado soviético

    A fundación do estado soviético
    Pola Declaración dos dereitos dos Pobos de Rusia recoñecía o dereito á igualdade de todos os pobos de Rusia e o dereito a autodeterminación.
    O congreso dos soviets de 1918 aprobou a primeira Constitución soviética. Ao mesmo tempo, establece un novo nome para o país: a República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR).
  • A Terceira Internacional

    A Terceira Internacional
    Tamén foi denominada como Internacional Comunista. O seu principal obxectivo foi derrocar o capitalismo no mundo e extender a revolución.
  • A Nova Política Económica

    A Nova Política Económica
    Para evitar o descontento popular e a propagación das insurreccións, o Goberno de Lenin adoptou unha serie de medidas: liberalización das actividades económicas, o estabado conservaba o control dos sectores clave, estabilizouse a moeda e había unha maior liberdade no comercio interior, desapareceron as requisas obrigatorias. Isto serviu para reactivar a economía.