-
Unha lenda conta que Rómulo e Remo fundaron a cidade de Roma no ano 753 a.C. Rómulo matou a Remo e convertiuse no primeiro rei.
-
No ano 509 a.C. unha revolta contra o rei Tarquinio "o Soberbio" acaba coa monarquía e Roma converteuse nunha República.
-
Os romanos derrotaron aos cartaxineses nas denominadas Guerras Púnicas e porén o Imperio Romano estendeuse moito polo Mediterráneo oriental.Todas estas conquistas proporcionáronlles aos romanos enormes riquezas.
-
Tras a morte de Xulio César, o seu fillo adoptivo Octavio venceu aos seus rivais nunha guerra civil e no ano 27 a.C., o Senado concedeulle o título de Augusto (Octavio Augusto), que significa "elixido polos deuses".
-
Ao longo dos séculos I e II d.C, o imperio acadou a súa máxima expansión e prosperidade.
-
Dereito de cidadanía romana.
Todos os homes libres que vivían no Imperio romano acadan a cidadanía romana. -
A partir do século III Roma entrou en crise por:
-Ataques de bárbaros
-A autoridade do emperador debilitouse
-Revoltas militares
-Dificultades económicas
-Abandono das cidades en favor do campo -
Para mellorar o goberno e facilitar a defensa, no ano 395 d.C., o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus dous fillos: Arcadio e Honorio.
-
No ano 395 d.C., o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus dous fillos: Arcadio e Honorio.
-O Imperio romano de Occidente: capital en Roma
-O Imperio romano de Oriente ou bizantino que perdurará ata o
1453 -
Dende finais do século III, diversos pobos xermánicos foron invadindo o Imperio Romano de Occidente.No ano 476, Odoacro destituíu a Rómulo Augústulo, último emperador romano de occidente.
Coa caida do Imperio de Occidente iníciase en Europa unha nova época: A Idade Media -
Invasión dos turcos